Avaliación de técnicas analíticas e biomarcadores para a detección de exposición a micotoxinas en gando porcino
Autoría
A.B.R.
Grao en Veterinaria
A.B.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
Este traballo analiza as principais técnicas analíticas para detectar e avaliar a exposición a micotoxinas en gando porcino, cun especial foco en métodos baseados en biomarcadores. Examínanse en detalle técnicas cromatográficas como LC-MS/MS, que permiten cuantificar micotoxinas e os seus metabolitos en fluídos biolóxicos con alta sensibilidade, destacando a súa aplicación tanto en estudos dirixidos como en cribados non dirixidos. Paralelamente, explóranse técnicas propias das ciencias ómicas como os microarrays e a secuenciación de ARN (RNA-seq) para identificar patróns moleculares de exposición, con atención especial ao potencial dos miARNs circulantes como biomarcadores temperáns e non invasivos. O estudo tamén considera métodos complementarios como a análise da microbiota intestinal. Aínda que as técnicas de espectrometría de masas seguen sendo o estándar de referencia, a investigación resalta o valor emerxente dos enfoques multi-ómicos integrados para unha vixilancia toxicolóxica máis completa en sistemas de produción porcina.

Dirección
VILARIÑO DEL RIO, NATALIA (Titoría)
Lolo Aira, Soraya Cotitoría
VILARIÑO DEL RIO, NATALIA (Titoría)
Lolo Aira, Soraya Cotitoría
Tribunal
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Presidente/a)
CASTRO CASTRO, DANIEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)

Anestesia e manexo perioperatorio de carnívoros silvestres: oso pardo (Ursus arctos), lobo (Canis lupus) e teixugo europeo (Meles meles).
Autoría
A.B.B.
Grao en Veterinaria
A.B.B.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
A anestesia e a sedacion en fauna silvestre son ferramentas esenciais para o estudo, a xestion e a conservacion das especies, asi como para a resolucion de conflitos entre humanos e animais silvestres. Neste Traballo de Fin de Grao realizase unha revision bibliografica exhaustiva do manexo anestesico de tres especies de carnivoros presentes na peninsula iberica: o oso pardo (Ursus arctos), o lobo (Canis lupus) e o teixugo europeo (Meles meles). O traballo analiza as particularidades fisioloxicas e conductuais de cada especie que condicionan a eleccion dos protocolos anestesicos, asi como as consideracions especificas da inmovilizacion en campo, incluindo a planificacion previa, o uso de equipamento portatil, os riscos para o persoal e as limitacions propias do medio natural. Tamen se revisan os protocolos anestesicos mais utilizados e recomendados na literatura, con especial atencion as combinacions de ketamina, medetomidina, xilacina e tiletamina-zolazepam, asi como ao uso dos seus antagonistas. Ademais, describense as tecnicas de monitorizacion anestesica adaptadas as condicions de campo e as principais complicacions que poden aparecer durante o periodo perioperatorio, como a hipertermia, a hipotermia, a miopatia por captura e a depresion respiratoria e cardiovascular, xunto coas medidas preventivas e terapeuticas mais habituais. A revision compara as vantaxes e limitacions da anestesia realizada en campo fronte a levada a cabo nun entorno clinico, destacando que o medio silvestre impon restricions que favorecen o emprego de farmacos inxectables de accion rapida e reversibles, mentres que o entorno hospitalario permite un maior control anestesico e o uso de anestesicos inhalatorios. Os obxectivos principais son avaliar as particularidades anestesicas de cada unha das especies estudadas, identificar os protocolos mais seguros e eficaces descritos na bibliografia recente e achegar recomendacions practicas que contribuan a mellorar a seguridade do animal, do equipo humano e o exito das intervencions. Os resultados sublinan a importancia dunha planificacion coidadosa, da seleccion individualizada do protocolo anestesico en funcion da especie, o estado fisioloxico do animal, o entorno e o obxectivo do procedemento, asi como dunha monitorizacion adecuada e a dispoñibilidade de antagonistas. En conclusion, a anestesia en fauna silvestre debe orientarse a minimizar o estres e garantir o benestar animal, constituindo unha ferramenta clave para a conservacion destas especies emblematicas do ecosistema iberico.

