Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Filosofía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.filosofia [at] usc.es

A Facultade de Filosofía da USC vén impartindo dende fai máis de dúas décadas un programa de doutoramento que, se ben ten variado lixeiramente a súa denominación (Cuestións Actuais de Filosofía, Filosofía, Filosofía: Cuestións Actuais), ten como obxectivos fundamentais capacitar ao alumnado para a investigación e formar aos estudantes nas distintas cuestións candentes da filosofía contemporánea.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600498
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
Luis Modesto Garcia Soto

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
03/06/2022

Códigos ISCED:
(226) Filosofia y ética
(220) Humanidades
(0223) Filosofía y ética

A Facultade de Filosofía da USC vén impartindo dende fai máis de dúas décadas un programa de doutoramento que, se ben ten variado lixeiramente a súa denominación (Cuestións Actuais de Filosofía, Filosofía, Filosofía: Cuestións Actuais), ten como obxectivos fundamentais capacitar ao alumnado para a investigación e formar aos estudantes nas distintas cuestións candentes da filosofía contemporánea. É o único Programa en Filosofía que se ofrece no marco do Sistema Universitario Galego.
Aporta aos estudantes a posibilidade de cursar estudos universitarios en Filosofía a partir do Grao en Filosofía e do Máster Oficial en Filosofía que se oferta na Facultade de Filosofía da USC.
Nos últimos anos o número de teses defedidas, así como os proxectos de investigación que avalan as liñas de investigación ofertadas teñen sido axeitados e consistents, e teñen atendido a demanda existencial na eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.
Nos últimos anos levamos mantendo unha estreita colaboración con profesores de Filosofía da Universidade de Coimbra, tanto no plano docente, como investigador e de intercambios académicos. Por esta razón, incorpórase de xeito estable no programa unha catedrática da dita Universidade. Tamén incorpórase unha profesora da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, que ten demostrado un gran dinamismo investigador nunha das liñas do programa.
O Programa de Doutoramento previo (Filosofía: Cuestións Actuais) ten promovido o intercambio de profesores e doutorandos coa Universidade de Tenri (Japón). Na actualidade un estudante deste programa está a realizar a súa investigación na mencionada Universidade japonesa, sobre a obra dun filósofo japonés actual. A súa tese enmarcase na liña de investigación "Correntes Actuais da Filosofía" e relacionase cunha materia implantada no Grao denominada "Filosofías Orientais".
O Programa intégrase na Escola Internacional de Doutoramento da USC, de acordo co establecido no Regulamento dos Estudos de Doutoramento da USC, o que permitirá mellorar a súa eficiencia e xestión.

Este é o único Programa en Filosofía que se ofrece no marco do Sistema Universitario Galego. Aporta aos estudantes a posibilidade de cursar estudos universitarios en Filosofía a partir do Grao en Filosofía e do Máster Oficial en Filosofía que se oferta na Facultade de Filosofía da USC. Nos últimos anos o número de teses defendidas, así como os proxectos de investigación que avalan as liñas de investigación ofertadas teñen sido axeitados e consistentes, e teñen atendido a demanda existencial na eurorrexión Galicia e Norte de Portugal. Nos últimos anos mantívose unha estreita colaboración con profesores de Filosofía da Universidade de Coimbra, tanto no plano docente, como investigador e de intercambios académicos. Por esta razón, incorpórase de xeito estable no programa unha catedrática da dita Universidade. Tamén se incorpora profesorado da Universidade de Vigo. O Programa de Doutoramento previo (Filosofía: Cuestións Actuais) ten promovido o intercambio de profesores e doutorandos coa Universidade de Tenri (Xapón). O Programa intégrase na Escola Internacional de Doutoramento da USC, de acordo co establecido no Regulamento dos Estudos de Doutoramento da USC, o que permitirá mellorar a súa eficiencia e xestión.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudantado que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorandos/as.
De forma xeral, poderán acceder a este Programa de Doutoramento, sen necesidade de realizar complementos de formación, aqueles estudantes que o soliciten e que acrediten unha formación mínima previa a nivel de máster (por exemplo, en Filosofía, pertencente á área de Humanidades, e Antropoloxía Social, pertencente á área de Ciencias Sociais) nunha parte ou na totalidade dos seguintes contidos:
- Coñecementos dentro do ámbito da área de Filosofía.
- Coñecementos dentro da área de Filosofía Moral e Política.
- Coñecementos dentro da área de Antropoloxía Social.
Outros perfiles:
Considerarase como afíns ás liñas de investigación do programa os seguintes ámbitos de coñecemento recollidos no anexo I do RD 822/2021 polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade:
- Estudos de xénero e estudos feministas.
- Humanidades.
Tamén terán acceso ao programa sen cursar complementos formativos os estudantes co título de DEA obtido a través dos antigos programas de doutoramento das áreas de Filosofía, Antropoloxía Social, Filosofía Moral e Política e Lóxica, e Filosofía da Ciencia da USC.
No caso doutros perfís que non realizasen máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos ós dos másteres que dan acceso directo, que serán de 15 ECTS.
No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de maneira individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixirlles a estes alumnos a realización de complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS), vinculados á titulación do Máster en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía da USC.
Para calquera outro perfil a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos estudantes e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario. No caso de que o/a estudante careza da formación previa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación que estableza a Comisión Académica no tempo establecido pola normativa vixente. Estes complementos non poderán superar os 15 ECTS.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:
a)Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
b)Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c)Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d)Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
e)Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que
i) avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que
ii) puidese exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso. Con todo, en ningún caso esta carta/informe de viabilidade implicará a asignación previa do profesor(a) do programa como director/a antes de que se complete o proceso de baremación e selección de todos/as os candidatos/as. A CAPD aprobou un modelo de Informe de viabilidade que pon ao dispor daqueles estudantes que soliciten admisión e desexen recibilo, ademais de ser enviado ao profesorado do programa.
Ademais, dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, o candidato ou candidata debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de inglés equivalente ao nivel B2, non soamente por ser a lingua común de comunicación científica a nivel internacional na actualidade no ámbito de coñecemento da tese da senón porque parte dos cursos, tanto de formación específica como transversal así como diversas actividades do programa, poden realizarse neste idioma. O nivel de (idioma) acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo: https://www.usc.gal/gl/centro/centro-linguas-modernas/acreditacion-ling…
No caso dos estudantes estranxeiros de fala non castelá ou portuguesa, estes deberán acreditar no momento da admisión un nivel mínimo de coñecemento do galego ou o castelán equivalente ao nivel CELGA 3 ou DELE B2, respectivamente, e/o do idioma inglés nivel B2.

