Test diagnósticos para a avaliación da visión binocular
Autoría
K.A.C.S.
Grao en Óptica e Optometría
K.A.C.S.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
06.02.2026 12:45
06.02.2026 12:45
Resumo
Para unha percepción visual completa do contorno, que permita a realización cómoda das actividades diarias, é necesaria unha visión binocular axeitada, resultado do equilibrio entre o correcto funcionamento dos sistemas motor e sensorial. O diagnóstico preciso de calquera disfunción ou anomalía no sistema visual do paciente permite o tratamento máis axeitado, evitando problemas ou limitacións nas actividades diarias. Isto é especialmente crucial para os nenos, xa que o seu rendemento académico pode verse afectado. Na actualidade, utilízanse varias probas para diagnosticar as disfuncións da visión binocular. O número de probas que se realizan e o seu método de execución varían dependendo do examinador. Non obstante, estas probas baséanse en valores de corte obtidos de estudos realizados a principios e mediados do século XX en poboacións limitadas. Debido aos cambios significativos nas demandas visuais causados polo aumento do uso de dispositivos electrónicos e as diferenzas observadas coa idade, estes valores de corte xa non son totalmente válidos ou aplicables na actualidade. Para establecer estándares máis consistentes, é vital definir criterios e metodoloxías específicas para cada tipo de proba e paciente, xa que, dependendo da súa idade, raza ou xénero, pódense obter diferentes valores, mesmo se se consideran normais para ese paciente específico. Polo tanto, este estudo revisa e analiza algúns valores obtidos durante este século e a metodoloxía empregada para realizar cada proba, e compáraos brevemente cos obtidos por Charles Sheard, xa que estes últimos son os máis empregados na actualidade.

Dirección
GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
Tribunal
GARCIA RESUA, CARLOS (Titor do alumno)
GARCIA RESUA, CARLOS (Titor do alumno)
Avances nas lentes de contacto fotocromáticas
Autoría
L.D.G.
Grao en Óptica e Optometría
L.D.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
04.02.2026 16:30
04.02.2026 16:30
Resumo
As lentes de contacto fotocromáticas (LCF) representan unha innovación significativa no campo da óptica, ofrecendo aos usuarios unha solución adaptable para condicións de iluminación variable. Este traballo recolle a bibliografía relacionada coas LCF, os materiais fotocromáticos, os antecedentes históricos de ditas lentes, o seu estado actual, os últimos avances e a comparación con outras axudas ópticas en distintos ámbitos de uso. Realízase unha revisión dos materiais fotocromáticos máis utilizados. Estes materiais conteñen moléculas que cambian a súa estrutura química ao exporse á radiación ultravioleta (UV), alterando a absorción de luz visible e, polo tanto, a transmisión lumínica. Explícanse os compostos orgánicos e inorgánicos máis comúns, compáranse entre eles para o seu uso en lentes oftálmicas e lentes de contacto (LC) e fálase sobre a evolución na súa investigación ao longo dos anos. En canto aos antecedentes históricos, as primeiras lentes oftálmicas fotocromáticas apareceron nos anos 60 e 70, e non foi ata finais do século XX que a tecnoloxía empezou a integrarse con éxito en LC, coa aparición dos primeiros prototipos, grazas a avances na biocompatibilidade e a permeabilidade ao osíxeno dos materiais. A partir desta base, neste traballo recóllense os compostos fotocromáticos e parámetros que se deberían ter en conta para crear un modelo ideal de LCF. Descríbese como deberían equilibrarse factores como a velocidade de activación e desactivación, a estabilidade do material e o confort para o usuario. Enfatízase a importancia dunha resposta fotocromática eficaz que non comprometa a saúde ocular nin a comodidade durante o uso prolongado. Sobre a actualidade e últimos avances neste tipo de lentes, destaca a busca de información sobre a única LCF comercializada, ademais de afondar nos últimos estudos, patentes ou empresas interesadas en investir no desenvolvemento deste tipo de LC. Finalmente, neste documento recompílanse diversos estudos comparativos entre LCF e outras axudas ópticas, como LC tradicionais e lentes fotocromáticas. Evidénciase que, en ambientes interiores, as LCF ofrecen confort visual similar ou levemente mellor ao das lentes estándar. En exteriores, proporcionan vantaxes claras en canto ao deslumbramento e a adaptación a cambios de luz. En contextos como o deporte e a condución, os estudos suxiren melloras no rendemento visual dinámico e na percepción de contraste. En conxunto, o traballo conclúe que as LCF representan unha solución prometedora para usuarios con estilos de vida activos e en constante exposición a situacións de intensidade de luz variable, cun posible amplo rango de actuación a outros ámbitos relacionados coa visión e a saúde ocular, aínda que existen diferentes apartados onde se necesita máis estudo.