LOPEZ BECEIRO, ANA MARIA (Titoría)
LOPEZ BECEIRO, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Presidente/a)
CASTRO CASTRO, DANIEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Presidente/a)
CASTRO CASTRO, DANIEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Novas estratexias para o control de Varroa destructor en colonias de Apis mellifera
Autoría
V.C.A.
Grao en Veterinaria
V.C.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.02.2026 16:00
12.02.2026 16:00
Resumo
A abella Apis mellifera é unha especie orixinaria de África, con expansión cara a Europa e Asia, que presenta un elevado nivel de organización dentro da colonia. O seu ciclo biolóxico é holometábolo e, en función da alimentación recibida durante a etapa larvaria, existen tres castas cuxa anatomía está especialmente deseñada para cumprir as súas funcións dentro da colonia: reprodución (raíña e abázcaros), alimentación ou defensa (obreiras). Un dos principais factores que comprometen a saúde das colonias de A. mellifera é Varroa destructor, un ácaro ectoparasito altamente especializado, que consegue reproducirse nas celas de cría e alimentarse do corpo graxo das abellas. Este parasito causa un grave deterioro fisiolóxico e inmunolóxico, xa que actúa como vector de patóxenos, como o Virus das Ás Deformadas (DWV), o que acelera o colapso das colonias. A distribución de V. destructor é practicamente mundial, favorecida polo comercio apícola e polos propios comportamentos sociais das abellas. O control de Varroa destructor baseouse tradicionalmente en tratamentos farmacolóxicos, como o amitraz ou o TAU-fluvalinato, que demostraron unha elevada eficacia, pero cuxo uso continuado xerou resistencias que minguaron drásticamente a súa eficacia, así como a acumulación de residuos na cera e efectos nocivos dentro da colonia. Na actualidade, preséntanse novas posibilidades de tratamento, como os ácidos orgánicos, que ofrecen unha opción máis sostible, con menor risco de residuos e, polo momento, sen resistencias coñecidas. Porén, por si sós non son excesivamente eficaces, polo que precisan complementarse con outras medidas. Os métodos zootécnicos, como o seguimento sistemático, os fondos sanitarios, os panais trampa e o control da cría, permiten reducir a carga parasitaria, pero tampouco resultan eficaces por si mesmos. Pola súa banda, o control biolóxico e a selección xenética amosaron un gran potencial, con estirpes de abellas que presentan comportamentos hixiénicos intensificados ou unha resposta inmunitaria e antiviral reforzado, o que incrementa a tolerancia ou resistencia fronte a Varroa destructor e ao DWV. Neste escenario, o control integrado fronte a Varroa destructor xorde como a estratexia máis eficaz e sostible, ao combinar medidas de manexo, tratamentos orgánicos e farmacolóxicos, xunto co uso de estirpes xenéticamente adaptadas, logrando limitar a poboación do ácaro e reducir as resistencias e os residuos.

PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Titoría)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Titoría)
Tribunal
AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA (Presidente/a)
PERMUY MENDAÑA, MARIA (Secretario/a)
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Especies animais domésticas como sentinelas do virus da encefalite transmitida por carrachas (TBEV).
Autoría
A.G.S.
Grao en Veterinaria
A.G.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.02.2026 16:00
12.02.2026 16:00
Resumo
O virus da encefalite transmitida por carrachas (TBEV) é o axente causal dunha zoonose emerxente de gran importancia en Europa e Asia, transmitida principalmente por picaduras de carrachas do xénero Ixodes, sendo I. ricinus o vector máis relevante en Europa. En persoas, a infección pode cursar con manifestacións neurolóxicas graves como meningoencefalite ou mielite, e en animais domésticos a infección adoita ser subclínica. O TBEV constitúe unha ameaza para a saúde pública, debido á transmisión alimentaria a través do consumo de leite cru e produtos lácteos non pasteurizados procedentes de animais infectados. En España, a pesar de que a seroprevalencia en animais domésticos é xeralmente baixa, existen evidencias de circulación do virus en diversas rexións, que reúnen condicións climáticas favorables para a supervivencia e dispersión do vector. Con todo, a ausencia de estudos aumenta o risco de infraestimala. Este aspecto, unido a factores ambientais, ecolóxicos e antropoxénicos, incluídos os efectos do cambio climático, reforza a necesidade de fortalecer os programas de vixilancia epidemiolóxica. No presente traballo levouse a cabo unha revisión sistemática da seroprevalencia en animais poñendo de manifesto o seu papel como sentinelas. O gando bovino destaca polo seu papel epidemiolóxico, o seu estreito contacto co vector e a súa capacidade para manter anticorpos tras a infección. A análise bibliográfica revelou unha baixa circulación en España, subliñando a importancia de empregar probas de neutralización viral para minimizar as reaccións cruzadas con outros flavivirus. O uso de animais como sentinelas, combinado coa adopción de medidas de control de carrachas e a implementación de accións preventivas na cadea alimentaria, como a pasteurización do leite, son cruciais para reducir o impacto do TBEV na saúde pública e mellorar a capacidade de resposta ante a súa posible expansión a zonas onde aínda non se detectaron casos humanos, como o norte de España.

CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Titoría)
ABREU RAMOS, INES ISABEL Cotitoría
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Titoría)
ABREU RAMOS, INES ISABEL Cotitoría
Tribunal
AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA (Presidente/a)
PERMUY MENDAÑA, MARIA (Secretario/a)
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA (Presidente/a)
PERMUY MENDAÑA, MARIA (Secretario/a)
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Estudo comparativo da glándula tireóide en hubara
Autoría
N.T.H.H.
Grao en Veterinaria
N.T.H.H.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.02.2026 16:00
12.02.2026 16:00
Resumo
A tiroide é unha glándula endócrina, bilobulada. Está situada a ambos lados da traquea, preto da base do pescozo e en asociación coa arteria carótida común na entrada do tórax. Nas aves, a súa estrutura histolóxica é similar á dos mamíferos, compóñese de folículos rodeados por unha soa capa de células epiteliais contida por unha membrana basal, os cales secretan e almacenan as hormonas tiroideas, que inflúen directamente no metabolismo doutras hormonas, que regulan o metabolismo, a reprodución e a muda das aves. Polo tanto, participa na sincronización dos ciclos reprodutivos coas estacións e na modulación da enerxía e comportamento, necesarios para longas migracións. Actualmente, hai poucas investigacións sobre a súa descrición e importancia fisiolóxica na hubara; polo tanto, este traballo centrarase no estudo macroscópico e histolóxico da tiroide na hubara asiática e as súas relacións anatómicas con outras glándulas adxacentes. Para iso, realizarase un estudo experimental comparando certos parámetros nun total de cincuenta e sete mostras de hubara asiática, divididos en diferentes grupos (idade e sexo).

MIÑO FARIÑA, NATALIA (Titoría)
Carrasco Muñoz, Mar Cotitoría
MIÑO FARIÑA, NATALIA (Titoría)
Carrasco Muñoz, Mar Cotitoría
Tribunal
AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA (Presidente/a)
PERMUY MENDAÑA, MARIA (Secretario/a)
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA (Presidente/a)
PERMUY MENDAÑA, MARIA (Secretario/a)
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Endometrite na egua: revisión actualizada.
Autoría
P.M.M.
Grao en Veterinaria
P.M.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.02.2026 16:00
12.02.2026 16:00
Resumo
En España, o sector equino constitúe unha actividade de gran relevancia económica e social, na que a eficiencia reprodutiva resulta esencial para garantir a rendibilidade das explotacións dedicadas á cría. Con todo, dita eficiencia pode verse comprometida pola aparición de patoloxías do aparello reprodutor das femias, entre as que destaca a endometritis, considerada unha das enfermidades reprodutivas máis frecuentes e unha das principais causas de subfertilidad na egua. A endometritis defínese como a inflamación do endometrio e pode presentarse de forma infecciosa ou non infecciosa, así como clínica ou subclínica, o que dificulta a súa detección, diagnóstico e manexo, e repercute negativamente nas taxas de concepción e na viabilidade embrionaria temperá. O Traballo Fin de Grao revisa a endometritis equina, incluíndo a súa etiología, fisiopatología, factores de risco, diagnóstico, tratamento e prevención. Tras a cubrición ou inseminación, o útero da egua presenta unha resposta inflamatoria fisiolóxica para eliminar restos seminales e posibles contaminantes. Se esta inflamación non se resolve, pode persistir e facilitar a colonización por bacterias oportunistas, como Streptococcus equi subsp. zooepidemicus e Escherichia coli, e en menor medida por fungos. A enfermidade depende da interacción entre a inflamación post-cubrición, a virulencia microbiana, a formación de biofilms e unha resposta inmunitaria uterina alterada, sendo favorecida por factores predisponentes como idade avanzada, multiparidad, alteracións anatómicas e baixa capacidade de aclaramiento uterino. Unha elevada porcentaxe de eguas cursa con formas subclínicas. Por iso, o diagnóstico da endometritis require un enfoque combinado, que inclúa a exploración, a ecografía transrectal, a citología endometrial, o cultivo microbiológico e a biopsia endometrial. Neste contexto, as achegas recentes derivadas do estudo do microbioma endometrial permitiron avanzar no coñecemento da homeostasis uterina e da disbiosis asociada á enfermidade, ofrecendo novas perspectivas para mellorar a precisión diagnóstica e orientar tratamentos máis específicos. O tratamento debe basearse nun diagnóstico preciso e individualizado, combinando lavados uterinos, axentes ecbolizantes e antibioterapia dirixida segundo cultivo e antibiograma. Un uso irracional de antimicrobianos, vai dar resistencias, polo que; a prevención, e a identificación temperá de eguas susceptibles, é clave para reducir a incidencia da endometritis e optimizar a eficiencia reprodutiva no sector equino.

VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Titoría)
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL Cotitoría
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Titoría)
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL Cotitoría
Tribunal
AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA (Presidente/a)
PERMUY MENDAÑA, MARIA (Secretario/a)
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA (Presidente/a)
PERMUY MENDAÑA, MARIA (Secretario/a)
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Benestar animal en elasmobranquios de acuario de exposición
Autoría
A.M.F.
Grao en Veterinaria
A.M.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.02.2026 09:30
12.02.2026 09:30
Resumo
Os elasmobranquios (tiburóns e raias) desempeñan un papel crucial nos ecosistemas mariños. Debido ao seu ciclo vital de ritmo lento e ás ameazas antropoxénicas, convertéronse nun grupo moi vulnerable, con máis dun terzo das especies ameazadas. Ante a dificultade de estudalos en liberdade, os acuarios convertéronse en centros vitais para o seu estudo e conservación. Porén, o mantemento de elasmobranquios en catividade conleva desafíos importantes debido ao seu gran tamaño, aos hábitats extremos dos que proceden e á necesidade de permanecer en movemento constante para respirar e manterse a frote. Estas particularidades, xunto á falta de coñecemento da súa bioloxía e as súas necesidades, dificultan a valoración do seu benestar. Ante este reto, o presente traballo pretende recadar e analizar a información científica dispoñible sobre o benestar animal dos elasmobranquios, establecendo unha base teórica que permita a súa posterior aplicación práctica en acuarios de exposición. Para superar estas limitacións e garantir a saúde física e mental das especies que aloxan, os acuarios aplican modelos de benestar avanzados, como o dos Cinco Dominios. Este modelo céntrase en crear condicións que permitan aos animais prosperar en contornas controladas e valorar o benestar de xeito conxunto ao vincular os catro dominios físicos e funcionais (nutrición, contorna física, saúde e interaccións do comportamento) cun quinto dominio mental (estado mental). Baixo este enfoque, o modelo optimiza a xestión nutricional dos acuarios, garantindo que as dietas sexan as adecuadas a cada especie e resalta a influencia de diferentes parámetros da contorna artificial sobre o comportamento e saúde dos individuos. En animais en catividade tamén é esencial a adopción de programas de medicina preventiva e o emprego de técnicas diagnósticas e terapéuticas para previr patoloxías, e dese xeito asegurar unha calidade de vida óptima. Así mesmo, este modelo prioriza o benestar condutual a través de interaccións positivas e o enriquecemento ambiental, utilizando biomarcadores de estrese específicos para avaliar o estado mental. Este enfoque integral resulta determinante para mitigar comportamentos anormais, promover estados afectivos positivos e garantir a viabilidade destas especies en catividade.

Vázquez Rodríguez, Sonia (Titoría)
Castro García, Noelia de Cotitoría
Vázquez Rodríguez, Sonia (Titoría)
Castro García, Noelia de Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Bermúdez, Ruth (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
ORTIZ LEAL, IRENE (Vogal)
Rodríguez Bermúdez, Ruth (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
ORTIZ LEAL, IRENE (Vogal)
Intervalos de referencia de macro- e microminerais séricos en cabalos do noroeste de España.
Autoría
L.M.V.
Grao en Veterinaria
L.M.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.02.2026 09:30
12.02.2026 09:30
Resumo
Obxectivos: Determinar os intervalos de referencia (IR) para 14 minerais séricos (6 macrominerais e 8 microminerais) nunha poboación de cabalos sans do noroeste de España mediante técnicas de alta precisión e avaliar o impacto de factores intrínsecos (idade, sexo, raza) e extrínsecos (dieta) sobre o status mineral sérico para proporcionar unha ferramenta diagnóstica precisa na rexión. Material e Métodos: Para este estudo empregáronse mostras de soro de 211 cabalos sans do noroeste peninsular. Mediante espectrometría de emisión óptica con plasma acoplado indutivamente (ICP-OES) determináronse os macrominerais: calcio (Ca), fósforo (P), magnesio (Mg), xofre (S), sodio (Na) e potasio (K). Por espectrometría de masas con plasma acoplado indutivamente (ICP-MS) cuantificáronse os microminerais: ferro (Fe), cobre (Cu), zinc (Zn), selenio (Se), iodo (I), manganeso (Mn), molibdeno (Mo) e cobalto (Co). A análise realizouse baixo acreditación ISO con material de referencia certificado. Estatisticamente, empregouse un modelo lineal xeral (MLG) para avaliar a influencia da idade, sexo, raza e dieta. Os intervalos de referencia establecéronse mediante métodos non paramétricos segundo os criterios internacionais do International Federation of Clinical Chemistry and Laboratory Medicine (IFCC) e o Clinical and Laboratory Standards Institute (CLSI). Resultados: A aplicación dos criterios da guía CLSI C28-A3 permitiu definir con precisión os rangos de referencia para a totalidade dos elementos analizados. Observouse que variables como a idade, o sexo ou a raza presentan unha relevancia limitada na variabilidade mineral, permitindo o uso de intervalos globais debido ao amplo solapamento entre grupos. Con todo, identificouse o réxime alimenticio como un factor crítico, especialmente no caso do Se; os cabalos criados exclusivamente en pastoreo mostraron unha tendencia a presentar niveis séricos reducidos, situándose con frecuencia no limiar inferior de referencia en comparación con aqueles que recibiron suplementación con concentrados. Conclusións: Este traballo constitúe unha achega científica relevante ao establecer perfís minerais robustos e específicos para a poboación equina do noroeste peninsular. Os datos obtidos non só optimizan a capacidade de interpretación diagnóstica e o manexo nutricional na clínica veterinaria, senón que tamén sentan as bases para profundar no estudo do metabolismo mineral e a súa relación coa contorna xeográfica.

LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Titoría)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA Cotitoría
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Titoría)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Bermúdez, Ruth (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
ORTIZ LEAL, IRENE (Vogal)
Rodríguez Bermúdez, Ruth (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
ORTIZ LEAL, IRENE (Vogal)
Aproximación ao estudo da coxeira bovina: revisión e análise dun problema multifactorial na produción gandeira.
Autoría
E.N.E.
Grao en Veterinaria
E.N.E.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.02.2026 09:30
12.02.2026 09:30
Resumo
A coxeira bovina supón un dos maiores desafíos sanitarios, económicos e de benestar animal na industria gandeira contemporánea, situándose como a terceira causa de perdas económicas tras a mamite e os trastornos reprodutivos. O presente traballo constitúe unha revisión bibliográfica da literatura científica máis recente para analizar de forma integral este fenómeno multifactorial. Na etiopatoxenia das lesións que comunmente causan a patoloxía, faise unha clara distinción entre procesos infecciosos e mecánico-metabólicos. Ponse o foco na natureza polimicrobiana da dermatite dixital, así como se destaca o papel do corion e da almofada dixital nas lesións mecánicas, cuxa integridade depende do estado fisiolóxico do animal. A interacción entre a xenética, o ambiente e o manexo posiciónase como os principais factores de risco. Plantéanse novos índices xenómicos de resistencia e a mellora de factores externos como o deseño das instalacións, o tipo de protocolo de recorte e a hixiene do entorno; confirmando que a expresión da enfermidade é o resultado dunha interacción xenotipo-ambiente. Valórase a transición a unha monitorización a nivel do rabaño mediante termografía infravermella, intelixencia artificial e sensores de comportamento como ferramentas que permiten unha detección precoz en estadios subclínicos fronte á inspección visual convencional. É fundamental a implementación de estratexias de prevención e control desde un enfoque proactivo. Valídanse protocolos como o recorte funcional estratéxico, o modelo de xestión de riscos individualizado e o uso de pediluvios, intentando achegar alternativas que contribúan á sustentabilidade do sector. O éxito destas medidas depende fundamentalmente da implicación dos profesionais, priorizando a formación técnica, a concienciación e a modernización de infraestruturas para transformar os achados científicos nunha práctica gandeira eficiente e ética.

