- Facultade de Formación do Profesorado
-
-
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n, 27002Lugo
-
formacionprofesorado.decanato [at] usc.gal
-
A Facultade de Formación do Profesorado é o centro con maior tradición do Campus de Lugo. Tras a súa fundación en 1842 como Escola Normal de Mestres, consolida o seu prestixio académico no seu emblemático emprazamento da avenida de Ramón Ferreiro dende 1954. Actualmente, a Facultade reafirma o seu compromiso coa formación superior impartindo os Graos en Mestre de Educación Infantil e Primaria, así como másteres especializados en Profesorado de Secundaria e Dirección de Actividades Educativas na Natureza. A nosa xestión réxese por unha política de calidade orientada á mellora continua e á formación de profesionais preparados para os desafíos pedagóxicos do século XXI.