Ir o contido principal
STG
  • USC

Aberto prazo para o Explícoche matemáticas 2.0

Explícoche matemáticas 2.0
Explícoche matemáticas 2.0
Concurso para promover a utilización do galego nas matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa duodécima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

Pode participar o alumnado de 3º e 4º da ESO, de bacharelato e de ciclos de FP dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, vehiculados en galego e utilizando calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

O prazo para presentar os vídeos está aberto dende o 1 de marzo até o 30 de abril. Máis información nas bases do concurso.

Outorgaranse dous premios: un primeiro premio por valor de 400 euros e un segundo premio por valor de 300 euros.

Máis información

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2026.