MUIÑO OTERO, RODRIGO (Titoría)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Bermúdez, Ruth (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
ORTIZ LEAL, IRENE (Vogal)
Rodríguez Bermúdez, Ruth (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
ORTIZ LEAL, IRENE (Vogal)
Efecto da administración preoperatoria de trazodona sobre a incidencia do delirio de emerxencia e a calidade da recuperación anestésica en cans sometidos a cirurxía programada: estudo clínico controlado.
Autoría
A.P.M.
Grao en Veterinaria
A.P.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.02.2026 09:30
12.02.2026 09:30
Resumo
O delirio de emerxencia (DE) é un estado transitorio de confusión mental que pode presentarse durante a recuperación anestésica e que se caracteriza por signos como axitación, desorientación, vocalización ou movementos descoordinados. A súa aparición compromete o benestar do paciente e a seguridade do persoal veterinario involucrado. Pese a que se trata dunha complicación anestésica frecuente e con relevancia clínica, o DE foi pouco estudado na medicina veterinaria, e a literatura científica dispoñible presenta limitacións importantes, destacando a ausencia de criterios diagnósticos estandarizados e a posible confusión con outras causas de recuperación complicada, coma a dor, a ansiedade ou a disforia inducida por opioides. Por outro lado, a calidade da recuperación anestésica constitúe un parámetro fundamental para avaliar a seguridade do procedemento anestésico, xa que se trata dunha fase crítica con risco de complicacións. Neste contexto, a trazodona, un modulador serotoninérxico con propiedades ansiolíticas e sedantes amplamente utilizadas na especie canina, podería representar unha ferramenta útil para favorecer recuperacións máis tranquilas e seguras. Por todo iso, o obxectivo deste estudo foi avaliar o efecto da administración preoperatoria de trazodona oral sobre a incidencia do DE e a calidade da recuperación anestésica en 22 cans clínicamente sans sometidos a cirurxía programada. Realizouse un ensaio clínico prospectivo, aleatorizado e dobre cego no que se comparou un grupo de pacientes tratados con trazodona a unha dose de 7,5 mg/kg fronte a un grupo control tratado cun placebo. Ao longo do período perioperatorio rexistraronse parámetros fisiolóxicos, variables conductuais e a presenza de signos compatibles con DE, ademais dunha valoración global da calidade do espertar anestésico mediante escalas estandarizadas. Os resultados obtidos mostraron unha evolución clínica favorable durante o periodo de recuperación anestésica nos animais tratados con trazodona, observándose unha menor presenza de espertares disfóricos e unha tendencia cara a recuperacións máis tranquilas en comparación cos animais tratados cun placebo. Aínda que non se alcanzaron diferenzas estatisticamente significativas na avaliación global do espertar, estes achados suxiren un posible efecto beneficioso da trazodona sobre a calidade da recuperación anestésica e a incidencia do DE. Non obstante, debido ó tamaño limitado da mostra, sería necesario confirmar estes resultados mediante estudos cun maior número de animais.

CANTALAPIEDRA GONZALEZ, ANTONIO (Titoría)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA Cotitoría
CANTALAPIEDRA GONZALEZ, ANTONIO (Titoría)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Bermúdez, Ruth (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
ORTIZ LEAL, IRENE (Vogal)
Rodríguez Bermúdez, Ruth (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
ORTIZ LEAL, IRENE (Vogal)
Desenvolvemento de modelos 3D aplicados á docencia
Autoría
L.P.Z.
Grao en Veterinaria
L.P.Z.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
Nos últimos anos, a tecnoloxía de escaneado e impresión 3D para xerar modelos virtuais e físicos tivo un gran desenvolvemento, achegando resultados cada vez máis precisos grazas á aparición de novos métodos e á mellora dos existentes. Isto causou un aumento no uso destas ferramentas en distintos campos. Este traballo busca avaliar a produción de modelos anatómicos tridimensionais mediante: un escáner de superficie de luz infravermella estruturada e unha impresora de modelado por deposición fundida. Así mesmo, analízase a súa utilidade na docencia da anatomía veterinaria, contrastando os resultados e conclusións coa literatura científica actual.

BERMUDEZ POSE, ROBERTO (Titoría)
VARELA LOPEZ, OSCAR Cotitoría
BERMUDEZ POSE, ROBERTO (Titoría)
VARELA LOPEZ, OSCAR Cotitoría
Tribunal
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Presidente/a)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Presidente/a)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Utilidade da ecografía abdominal como ferramenta complementaria na avaliación do cólico agudo no equino adulto
Autoría
S.R.E.
Grao en Veterinaria
S.R.E.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
A ecografía abdominal consolidouse como unha ferramenta diagnóstica de gran utilidade na abordaxe do cólico equino agudo, ao permitir unha avaliación rápida, inmediata e non invasiva do tracto gastrointestinal e da cavidade abdominal. A través de protocolos sistematizados, facilita a identificación de achados fisiolóxicos e patolóxicos relevantes, como alteracións da motilidade, distensións, engrosamentos e desprazamentos, ou a presenza de líquido peritoneal. A súa integración co exame físico e outras probas diagnósticas reduce a incerteza clínica e contribúe a unha toma de decisións máis precisa no manexo do cólico equino agudo.

FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Titoría)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Titoría)
Tribunal
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Presidente/a)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Presidente/a)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Infeccións por piroplasmas en gando vacún do Macizo Central Ourensán
Autoría
P.R.R.
Grao en Veterinaria
P.R.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
A piroplasmose bovina é unha enfermidade parasitaria transmitida por carrachas causada por protozoos dos xéneros Babesia e Theileria, que afecta principalmente a ganderías semi extensivas e extensivas. Estas infeccións poden ser subclínicas ou dar lugar a cadros clínicos graves, causando perdas produtivas; algunhas especies teñen potencial zoonósico. Na provincia de Ourense, especialmente nas zonas de montaña do macizo central, predominan as pequenas explotacións en pastoreo, cunha elevada interacción entre o gando, o medio natural e os vectores artrópodos. A pesar destas condicións favorables para a transmisión de enfermidades vectoriais, a información dispoñible sobre piroplasmose bovina en Galicia é limitada. Por iso, realizouse un estudo transversal no que se incluiron 214 mostras de sangue procedentes de 11 explotacións bovinas localizadas nos concellos de Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Montederramo e A Pobra de Trives. A presencia de piroplasmas detectouse en 44 pooles mediante unha PCR do xene 18S ARNr de Babesia e Theileria. A identificación específica realizouse mediante a análise das secuencias. A ocorrencia individual estimouse mediante o índice mínimo de infección (MIR). Detectouse ADN de piroplasmas no 13,6 % do pooles analizados, procedentes de 3 das 11 explotacións incluídas no estudo. A ocorrencia individual foi moi baixa, cun MIR do 2,8 %. A identificación molecular revelou a presenza de Theileria orientalis en cinco pooles pertencentes a dúas explotacións, e de Babesia divergens nun único pool dunha terceira explotación, representando a primeira cita destas dúas especies en gando vacún de Galicia. Non se detectaron coinfeccións. Nas explotacións nas que se identificou T. orientalis, o veterinario indicou non ter observado animais con signos compatibles con piroplasmose, o que concorda co feito de que T. orientalis é unha especie pouco patóxena. Pola contra, na explotación na que se detectou B. divergens, o veterinario referiu a aparición recorrente de animais con clínica compatible con babesiose bovina. Non se observou unha asociación clara coa idade dos animais, aínda que os datos obtidos revelan que estes poden infectarse a unha idade moi temperán. Os resultados obtidos revelan unha baixa circulación de piroplasmas nos bovinos do interior de Ourense, que suxire a presenza de animais portadores con parasitemias baixas, pero esenciais na transmisión deste protozoo en zonas endémicas. Aínda que a ocorrencia estimada de B. divergens foi baixa, estes resultados teñen implicacións na saúde pública, pois esta especie considerase zoonósica. Os resultados obtidos poñen de manifesto a necesidade de ampliar os estudos epidemiolóxicos en Galicia, incorporando análises individuais e técnicas moleculares máis sensibles, co fin de mellorar o coñecemento da piroplasmose bovina e optimizar as estratexias de prevención e control nestes sistemas gandeiros.

LOPEZ SANDEZ, CEFERINO MANUEL (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
LOPEZ SANDEZ, CEFERINO MANUEL (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
Tribunal
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Presidente/a)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Presidente/a)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Unha fotografía do sector ovino de carne galego - Sistemas de manexo
Autoría
I.S.G.
Grao en Veterinaria
I.S.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
O gando ovino en pastoreo desempeña funcións que van máis aló do ámbito económico, contribuíndo á xestión do territorio e á conservación da biodiversidade. Con todo, o sector ovino atravesa unha tendencia decrecente en España e no conxunto europeo. En Galicia, a pesar da tradición da cría de ovino de carne e ao seu papel no aproveitamento de zonas de difícil manexo, trátase actualmente dun sector minoritario. O presente traballo ten como obxectivo ofrecer unha caracterización do sector ovino de carne en Galicia, analizando a súa estrutura e dinámica, o grao de profesionalización, os sistemas de manexo e as principais problemáticas percibidas polas persoas gandeiras. Para iso, utilizáronse os datos obtidos a partir de 28 enquisas realizadas a explotacións do sector. Dentro dos resultados obtidos do análisis do censo atopamos que existe un predominio de explotacións de pequeno tamaño e unha distribución desigual do censo de reprodutores. O grao de profesionalización baséase principalmente na experiencia práctica. En canto á organización e manexo do sistema produtivo, obsérvase unha elevada variabilidade entre explotacións e unha clara adaptación ás condicións territoriais. Así mesmo, o sector enfronta problemáticas de carácter estrutural, territorial e organizativo. En conxunto, os resultados evidencian a necesidade de profundar no estudo do sector ovino de carne en Galicia, como base para definir os principais condicionantes e as estratexias adecuadas para o seu desenvolvemento.

