A programación cultural como ferramenta para a normalización lingüística. Plan de dinamización para Educación Primaria.
Autoría
B.C.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]

Data da defensa
06.02.2026 12:30
06.02.2026 12:30
Resumo
Este traballo presenta o deseño dun Plan de Dinamización Lingüístico (PDL) para a etapa de Educación Primaria, orientado a fomentar o uso real e significativo da lingua galega no contexto escolar. Partindo da análise da situación sociolingüística actual, caracterizada polo descenso no uso cotiá do galego entre a poboación infantil e xuvenil. Así pois, o traballo pon de manifesto o papel fundamental que desempeña a escola como espazo de socialización lingüística e de transmisión cultural. A dinamización lingüística concíbese como unha estratexia educativa integral que vai máis alá do ensino formal da lingua e que busca incluír o galego na vida cotiá do centro. O traballo apoiase no marco normativo vixente e desenvolve unha proposta práctica articulada en torno ás conmemoracións escolares, entendidas como contextos educativos de alto valor simbólico e participativo. No seu conxunto, o PDL é unha proposta flexible e transferible orientada a reforzar a presenza do galego na escola e a contribuír ó proceso da normalización lingüística dentro do ámbito educativo.

Dirección
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)

Tribunal
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Os estereotipos de xénero en Educación Infantil
Autoría
M.E.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.E.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.02.2026 18:00
09.02.2026 18:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a influencia dos estereotipos de xénero na etapa de Educación Infantil, atendendo á súa orixe social e ao seu impacto no desenvolvemento integral de nenas e nenos. Partindo dunha concepción do xénero como construción social, este traballo revisa os principais conceptos teóricos relacionados co sexo, xénero, a identidade e os estereotipos, incorporando achegas do feminismo e da pedagoxía crítica. Neste sentido, profúndase na presenza de estereotipos nos materiais e xogos educativos, na importancia da linguaxe inclusiva e no rol do profesorado como axente crave na educación para a igualdade. Este traballo destaca a relevancia da organización da aula e da intervención consciente das mestras/os como ferramentas fundamentais para promover prácticas coeducativas en Educación Infantil. Finalmente, sublíñase a necesidade dunha educación feminista e dunha formación sólida do profesorado en cuestións de xénero, tanto na formación inicial como na permanente. Desde esta perspectiva, a Educación Infantil concíbese como unha etapa crave para a prevención de desigualdades e para a construción de identidades libres de estereotipos, contribuíndo así ao desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Titoría)
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Titor do alumno)

Adquisición e fomento da lingua galega: deseño de situacións de aprendizaxe para as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria nun contexto bilingüe
Autoría
X.S.I.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
X.S.I.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
06.02.2026 11:00
06.02.2026 11:00
Resumo
A linguaxe oral senta as bases para o desenvolvemento da socialización e do pensamento en idades temperás. Comprender como se produce a adquisición da linguaxe é fundamental para deseñar estratexias que aseguren a transmisión do galego. Partindo desta idea, o presente Traballo de Fin de Grao xorde como consecuencia da necesidade de fomentalo dende a escola para combater a actual situación de minorización que sofre. Neste contexto, o principal obxectivo deste traballo é o deseño de dúas situacións de aprendizaxe, unha destinada á Educación Infantil e outra á Educación Primaria. Preténdese que garantan a continuidade lingüística entre ambas etapas, potencien a competencia comunicativa das crianzas e fomenten o emprego activo do noso idioma no contexto bilingüe galego. No marco teórico elabórase unha análise da linguaxe oral e a súa adquisición na infancia e exponse información relativa ao bilingüismo na educación. Tamén se realiza un estudo da realidade sociolingüística de Galicia a día de hoxe, que se caracteriza por unha marcada fenda xeracional na transmisión do galego. En canto ás situacións de aprendizaxe, fundaméntanse nunha metodoloxía activa e comunicativa, na que a lingua galega constitúe unha ferramenta útil. Búscase fomentar unha actitude positiva de cara ao idioma no contexto educativo. Para rematar, detállanse as conclusións, que destacan a importancia da escola como espazo compensatorio e a necesidade de garantir a supervivencia e o prestixio do galego.

MARINO FERNANDEZ, ANA (Titoría)
MARINO FERNANDEZ, ANA (Titoría)
Tribunal
MARINO FERNANDEZ, ANA (Titor do alumno)