Aberta a matrícula anticipada de másteres 2026–2027 para estudantes internacionais na USC
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) abre a convocatoria de matrícula anticipada para os másteres do curso 2026–2027, destinada especialmente a estudantes internacionais.
Consulta a convocatoria completa:
- Convocatoria anticipada de master 2026-2027
- Modificación anexo prazas RR Convocatoria Anticipada máster 2026-2027
Novo Máster en Matemáticas
O vindeiro curso estréase o novo programa do Máster Universitario en Matemáticas na USC:
Máster Universitario en Matemáticas – USC
Bolsas para estudantes internacionais
Xa están publicadas as bolsas da Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao (AUIP) para estudantes internacionais interesados en cursar un máster na USC:
Información sobre bolsas AUIP
Para todolos máster que se imparte na facultade:
- está solicitada a modificación da convocatoria para que os estudantes da modalidade presencial poidan optar tamén a 10 bolsas de 5.000 € previstas na oferta xeral.
En relación co Máster en Matemáticas:
- 5 bolsas de 1.000 € para a modalidade virtual.