O dereito á desconexión dixital dos traballadores: natureza e contido
Autoría
A.C.V.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición

Data da defensa
13.02.2026 11:30
13.02.2026 11:30
Resumo
O dereito á desconexión dixital irrompeu na realidade laboral, requirindo unha adecuada tutela. Este estudio realizouse en aras a determinar se a regulación actual protexe de forma completa e efectiva este dereito. Neste sentido, comeza cunha revisión da súa previsión lexislativa, a cal lle outorga un papel fundamental á negociación colectiva, para continuar co exame da situación relativa aos convenios colectivos e da interpretación deparada a este dereito polos tribunais.

Dirección
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Titoría)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Titoría)
Tribunal
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Titor do alumno)

Prestación por nacemento e coidado do menor en familias monoparentais: evolución
Autoría
A.C.V.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
A.C.V.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
20.02.2026 12:30
20.02.2026 12:30
Resumo
A prestación por nacemento e coidado do menor percorreu un sinuoso traxecto no caso das familias monoparentais. Atendendo a un contexto inicial no que non se lles outorgaba un trato diferenciado, en contraste coa lexislación de partida abórdase a liña xurisprudencial que derivou na súa modificación. Estando encabezada pola disparidade existente no Tribunal Supremo entre a súa Sala Cuarta, desfavorable cara á ampliación do permiso, e Terceira, estimadora da súa extensión, e pola ausencia dun pronunciamento harmonizador do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, cuxo tento non foi frutuoso, presentouse a interpretación do Tribunal Constitucional. A mesma foi determinante de que a non concesión dun período de suspensión maior para os proxenitores únicos, integradores das familias monoparentais, supoñía unha discriminación cara aos nenos froito desta configuración parental, os cales se atopaban cunha peor protección polo mero feito de nacer. En consecuencia da declaración de inconstitucionalidade dos preceptos nos que se baseaba o rexeitamento ao aumento, tanto a lexislación como os tribunais víronse obrigados a adoptar un verdadeiro cambio, favorecedor da posibilidade de outorgar un mellor coidado aos menores mediante un número de semanas de permiso superior.

PAZO ARGIBAY, JOSE MANUEL (Titoría)
PAZO ARGIBAY, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Secretario/a)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Vogal)

Análise do réxime xurídico preventivo do teletraballo
Autoría
L.F.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
L.F.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) ofrece unha análise do sistema xurídico preventivo do teletraballo, partindo da evolución que experimentou esta modalidade nos últimos anos e, sobre todo, a raíz da pandemia da Covid-19, o que suscitou a necesidade dunha normativa que amparase a protección da seguridade e saúde das persoas teletraballadoras. Desde o punto de vista da prevención de riscos laborais, examínanse as garantías que outorga a Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia e, en concreto, analízanse os artigos 15 e 16 da devandita normativa, poñendo de manifesto as carencias que presentan no relativo á avaliación de riscos, á delimitación da zona habilitada e á identificación dos factores de risco. Así mesmo, este traballo aborda os factores e riscos laborais típicos do teletraballo, subliñando a importancia dos riscos psicosociais e a falta de normativa que os contemple. Finalmente, analízanse as medidas preventivas aplicables, prestando especial atención á formación da persoa traballadora en materia preventiva, como unha ferramenta para paliar as lagoas normativas.

TORRES GARCIA, BARBARA (Titoría)
TORRES GARCIA, BARBARA (Titoría)
Tribunal
TORRES GARCIA, BARBARA (Titor do alumno)

Análise crítica das últimas novidades en materia de conciliación en España
Autoría
L.F.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
L.F.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
19.02.2026 16:00
19.02.2026 16:00
Resumo
No presente traballo analízanse as novidades relativas ás medidas de conciliación en España, destacando a ampliación do permiso por nacemento e coidado do menor e a nova configuración da retribución do permiso parental e do permiso por coidado do lactante. O Real Decreto Lei 9/2025 ampliou en tres semanas a suspensión do contrato de traballo por nacemento, polo que o tempo de desfrute pasa de dezaseis a dezanove semanas. Ademais, a nova reforma concede un papel moi relevante á conciliación a longo prazo, xa que outorga ás persoas proxenitoras dúas semanas de desfrute de permiso retribuído, que poden gozarse de maneira flexible ata que o menor cumpra os oito anos. Por outra banda, o traballo aborda a problemática derivada da falta de claridade na transposición da Directiva 2019/1158 no que atinxe ao permiso parental, o que levou á Audiencia Nacional a determinar expresamente o carácter non retribuído do permiso. As novidades no ámbito da corresponsabilidade levan a analizar o permiso para o coidado do lactante, do artigo 37.4 do ET, xa que, na actualidade, o lexislador permite ás persoas beneficiarias acumular o permiso, pero non determinou baixo que criterios.

FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titor do alumno)

Análise Económica e Financeira da empresa Grefusa SL
Autoría
M.G.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
M.G.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
Grefusa S.L. é unha empresa española fundada en 1929, dedicada principalmente á produción e distribución de aperitivos, patacas fritas e froitos secos. A súa sede central atópase en Alzira, na provincia de Valencia. O obxectivo deste estudo é realizar unha análise económica e financeira da empresa mencionada, comparándoa co seu competidor directo, Importaco S.A. O estudo inclúe unha presentación da empresa obxecto de análise, unha análise interna e externa para contextualizar a empresa e proporcionar unha comprensión máis profunda dela e, finalmente, unha análise económica e financeira baseada en porcentaxes, ratios e diversas métricas verticais e horizontais para o período 2022-2024. Os resultados mostran que Grefusa experimentou un crecemento positivo, en particular unha mellora significativa no seu equilibrio financeiro e unha posición de liquidez máis cómoda. A análise interna e externa revela un entorno altamente competitivo dominado polas marcas brancas, onde a diferenciación e a adaptación ás tendencias son clave. Polo tanto, Grefusa puido manter o seu crecemento, como demostran as súas cifras financeiras.

SUAREZ FERNANDEZ, OSCAR (Titoría)
SUAREZ FERNANDEZ, OSCAR (Titoría)
Tribunal
SUAREZ FERNANDEZ, OSCAR (Titor do alumno)

As cláusulas abusivas na contratación cos consumidores
Autoría
L.G.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
L.G.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
13.02.2026 10:30
13.02.2026 10:30
Resumo
No presente traballo abordarase o réxime xurídico das cláusulas abusivas na contratación con consumidores no ámbito do dereito español e europeo. A través da directiva 93/13/CEE e a súa transposición ao ordenamento xurídico interno na Lei sobre Condicións Xerais da Contratación, así como no Texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias. Analizando os mecanismos de control de incorporación, contido e transparencia, así como os efectos producidos pola declaración de nulidade.

CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titoría)
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titoría)
Tribunal
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titor do alumno)

Coñecemento, Utilización e Percepción da Relevancia, Precisión e Predición dos métodos de Selección de Persoal: Un estudo con profesionais do sector de Recursos Humanos.
Autoría
J.M.I.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
J.M.I.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
20.02.2026 09:30
20.02.2026 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza en profundidade o coñecemento, a utilización e a percepción de relevancia, fiabilidade e validez dos principais métodos de selección de persoal nas empresas galegas con maior facturación e plantilla. A través dun cuestionario estruturado en cinco bloques (Coñecemento, Uso, Relevancia, Fiabilidade e Validez de criterio), que se distribuiu ás compañías con maiores ingresos e máis de 200 empregados, obtivéronse 18 respostas válidas de profesionais dos departamentos de Recursos Humanos cunha experiencia comprendida entre 3 e 20 anos. O estudo analiza o emprego de ferramentas como o currículum vitae, as entrevistas (convencionais, conductuais estruturadas e por competencias), tests psicométricos (intelixencia, personalidade e competencias), simulacións de traballo, role-plays, comprobación de referencias e probas de coñecementos. Os resultados confirman que as entrevistas conductuais estruturadas son as máis utilizadas e valoradas polos profesionais pola súa sólida validez predictiva, mentres métodos como os tests de intelixencia e os cuestionarios de personalidade contan cun amplo respaldo empírico pero cunha menor adopción na práctica. Por outra banda, observouse que as simulacións e os role-plays gozan de maior recoñecemento entre os expertos en selección polo seu realismo, aínda que o seu uso se ve limitado por cuestións de custo e lóxica organizativa. As conclusións apoian a integración de múltiples técnicas para aproveitar ao máximo as fortalezas de cada instrumento nun proceso de selección de persoal. Ademais, cómpre complementar este enfoque coa formación continuada dos avaliadores e actualizar os métodos en función do perfil do posto e da traxectoria da empresa. Finalmente, recoméndase ampliar futuros estudos a empresas de menor tamaño e noutras comunidades autónomas, así como afondar na análise custo-beneficio e no impacto das novas tecnoloxías na automatización das probas psicométricas.

LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titor do alumno)

Análisis normativo do silencio administrativo. Concepto e funcionamento
Autoría
A.M.V.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.M.V.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
13.02.2026 13:00
13.02.2026 13:00
Resumo
No presente traballo abórdase o réxime xurídico do silencio administrativo no ámbito do Dereito Administrativo español. Analízase o sea concepto, a súa natureza, os tipos que hai (positivo e negativo) e o seu contexto dentro da Ley 39/2015 pola que se regula o Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Ademáis, examínanse os efectos que o silencio ten para os cidadáns e a Administración, así como a súa función como garantía frente á inactividad administrativa vencidos os prazos establecidos. Por último, mencionaremos unha sentenza de gran relevancia na que se apreza o uso e os efectos que ten o silencio administrativo positivo dentro do ámbito laboral e administrativo.

VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titor do alumno)

O papel da tecnoloxía na conciliación da vida familiar-laboral no sector gandeiro
Autoría
E.M.S.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
E.M.S.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
13.02.2026 11:30
13.02.2026 11:30
Resumo
Este traballo ten como finalidade dar resposta á pregunta de investigación sobre en que medida a implantación da tecnoloxía no sector lácteo contribúe á mellora do benestar das persoas traballadoras, favorecendo a conciliación da vida laboral e familiar, incrementando a satisfacción laboral e xerando cambios na xestión dos recursos humanos. A elección desta temática responde á importancia estratéxica do sector lácteo en Galicia e á profunda transformación tecnolóxica experimentada nos últimos anos, nun contexto no que a mellora das condicións laborais e da calidade de vida das persoas traballadoras cobra unha relevancia crecente. O estudo consiste nunha análise descritiva da situación actual da gandería láctea, tanto desde o punto de vista produtivo como organizativo e laboral. A investigación estrutúrase en dúas fases diferenciadas. Nunha primeira fase realizouse unha revisión da literatura co obxectivo de contextualizar o sector lácteo galego, analizar a súa evolución tecnolóxica e examinar os principais enfoques teóricos relacionados coa conciliación da vida laboral e familiar, a satisfacción laboral e o benestar no ámbito agrario. Esta revisión permitiu establecer un marco teórico sólido e formular as hipóteses de partida, centradas no papel da tecnoloxía como ferramenta de mellora das condicións de traballo e da xestión dos recursos humanos.Os resultados obtidos indican que a implantación da tecnoloxía no sector lácteo ten un impacto positivo e relevante sobre o benestar das persoas traballadoras. En particular, obsérvase unha mellora significativa na conciliación da vida laboral e familiar, derivada da redución da carga de traballo físico, dunha maior flexibilidade horaria e dunha mellor organización do tempo de traballo. Así mesmo, a maioría das persoas participantes manifesta un incremento do seu nivel de satisfacción laboral, asociado a unhas condicións de traballo máis eficientes, dignas e compatibles coa vida persoal.

LOPEZ CARBALLEIRA, ANALIA (Titoría)
LOPEZ CARBALLEIRA, ANALIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ CARBALLEIRA, ANALIA (Titor do alumno)

A protección xurídica das persoas traballadoras en situación de incapacidade permanente: o impacto da doutrina do TXUE no ordenamento xurídico laboral español
Autoría
K.O.Q.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
K.O.Q.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo analiza a protección xurídica das persoas traballadoras en situación de incapacidade permanente total no ordenamento laboral español, á luz do impacto da doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Tradicionalmente, a declaración desta continxencia comportaba a extinción automática do contrato de traballo, sen unha valoración previa de posibles axustes razoables. A Sentenza do TXUE do 18 de xaneiro de 2024 (asunto C-631/22) cuestiona este réxime pola súa incompatibilidade co principio de igualdade e non discriminación por razón de discapacidade, conforme á Directiva 2000/78/CE. Examínase, así mesmo, o réxime xurídico anterior, o contido e alcance da devandita sentenza, así como a posterior adaptación xurisprudencial e lexislativa operada mediante a Lei 2/2025. Finalmente, valórase criticamente a eficacia do novo marco normativo, centrado na obriga empresarial de explorar axustes razoables antes da extinción da relación laboral.

MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)

O delito de online child grooming no Código Penal español: retos actuais ante a tecnoloxía emerxente
Autoría
K.O.Q.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
K.O.Q.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este traballo de investigación realiza unha análise interdisciplinaria do delito de online child grooming baixo a rúbrica do artigo 183 do Código Penal español, abordando a súa evolución normativa, dogmática e fenomenolóxica. O obxectivo principal é avaliar a suficiencia da resposta penal fronte ás novas modalidades de captación tecnolóxica de menores nun contexto de dixitalización global. Tras unha análise previa e detallada dos perfís de agresores e vítimas, así como das fases de manipulación psicolóxica que definen o proceso de engano, examínase o marco internacional que fundamenta a criminalización destas condutas e afóndase, posteriormente, na configuración técnica do tipo penal, incidindo na protección da indemnidade sexual como ben xurídico protexido e na estrutura da tutela penal anticipada. Así mesmo, a investigación aborda nós críticos de aplicación práctica, tales como a problemática cláusula concursal e a súa tensión co principio ne bis in idem, xunto cos desafíos emerxentes que suscitan o uso da Intelixencia Artificial Xenerativa e o fenómeno dos deepfakes. Os resultados suxiren que, aínda que o artigo 183 constitúe unha ferramenta esencial, presenta asimetrías respecto da normativa europea e require axustes interpretativos para garantir a coherencia sistemática. Conclúese que unha prevención eficaz demanda non só actualizacións normativas periódicas, senón tamén políticas integrais que combinen a persecución penal coa educación dixital e o apoio multidisciplinario ás familias.

PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
Tribunal
ABEL SOUTO, MIGUEL (Presidente/a)
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Secretario/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Vogal)

Prestación por desemprego e prestación por cesamento de actividade. Estudo comparativo e propostas de mellora.
Autoría
M.P.L.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
M.P.L.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao profunda sobre o sistema de protección no ordenamento xurídico español fronte á perda da actividade laboral, profesional ou empresarial. O estudo céntrase na prestación por desemprego do Réxime Xeral da Seguridade Social e na prestación por cesamento de actividade do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. Examínanse, desde un punto de vista descritivo, os elementos característicos de ambas as prestacións: requisitos de acceso, período de carencia, duración, cálculo e contía, así como as situacións de suspensión, extinción e incompatibilidade do dereito. A partir da formulación teórica, póñense de manifesto as principais diferenzas na regulación de ambos os réximes, especialmente no referente á acreditación da situación legal de cesamento de actividade e, en xeral, en relación co menor nivel de protección dispensado aos traballadores autónomos. Finalmente, a través da análise comparativa, expóñense unha serie de propostas de mellora enfocadas ao reforzo da equidade do sistema, a facilitación do acceso á protección, principalmente, da protección por cesamento de actividade e alcanzar unha maior equiparación entre o Réxime Xeral e o Réxime Especial de Traballadores Autónomos, favorecendo unha protección social máis robusta e adaptada á realidade económica e social.

A delimitación das competencias propias e delegadas nos municipios segundo a Lei 7/1985.
Autoría
M.P.L.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
M.P.L.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Analízase a delimitación das competencias dos municipios no panorama xurídico español, sobre a base da distinción entre competencias propias e competencias delegadas, dacordo coa Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local. Trátase a relevancia do municipio como entidade territorial de maior proximidade aos cidadáns e o seu papel na organización territorial do Estado, plasmado a través da atribución competencial diferenciada entre as Administracións Públicas. Respecto das competencias, abárcase o seu contido material, os principios que informan o seu exercicio, así como os límites e as formas de xestión. Tamén se leva a cabo un estudo comparativo dos dous tipos de competencias dos municipios. De forma posterior, realízase unha análise xurisprudencial dos conceptos máis importantes, principalmente ao redor da autonomía local. Por último, se leva a cabo unha revisión das competencias exercidas, o modo e os medios a través dos que os municipios da Coruña, Ferrol e Baiona exercitan as competencias municipais recoñecidas.

Efectos da COVID-19 no mercado laboral
Autoría
P.Q.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
P.Q.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
Este traballo analiza o paso do mercado laboral español entre 2016 e 2024, prestando atención ao cambio de paradigma que tivo lugar tras a crise sanitaria da COVID-19. Constátase como os mecanismos de flexibilidade interna, ERTE, e a Reforma Laboral que tivo lugar en 2021 lograron desacoplar a caída do PIB da destrución de emprego e diminuír a temporalidade estrutural. A investigación reflicte a existencia de diversas vulnerabilidades tales como unha crise de calidade subxacente, caracterizada pola perda do poder adquisitivo, o impacto do estrés laboral na produtividade e o risco da polarización tecnolóxica na forza de traballo.

