O movemento bravú, o pulso rebelde da Galicia finisecular
Autoría
D.P.F.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
D.P.F.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
Data da defensa
18.02.2026 11:30
18.02.2026 11:30
Resumo
Este estudo ten como obxectivo analizar o movemento bravú como un fenómeno cultural e comunicativo en Galicia a finais do século XX, considerado tanto as súas manifestacións musicais como os procesos de difusión, recepción e impacto mediático asociados. A partir das contribucións da comunicación de masas, a socioloxía da cultura, a antropoloxía social e cultural, a etnografía e os estudos sobre cultura popular e identidades culturais, proponse un enfoque interdisciplinar. Este enfoque permite comprender o bravú como unha forma de comunicación cultural que xurdiu nas marxes e posteriormente incorporouse aos circuítos mediáticos. Desta forma, o bravú pode ser visto como a cristalización musical dun fenómeno sociolóxico máis amplo. Este fenómeno caracterízase pola unión e o conflito entre a tradición e a modernidade. A introducción de elementos propios da cultura punk e a filosofía do “faino ti mesmo” xunto coa guitarra eléctrica en contextos rurais e periféricos, xorde un son novo. Este son combina referencias globais cun forte arraigamento simbólico na cultura galega a través do uso do galego. Esta fusión tivo consecuencias non só estéticas, senón tamén sociais. A música actuou como un medio de expresión da identidade e de exaltación do lugar, utilizando linguaxes contemporáneas. Isto permitiu ocupar un espazo único no que a música se converteu nun vehículo de expresión identitaria e de celebración local. Un dos obxectivos principais deste traballo é examinar o papel que desempeñan os medios de comunicación na construción dunha imaxe colectiva do bravú así como analizar e estudar as tensións entre a vontade de chegar a moita xente cunha mensaxe, e o risco de simplificación para no caer na perda da súa forza crítica. Analízase tamén elementos como, o uso o galego, a retranca e a reivindicación polo rural contribuiron á xeración de procesos de identificación colectiva e a cambiar as nocións de modernidade cultural en Galicia. Como conclusión principal, constátase que o bravú non pode entenderse unicamente como un estilo musical, senón como un fenómeno comunicativo e cultural complexo, no que converxen prácticas artísticas, discursos identitarios e dinámicas de visibilidade mediática. A análise pon de manifesto que o movemento funcionou como unha experiencia temperá de comunicación participativa e comunitaria, propia dun contexto analóxico, e que o seu estudo resulta clave para comprender as relacións entre cultura, medios de comunicación e identidade na Galicia contemporánea. Finalmente, sublíñase a importancia de abordalo dende unha perspectiva interdisciplinar para captar a súa complexidade xa que excenden as categorías tradicionais da análise cultural.

Dirección
VEIGA IZAGUIRRE, MARTA (Titoría)
VEIGA IZAGUIRRE, MARTA (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, RAUL (Secretario/a)
FREIRE PAZ, ELENA (Vogal)
González Pereira, Miguel (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, RAUL (Secretario/a)
FREIRE PAZ, ELENA (Vogal)