Avaliación da efectividade dun programa de rehabilitación cardíaca en termos de modificación do estilo de vida e adherencia ao tratamento
Autoría
E.F.C.
Máster Universitario en Saúde Pública
E.F.C.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
13.02.2026 09:00
13.02.2026 09:00
Resumo
Introdución: As cardiopatías isquémicas representan a principal causa de mortalidade e discapacidade a nivel mundial. Os programas de rehabilitación cardíaca (PRC) evolucionaron cara a intervencións integrais e multidisciplinares que buscan optimizar a saúde física, mental e social dos pacientes. O Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) conta cunha unidade avanzada de RC que aplica no seu PRC este enfoque contemporáneo. Obxectivo: Avaliar a efectividade do PRC do CHUS en termos de modificación do estilo de vida e adherencia ao tratamento dos seus participantes. Material e métodos: Estudo observacional prospectivo de brazo único que incluíu a 1379 pacientes que participaron no PRC do CHUS entre 2015 e 2020. A intervención incluíu educación sanitaria, adestramento físico supervisado, axuste farmacolóxico e reforzo da adherencia ao tratamento. Recolléronse datos sociodemográficos e as seguintes variables tanto na visita de inicio (VI) como na visita de fin (VF): datos clínicos, capacidade funcional (mediante equivalentes metabólicos(METs) e porcentaxe de consumo máximo de osíxeno predito (VO2)) e utilizáronse cuestionarios validados para avaliar os cambios na dieta (Test Predimed), actividade física (Cuestionario IPAQ9), cumprimento terapéutico (Test de Morisky-Green), calidade de vida (EuroQol-5D) e ansiedade e depresión (HADS). Resultados: Obtivéronse cambios significativos entre a VI e a VF nas seguintes variables: diminución do Índice de masa corporal (28.20 vs 27.90 kg/m2), mellora do control glicémico (Hemoglobina glicosilada 5.80% vs 5.70%), mellora da capacidade funcional (porcentaxe de pacientes con boa capacidade funcional en METs 45.23% vs 53.35% e en VO2 11.69% vs 24.07%), adherencia a dieta mediterránea (9.00 (7.00-9.00) vs 11.00 (10.00-12.00)),aumento no tempo diario dedicado ao exercicio (60.00 (30.00-60.00) vs 60.00 (45.00-60.00) min/día), aumento de pacientes con actividade física moderada (75.65% vs 80.95%) e actividade física alta (3.06% vs 8.50%), diminución nos niveis de ansiedade (5.00 (2.00-8.00) vs 4.00 (2.00-7.00)) e depresión (3.00 (1.00-6.00) vs 3.00 (1.00-5.00)) e leve melloría na adherencia farmacolóxica (98.09% vs 98.24%). Conclusións: O PRC do CHUS mellorou significativamente a actividade física, a capacidade funcional, a saúde mental e a adherencia tanto á dieta mediterránea como ao tratamento farmacolóxico nos pacientes con enfermidade cardiovascular. A pesar das limitacións do estudo, o amplo tamaño da mostra e o uso de escalas validadas permiten identificar a efectividade do programa na modificación do estilo de vida.

Dirección
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Titoría)
Alonso Vázquez, Marta Cotitoría
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Titoría)
Alonso Vázquez, Marta Cotitoría
Tribunal
RUANO RAVIÑA, ALBERTO (Presidente/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Secretario/a)
Rodríguez Loureiro, Lucía (Vogal)

A obesidade infantil nos plans de saúde de España: análise da planificación sanitaria autonómica e nacional
Autoría
E.A.R.M.
Máster Universitario en Saúde Pública
E.A.R.M.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
13.02.2026 09:20
13.02.2026 09:20
Resumo
Introdución: A obesidade infantil constitúe un dos principais retos da saúde pública do século XXI, cun impacto crecente na morbilidade, a equidade e a sostibilidade dos sistemas sanitarios. En España, a planificación sanitaria descentralizada xera unha ampla diversidade de plans de saúde que constitúen instrumentos fundamentais para articular políticas preventivas sobre obesidade infantil, aínda que a súa calidade e efectividade non son analizadas de forma sistemática. Obxectivo: Avaliar a abordaxe da obesidade infantil nos plans de saúde xerais autonómicos e nos plans específicos sobre obesidade e obesidade infantil de ámbito autonómico e nacional en España. Métodos: Realizouse unha revisión de alcance, mediante busca de plans e estratexias de saúde nas páxinas web oficiais das administracións sanitarias españolas ata xuño de 2025. Incluíronse plans xerais de saúde e específicos de obesidade en poboación xeral e infantil a nivel autonómico e nacional. Definíronse seis dimensións para a avaliación: análise e diagnóstico, obxectivos, programas, financiamento, execución e avaliación, incluíndo 24 ítems derivados da normativa sanitaria española: Lei 14/1986 e o Real Decreto 938/1989. Elaborouse unha síntese cualitativa dos plans que abordaban a obesidade infantil. Resultados: Identificáronse 22 plans de saúde. Evidenciouse ausencia de plans na Comunidade de Madrid, Ceuta e Melilla. Os plans específicos de obesidade infantil mostraron maior calidade técnica que os xerais. Só 15 plans incluíron indicadores de prevalencia de obesidade infantil. Unicamente 14 plans estableceron obxectivos específicos orientados á redución do exceso de peso. Na identificación de programas en relación coa obesidade infantil, 11 plans cumpriron con este criterio. A asignación de recursos financeiros identificouse en apenas cinco plans. Os mecanismos de avaliación estiveron presentes en 12 plans. A análise de desigualdades socioeconómicas foi practicamente inexistente, presente só en 6 plans. Conclusións: A planificación sanitaria española fronte á obesidade infantil presenta avances significativos, pero tamén limitacións estruturais que reducen o seu impacto potencial. Resulta prioritario desenvolver sistemas integrados de monitorización, fortalecer a coordinación interinstitucional, incorporar sistematicamente o enfoque de equidade e garantir a sostibilidade técnica e financeira das intervencións. A prevención da obesidade infantil é unha responsabilidade ineludible dos sistemas sanitarios para garantir saúde pública, equidade e xustiza social.