REY SUAREZ, PEDRO MARIA (Titoría)
REY SUAREZ, PEDRO MARIA (Titoría)
Tribunal
REY SUAREZ, PEDRO MARIA (Titor do alumno)

El silencio administrativo
Autoría
A.R.V.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.R.V.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
13.02.2026 13:00
13.02.2026 13:00
Resumo
Este traballo fin de grao estuda o silencio administrativo e a súa actuación ante a inactividade administrativa. Está regulado na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Mediante esta análise preténdese estudar a función que desempeñan os distintos recursos como instrumentos de control da actuación administrativa e como garantía do dereito do cidadán fronte á administración. O traballo estrutúrase en diferentes bloques nos que, tras o desenvolvemento da orixe e concepto, se analizan os distintos recursos da normativa vixente, especialmente o recurso de alzada, o potestativo de reposición e o recurso extraordinario de revisión. Por outra banda, estúdanse elementos relevantes como os prazos de presentación e resolución, así como os efectos xurídicos derivados da súa estimación ou rexeitamento. A metodoloxía empregada baséase na análise da normativa aplicable e compleméntase co estudo da xurisprudencia e da doutrina. Isto permítenos mostrar unha visión sistemática e práctica. Finalmente, inclúense unha serie de consideracións críticas sobre a efectividade real dos recursos administrativos e o seu papel dentro do sistema de garantías do procedemento administrativo. Por último, extráense unhas conclusións nas que se valora a importancia dos recursos administrativos dentro do procedemento administrativo e as diferentes dificultades prácticas que poden xurdir no seu uso.

Relacións laborais dos deportistas profesionais, límites da laboralidade e obrigatoriedade de acudir as seleccións nacionais.
Autoría
G.T.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
G.T.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
13.02.2026 10:30
13.02.2026 10:30
Resumo
Este traballo de fin de grao analiza as peculiaridades das relacións laborais dos deportistas profesionais. Para iso, analizáronse múltiples referencias doutrinais, a lexislación aplicable a esta relación laboral especial, incluíndo convenios colectivos, así como xurisprudencia destacada sobre as diferentes materias que se desenvolven ao longo do texto. A estrutura do traballo divídese en catro capítulos. No primeiro, titulado: «O carácter especial da prestación laboral dos deportistas profesionais. Rasgos definitorios», faise unha pequena introdución sobre a regulación básica aplicable e analízase o motivo polo que os deportistas profesionais precisan unha relación laboral especial. No segundo capítulo analízase o Real Decreto 1006/1985, examinando o contido de cada artigo e a súa incidencia nas condicións laborais dos deportistas profesionais. Entre outras cuestións, estúdanse os dereitos e deberes do deportista profesional, todo o relacionado co seu contrato de traballo ou as cesións temporais, sendo estas últimas unha das peculiaridades máis destacables desta relación laboral. No terceiro capítulo abórdase a obriga que teñen os deportistas profesionais de acudir ás súas seleccións nacionais cando son convocados. Por unha banda, realízase unha pequena análise da lexislación aplicable e, por outra, expóñense os casos de varios futbolistas españois que decidiron renunciar á selección, como Nacho, Oleguer Presas e Gerard Piqué. Como último e cuarto capítulo do traballo, analízanse determinadas particularidades en materia de Seguridade Social dos deportistas profesionais. Está formado por tres subapartados: no primeiro fálase da incapacidade temporal, no segundo da incapacidade permanente e, no terceiro, do desemprego.

PAZO ARGIBAY, JOSE MANUEL (Titor do alumno)

O que non vemos ao selecionar: automatización dos nesgos implícitos
Autoría
A.V.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.V.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
13.02.2026 10:30
13.02.2026 10:30
Resumo
Este traballo analiza como os nesgos implícitos, tanto humanos como tecnolóxicos, afectan aos procesos de contratación, centrándose especialmente nas desigualdades de xénero. A través dunha revisión de artigos e casos do mundo real, examina como os nesgos implícitos configuran o xuízo dos recrutadores e como estes prexuízos transfírense á intelixencia artificial. Os resultados mostran que, lonxe de ser neutral, a automatización pode amplificar a discriminación pasada se se adestra con datos nesgados. O traballo conclúe que, aínda que o novo Regulamento europeo sobre intelixencia artificial é un paso adiante, a verdadeira xustiza nos procesos de contratación require unha supervisión humana crítica e constante, xunto cun compromiso ético para evitar que os algoritmos se convertan nunha nova barreira para o emprego.

Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Tribunal
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titor do alumno)