As prácticas favorecen a adquisición de competencias que preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a empregabilidade e fomentan a capacidade de emprendemento.
É obrigatorio obter o NUSS propio para poder realizar as prácticas
O estudantado poderá realizar as Prácticas Tuteladas (PT) cando lle falten por superar 10,5 ECTS dos tres primeiros cursos da titulación, quedando excluídos os correspondentes as propias PT e o TFG. Facultade
Convenios de prácticas
A Facultade de Óptica e Optometría ten subscritos convenios con diferentes entidades públicas e privadas para realizar prácticas en hospitais do SERGAS e prácticas tuteladas en diferentes empresas de óptica.
- Convenio con Colegio Nacional de Ópticos-Optometristas. Convenio para a realización de prácticas Tuteladas do Grao en Óptica e Optometría
- Convenio co SERGAS. Convenio para a realización de prácticas nos Hospitais do Servizo Galego de Saúde.
- Convenio coa Consellería de Traballo e Benestar Social. Convenio para a realización de prácticas de Optometría Xeriátrica en Centros de Maiores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia
- Convenio General Óptica. Convenio para a realización de Prácticas Tuteladas, en todo o territorio nacional, nos centros asociados a General Óptica
- Convenio Federópticos. Convenio para a realización de Prácticas Tuteladas, en todo o territorio nacional, nos centros asociados a Federópticos
- Convenio Multiópticas. Convenio para a realización de Prácticas Tuteladas, en todo o territorio nacional, nos centros asociados a Multiópticas
- Convenio Soloptical. Convenio para a realización de Prácticas Tuteladas, en todo o territorio nacional, nos centros asociados a Soloptical
A materia de Prácticas externas é unha materia obrigatoria de segundo semestre, de 8 ECTS, na que os alumnos realizan 160 horas de prácticas relacionadas cos contidos do Máster.
Para a realización das prácticas a Facultade ten convenios ou acordos cos seguintes centros:
- Servizo de Optometría da USC
- Centro Investigación Bioloxía USC
- Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- CIMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades)
- Centro Óptico Amaro
- Centro de Optometría Gallego (COGA)
- Centro Optometría Videre
- Centro Óptico Urigüen
- Federópticos Bernárdez Vigo
- Centro Óptico BoaVisión
- Centro de Optometría Eyetools
- Centro de Optometría e Audioloxía María González.