PEREZ RIOS, MONICA (Titoría)
GARCIA , GUADALUPE Cotitoría
PEREZ RIOS, MONICA (Titoría)
GARCIA , GUADALUPE Cotitoría
Tribunal
RUANO RAVIÑA, ALBERTO (Presidente/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Secretario/a)
Rodríguez Loureiro, Lucía (Vogal)
RUANO RAVIÑA, ALBERTO (Presidente/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Secretario/a)
Rodríguez Loureiro, Lucía (Vogal)
Factores sociodemográficos e clínicos asociados á sintomatoloxía depresiva en nenos e adolescentes con Trastorno do Espectro do Autismo.
Autoría
M.B.V.R.
Máster Universitario en Saúde Pública
M.B.V.R.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
13.02.2026 09:40
13.02.2026 09:40
Resumo
Introdución: O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) presenta unha elevada comorbilidade con problemas de saúde mental, especialmente ansiedade e depresión. En España, estímase que a prevalencia de TEA sitúase entre o 0,59% e o 2,4% , observándose un incremento significativo de alumnos escolarizados con este diagnóstico. A pesar do seu gran impacto na calidade de vida, a sintomatoloxía depresiva adoita estar infradiagnosticada na poboación con TEA, debido á presentación clínica atípica e á limitada dispoñibilidade de instrumentos validados. Obxectivos: O obxectivo xeral foi coñecer os factores sociodemográficos e clínicos asociados á aparición de síntomas de ansiedade e depresión en menores con TEA de 6 a 18 anos, analizando a influencia do tipo de escolarización, a idade, o xénero, comorbilidades como o trastorno por deficit de atención e hiperactividade (TDAH) e a discapacidade intelectual (DI). Metodoloxía: Realizouse unha análise retrospectiva dunha mostra de 222 menores con TEA en Galicia. A variable resposta foi a presenza de síntomas clínicos de depresión/ansiedade, avaliada mediante a escala de Ansiedade/Depresión (1T) do cuestionario Child Behavior Checklist (CBCL/6-18), considerando clinicamente significativa unha puntuación tipificada mayor o igual a 70. Leváronse a cabo análises descritivas e modelos de regresión loxística bivariante e multivariante. Resultados: A prevalencia global de síntomas clínicos significativos de depresión foi do 22,5%. Na análise bivariante, a probabilidade de sufrir depresión no grupo de participantes que asisten a centros de escolarización ordinaria é significativamente maior en comparación cos participantes que asisten a un centro de educación especial (OR=0,10 p=0,003). No modelo multivariante, a escolarización ordinaria aumentou a probabilidade de presentar síntomas de depresión 4,8 veces en comparación coa educación especial (OR=4,8 IC95%:1,0-23,7), alcanzando significación límite. Pola súa banda, a discapacidade intelectual comportouse como un factor protector fronte á depresión (OR=0,2 IC95%=0,0-0,9), cunha redución do 80% na probabilidade de alcanzar síntomas clínicos de depresión en comparación con quen non presentan discapacidade intelectual, axustado polo resto de variables. A presenza de TDAH, a impulsividade a miúdo e as condutas autolesivas mostraron tendencias cara a un maior risco, aínda que ningunha alcanzou significación estatística. Comorbilidades como o TDAH perderon significación estatística no modelo multivariante. Conclusións: Os resultados suxiren que a contorna educativa é un factor determinante no benestar emocional do alumnado con TEA. A elevada prevalencia de depresión na modalidade ordinaria (32,7%) fronte á especial (4,8%) subliña a necesidade de transformar o modelo de inclusión actual, implementando mecanismos de protección e modelos de intervención temperá para garantir contornas seguras e reducir a vulnerabilidade da poboación con TEA

FERNANDEZ PRIETO, MONSERRAT Cotitoría