RICO GOMEZ, MARGARITA (Titoría)
Alibés Biosca, Joan Cotitoría
RICO GOMEZ, MARGARITA (Titoría)
Alibés Biosca, Joan Cotitoría
Tribunal
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Presidente/a)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Presidente/a)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Detección de anticorpos fronte a Cephenemyia spp. e Oestrus spp. en rebezos (Rupicapra spp.) de Castela e León
Autoría
A.S.H.
Grao en Veterinaria
A.S.H.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
Os oéstridos pertencentes aos xéneros Oestrus spp. e Cephenemyia spp. producen míases obrigadas que afectan ás cavidades nasal e farínxea dos ruminantes domésticos e silvestres. A visualización e posterior identificación morfolóxica das larvas constitúe o método de referencia para o diagnóstico destas míases; porén, pode resultar pouco sensible para a detección dos primeiros estadios larvarios. Por este motivo, a detección de anticorpos mediante técnicas serolóxicas resulta de gran utilidade para o estudo da súa epidemioloxía. Aínda que se considera que estas míases son relativamente frecuentes en animais domésticos e cérvidos, descoñécese a súa importancia noutras especies silvestres. O principal obxectivo desta investigación é determinar a seroprevalencia das míases nasofarínxeas producidas por Oestrus spp. e Cephenemyia spp. en rebezos (Rupicapra spp.) de Castela e León, así como o estudo dos factores de risco que poidan favorecer estas parasitacións. Para iso, analizáronse mediante dous protocolos de ELISA indirecto 120 mostras de soro procedentes de animais desta Comunidade Autónoma, e avaliáronse diversos factores de risco intrínsecos e extrínsecos na súa seroprevalencia mediante unha regresión lóxistica. Os resultados obtidos revelaron que ningún dos soros analizados presentaba anticorpos fronte a Oestrus spp. e que a seroprevalencia de Cephenemyia spp. foi baixa (5,8 %). Non se atoparon diferenzas significativas na seroprevalencia de Cephenemyia spp. para ningún dos factores de risco analizados (idade, sexo, zona de procedencia e período de mostraxe). A detección de anticorpos fronte a Cephenemyia spp. en rebezos non confirma a súa infección nin o seu papel como hospedadores competentes. As larvas inmaturas poderían xerar certa resposta inmune nos animais sen chegar a completar o seu desenvolvemento, ou mesmo podería tratarse de reaccións inespecíficas. Do mesmo xeito, aínda que estes ungulados puidesen actuar como hospedadores de Oestrus spp., a elevada altitude á que adoitan atoparse podería reducir a presión de infección. Por estes motivos, resulta necesaria a implantación de estudos de vixilancia epidemiolóxica en animais silvestres que inclúan a realización de necropsias para estudar a presenza de míases nasofarínxeas, xa que esta é a única maneira de confirmar a infección e determinar se estes ungulados poden actuar como hospedadores competentes.

REMESAR ALONSO, SUSANA (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
REMESAR ALONSO, SUSANA (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
Tribunal
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Presidente/a)
CASTRO CASTRO, DANIEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Presidente/a)
CASTRO CASTRO, DANIEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Carne de vacún Wagyu fronte á convencional: análise nutricional, tecnolóxica e de viabilidade en España.
Autoría
L.V.S.
Grao en Veterinaria
L.V.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
O sector carnico español esta a experimentar un proceso de adaptacion cara a modelos de producion baseados na diferenciacion, impulsados pola crecente demanda de carne con alto valor engadido, excelencia sensorial e un perfil nutricional mais saudable. Neste contexto, a raza bovina Wagyu, orixinaria de Xapon, esta a xurdir como unha alternativa estratexica. Esta revision bibliografica analiza comparativamente a carne de Wagyu fronte a carne doutras razas bovinas convencionais, desde unha dobre perspectiva de medicina veterinaria e tecnoloxia dos alimentos. Desde unha perspectiva veterinaria, e evidente que, ao contrario das razas bovinas europeas, nas que a deposicion de lipidos e predominantemente subcutanea, a carne de Wagyu permite unha infiltracion de graxa extrema, coñecida como marmorizacion, que se determina pola sobreexpresion do factor de transcricion PPARgamma e pola adipoxenese intramuscular sostida. Por outra banda, desde o punto de vista da tecnoloxia dos alimentos, a alta actividade da encima estearoil CoA desaturase favorece a conversion de acidos graxos saturados en acidos graxos monoinsaturados, especialmente o acido oleico, o cal reduce o punto de fusion da graxa a valores de 24 a 26 graos centigrados. Esta caracteristica da como resultado unha carne con maior suavidade, tenrura e un perfil aromatico distintivo, asociado a presenza de lactonas, asi como valores de palatabilidade mais altos e unha forza de corte Warner Bratzler mais baixa. Finalmente, a analise de viabilidade de producion indica que, ainda que a producion de Wagyu puro implica altos custos debido a ciclos de engorde prolongados de ata 30 meses e unha eficiencia de conversion de penso menor nas fases finais, os cruzamentos F1 industriais entre Wagyu e razas lacteas ou autoctonas representan a opcion mais rendible para o sector carnico español. Este modelo optimizaria os tempos de producion e proporcionaria acceso a mercados de alta gama, ofrecendo un produto diferenciado cun perfil lipidico mais saudable e unha experiencia sensorial diferente.

MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Titoría)