REGUEIRO LORENZO, UXIA (Titoría)
REGUEIRO LORENZO, UXIA (Titoría)
Tribunal
REGUEIRO LORENZO, UXIA (Titor do alumno)

Cambios da visión durante o embarazo e a lactancia: revisión das manifestacións fisiolóxicas e patolóxicas.
Autoría
A.L.G.
Grao en Óptica e Optometría
A.L.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.02.2025 12:00
09.02.2025 12:00
Resumo
Neste traballo abórdanse os principais cambios visuais e oculares que poden aparecer no embarazo e a lactancia, etapas nas que o corpo da muller experimenta numerosas adaptacións hormonais, anatómicas e fisiolóxicas. A acción de distintas hormonas permite o desarrollo fetal e a adaptación materna, pero tamén pode provocar modificacións a nivel ocular. Revísanse aspectos como os cambios refractivos, as alteracións da superficie ocular, a presión intraocular e a evolución de determinadas patoloxías oculares como a retinopatía diabética, a coriorretinopatía serosa central, o glaucoma e a uveítis durante estas etapas. Por último, abórdase a influencia da lactancia na persistencia ou resolución dalgúns destos cambios, tendo en conta as variacións hormonáis propias deste periodo.

ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
Giráldez Fernández, María Jesús (Presidente/a)
GARCIA PORTA, NERY (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)

Estabilidade da película lagrimal: técnica invasiva frente a non invasiva
Autoría
C.L.P.
Grao en Óptica e Optometría
C.L.P.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
06.02.2026 10:00
06.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo consiste nunha revisión bibliográfica sobre a película lagrimal e diversas técnicas para a súa avaliación precisa, como o tempo de rotura da película lagrimal. Ademais, analizaranse as técnicas invasivas e non invasivas de avaliación da película lagrimal co apoio de diversos estudos, comparando e contrastando a súa importancia clínica no diagnóstico de patoloxías relacionadas coa superficie ocular, como a enfermidade do ollo seco. O obxectivo é comprender a magnitude da importancia dunha boa estabilidade da película lagrimal, así como revisar, comparar e principalmente analizar os diferentes métodos para medir o tempo de rotura da película lagrimal, o parámetro máis importante para avaliar a saúde da película lagrimal na práctica clínica.

GARCIA QUEIRUGA, JACOBO (Titoría)
GARCIA QUEIRUGA, JACOBO (Titoría)
Tribunal
GARCIA QUEIRUGA, JACOBO (Titor do alumno)

Mecanismos de control da miopía. O papel do óptico-optometrista
Autoría
M.J.L.D.
Grao en Óptica e Optometría
M.J.L.D.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
03.02.2026 12:00
03.02.2026 12:00
Resumo
A miopía converteuse nunha preocupación de saúde pública global, estimándose que afectará ao 50 % da poboación mundial no ano 2050. Este defecto xa non se considera un simple erro refractivo, senón unha alteración estrutural do globo ocular caracterizada maioritariamente por un aumento da lonxitude axial, o que incrementa o risco de patoloxías oculares graves como a maculopatía miópica, o glaucoma ou o desprendemento de retina. Ante o crecente número de casos de miopía, o rol do óptico-optometrista como profesional sanitario na saúde visual debe non só coñecer en profundidade o carácter desta condición, senón tamén estar familiarizado coas diferentes estratexias de prevención e control da progresión da miopía para poder empregalas de forma eficaz no ámbito clínico. No presente Traballo de Fin de Grao realizouse unha análise da bibliografía máis actual, na que se recollen a definición, a etioloxía e as patoloxías asociadas á miopía, introducindo conceptos como a pre-miopía e a importancia dunha boa reserva hipermetrópica e dunha detección temperá, xunto cunha recompilación dos diferentes métodos de control e prevención empregados actualmente na práctica clínica. Entre os diferentes métodos preventivos atópanse recomendacións de hixiene e ergonomía visual e distintos cambios condutuais. Pola súa banda, para o control da progresión da miopía desenvólvense diferentes tratamentos con correccións ópticas especializadas (lentes oftálmicas e lentes de contacto brandas de desenfoque periférico e ortoqueratoloxía), tratamentos farmacolóxicos (uso de atropina para o control axial) e terapias emerxentes como a Luz Vermella de Baixo Nivel. Por outro lado, abórdase o rol do propio optometrista como axente de atención primaria visual no ámbito da saúde, analizando a súa responsabilidade na adaptación de tratamentos personalizados e a súa integración en marcos normativos recentes como o Plan VEO 2025 en España, deseñado para facilitar o acceso á saúde visual infantil. Conclúese coa importancia da prevención e do control da miopía na infancia e adolescencia, así como coa necesidade dunha maior investigación clínica multidisciplinar a longo prazo.

YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Titoría)
YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Titoría)
Tribunal
YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Titor do alumno)

Lágrimas artificiais: composición, función e aplicación
Autoría
C.N.F.
Grao en Óptica e Optometría
C.N.F.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
03.02.2026 12:30
03.02.2026 12:30
Resumo
As lágrimas artificiais constitúen o tratamento de primeira elección para aliviar os síntomas provocados pola inestabilidade da película lacrimal e pola enfermidade do ollo seco. A súa función principal consiste en optimizar a lubricación, hidratación e protección da superficie ocular, o que contribúe a manter o equilibrio do sistema lacrimal e a mellorar a calidade visual do paciente. Esta revisión bibliográfica céntrase no estudo das lágrimas artificiais, concretamente na súa función, composición e aplicación. Analízanse as propiedades necesarias que deben presentar as lágrimas artificiais para semellarse o máximo posible á película lacrimal natural. O pH, a viscosidade, a osmolaridade e a tensión superficial son as propiedades máis destacables. A súa composición está formada por diferentes elementos: o vehículo, os axentes isotonizantes, os reguladores de pH, os lubricantes e os humectantes. Aínda así, as formulacións dependen do tipo de lágrima, xa que cada unha ten as súas características e funcións segundo o problema que se trate.O ácido hialurónico (AH) é o principio activo máis común en todas as formulacións, e destaca polas súas propiedades viscoelásticas, a afinidade coa superficie ocular e a capacidade de retención de auga. Analízase tamén o uso de conservantes e os seus efectos adversos. Por último, abórdase a aplicación clínica das lágrimas artificiais, incluíndo as pautas para a súa correcta administración, os criterios de selección segundo as características do paciente e o grao de afectación, así como o seu papel dentro do tratamento integral da enfermidade do ollo seco (EOS). O traballo conclúe que a elección e o uso axeitado das lágrimas artificiais contribúen de maneira significativa a mellorar os síntomas, estabilizar a película lacrimal e aumentar a calidade de vida do paciente.

Acomodación e aberración esférica relacionada coa ortoqueratoloxía
Autoría
G.R.D.C.
Grao en Óptica e Optometría
G.R.D.C.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
04.02.2026 17:30
04.02.2026 17:30
Resumo
A ortoqueratoloxía (OrtoK) é unha técnica de corrección refractiva non cirúrxica que utiliza lentes de contacto ríxidas permeables ao gas para moldear temporalmente a córnea durante o sono. Este procedemento, ademais de compensar o erro refractivo, demostrou ter un papel relevante no control da progresión miópica, grazas á xeración dun desenfoque periférico miópico que modula o crecemento axial do ollo. O presente Traballo Fin de Grao ten como obxectivo recompilar bibliograficamente os achados obtidos ao analizar a relación entre a acomodación ocular e a aberración esférica en pacientes tratados con lentes de ortoqueratoloxía, valorando os posibles cambios inducidos pola modificación corneal na función óptica e acomodativa do sistema visual. Para iso, revisarase a fisioloxía da acomodación, entendida como a capacidade do cristalino para modificar a súa curvatura e manter a nitidez retiniana a distintas distancias, e abordarase o papel das aberracións ópticas, en especial a aberración esférica, como determinante da calidade da imaxe e da profundidade de foco. Un aspecto adicional relevante é que a aberración esférica ocular non é un parámetro fixo, senón que pode variar coa acomodación e co tamaño pupilar, de xeito que os cambios corneais inducidos pola OrtoK poden alterar a calidade óptica do sistema visual precisamente nas condicións nas que a acomodación é máis esixente (traballo en preto, iluminación reducida). Discutiranse os mecanismos mediante os cales a redistribución epitelial corneal inflúe na óptica do ollo e como a interacción entre acomodación e aberración esférica pode contribuír á mellora ou á alteración da calidade visual percibida. En conclusión, o estudo pretende achegar unha visión integrada sobre como a ortoqueratoloxía afecta simultaneamente a función acomodativa e as aberracións de alta orde, con especial atención á aberración esférica, proporcionando evidencia útil para a adaptación clínica, o seguimento e a optimización dos tratamentos de control da miopía.

LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

Efectos da Ortoqueratoloxía nas propiedades biomecánicas da córnea
Autoría
D.V.B.
Grao en Óptica e Optometría
D.V.B.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
04.02.2026 17:00
04.02.2026 17:00
Resumo
A ortoqueratoloxía (Orto-k) é unha técnica optométrica non cirúrxica e reversible baseada no uso nocturno de lentes de contacto ríxidas permeables ao gas de xeometría inversa. Inicialmente, a Orto-k desenvolveuse co obxectivo principal da corrección temporal da miopía, da hipermetropía e de determinados tipos de astigmatismo. Non obstante, nos últimos anos, a súa aplicación clínica incrementouse de forma notable debido á súa eficacia refractiva e ao seu papel no control da progresión da miopía, especialmente na poboación pediátrica. O obxectivo deste traballo de fin de grao é analizar a influencia das propiedades biomecánicas e anatómicas do tecido corneal na resposta ao tratamento con Orto-k. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica da literatura científica dispoñible, seleccionando artigos relevantes en bases de datos especializadas. Neste sentido, a evidencia revisada demostra que a resposta ao tratamento con Orto-k depende en gran medida das características biomecánicas individuais da córnea. As córneas con menor rixidez presentan unha maior susceptibilidade ao remodelado inducido polas lentes, o que pode favorecer unha resposta refractiva máis rápida, aínda que tamén incrementa a variabilidade interindividual e a posible inestabilidade dos resultados. Os cambios anatómicos inducidos afectan principalmente ao epitelio corneal, producindo redistribucións rexionais do espesor sen comprometer a estabilidade estromal en pacientes adecuadamente seleccionados. Así mesmo, a literatura confirma que a integración de parámetros biomecánicos como a histérese corneal, o factor de resistencia corneal e os índices obtidos mediante tecnoloxías como o Corvis-ST e o Ocular Response Analyzer permiten mellorar a selección de candidatos, aumentar a seguridade clínica e optimizar a predictibilidade dos resultados. En conxunto, este traballo pon de manifesto a importancia de incorporar a avaliación anatómica e biomecánica da córnea na práctica clínica da Orto-k, contribuíndo ao desenvolvemento dunha atención optométrica máis personalizada e baseada na evidencia científica.

López López, Maite Cotitoría
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
López López, Maite Cotitoría
Tribunal
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
López López, Maite (Titor do alumno)

Avances no glaucoma
Autoría
O.V.F.
Grao en Óptica e Optometría
O.V.F.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
05.02.2026 17:30
05.02.2026 17:30
Resumo
O glaucoma é unha enfermidade ocular crónica caracterizada pola perda das células ganglionares da retina, o que provoca danos graves na estrutura do nervio óptico e causa alteracións e restricións no campo visual. Ademais, constitúe un gran desafío para a saúde pública na actualidade, xa que é unha das principais causas de cegueira irreversible no mundo, debido a factores como a súa natureza crónica e asintomática nas fases iniciais e a súa alta incidencia na poboación. Os síntomas e signos presentes durante a enfermidade poden variar segundo o estadio no que se atope e o tipo de glaucoma que se padeza. Deste xeito, poden ir desde a ausencia inicial de manifestacións clínicas ata unha perda progresiva do campo visual que, en fases moi avanzadas, pode derivar nunha cegueira total ou nunha perda significativa da agudeza visual. Estes signos dificultan en gran medida o desenvolvemento habitual da vida dos pacientes, limitando a súa capacidade para ler, conducir ou orientarse, e repercutindo negativamente na súa autonomía persoal. Nos últimos anos producíronse importantes avances tanto no ámbito do diagnóstico como no tratamento desta enfermidade. Entre eles destaca a incorporación de técnicas de imaxe de alta resolución, como a tomografía de coherencia óptica (OCT), que permite identificar de forma temperá o dano estrutural no nervio óptico. Tamén son de grande importancia os avances na perimetría automatizada, que posibilitan unha avaliación máis precisa da progresión glaucomatosa, mesmo cando a enfermidade se atopa nas súas fases iniciais. Por todo iso, o papel do óptico-optometrista é fundamental na detección temperá e posterior derivación, xa que unha detección precoz permite establecer un tratamento axeitado e un control máis individualizado da enfermidade.

Punín Dorrio, Eva (Titoría)
Punín Dorrio, Eva (Titoría)
Tribunal
Punín Dorrio, Eva (Titor do alumno)
Punín Dorrio, Eva (Titor do alumno)