O programa de doutoramento poderase extinguir por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo estudantado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o estudantado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A universidade adoptará as medidas necesarias para garanti-los dereitos académicos do estudantado que estea cursando os ditos estudios nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudio, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Encontros internacionais de filosofía no Camiño de Santiago

  • E5041A01

Curso de introducción á metodoloxía da investigación en filosofía

  • E5041A02

Participación nas actividades da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía

  • E5041A03

Titorías personalizadas

  • E5041A04
Profesores Área
Marcelino Agis Villaverde
Filosofía
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Filosofía
Luis Modesto Garcia Soto
Filosofía Moral
Alejandro Sobrino Cerdeiriña
Lóxica e Filosofía da Ciencia
Carlos Alberto Pose Varela
Filosofía
Francisco Javier Barcia Gonzalez
Filosofía
Francisco Conde Soto
Filosofía
Oscar Parcero Oubiña
Filosofía
Fernando Julio Ponte Hernando
Historia da Ciencia
Javier De Donato Rodríguez
Lóxica e Filosofía da Ciencia
Profesores Área
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Filosofía
Martin Gonzalez Fernandez
Filosofía
Benito Arbaizar Gil
Filosofía
Ana Maria De La Concepcion Rabe
Filosofía
Profesores Área
Beatriz Fernandez Herrero
Filosofía Moral
Luis Modesto Garcia Soto
Filosofía Moral
Jesus Manuel Blanco Echauri
Filosofía Moral
Óscar Horta Alvarez
Filosofía Moral
Yolanda Martinez Suarez
Filosofía Moral
Francisco Javier Alcala Rodriguez
Filosofía
Etienne Helmer
Filosofía
Profesores Área
Marcelino Agis Villaverde
Filosofía
Maria Nieves Herrero Pérez
Antropoloxía Social
Guadalupe Jimenez Esquinas
Antropoloxía Social
Profesores Área
Profesores Área

A Facultade de Filosofía da USC vén impartindo dende fai máis de dúas décadas un programa de doutoramento que, se ben ten variado lixeiramente a súa denominación (Cuestións Actuais de Filosofía, Filosofía, Filosofía: Cuestións Actuais), ten como obxectivos fundamentais capacitar ao alumnado para a investigación e formar aos estudantes nas distintas cuestións candentes da filosofía contemporánea.

A Facultade de Filosofía da USC vén impartindo dende fai máis de dúas décadas un programa de doutoramento que, se ben ten variado lixeiramente a súa denominación (Cuestións Actuais de Filosofía, Filosofía, Filosofía: Cuestións Actuais), ten como obxectivos fundamentais capacitar ao alumnado para a investigación e formar aos estudantes nas distintas cuestións candentes da filosofía contemporánea. É o único Programa en Filosofía que se ofrece no marco do Sistema Universitario Galego.
Aporta aos estudantes a posibilidade de cursar estudos universitarios en Filosofía a partir do Grao en Filosofía e do Máster Oficial en Filosofía que se oferta na Facultade de Filosofía da USC.
Nos últimos anos o número de teses defedidas, así como os proxectos de investigación que avalan as liñas de investigación ofertadas teñen sido axeitados e consistents, e teñen atendido a demanda existencial na eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.
Nos últimos anos levamos mantendo unha estreita colaboración con profesores de Filosofía da Universidade de Coimbra, tanto no plano docente, como investigador e de intercambios académicos. Por esta razón, incorpórase de xeito estable no programa unha catedrática da dita Universidade. Tamén incorpórase unha profesora da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, que ten demostrado un gran dinamismo investigador nunha das liñas do programa.
O Programa de Doutoramento previo (Filosofía: Cuestións Actuais) ten promovido o intercambio de profesores e doutorandos coa Universidade de Tenri (Japón). Na actualidade un estudante deste programa está a realizar a súa investigación na mencionada Universidade japonesa, sobre a obra dun filósofo japonés actual. A súa tese enmarcase na liña de investigación "Correntes Actuais da Filosofía" e relacionase cunha materia implantada no Grao denominada "Filosofías Orientais".
O Programa intégrase na Escola Internacional de Doutoramento da USC, de acordo co establecido no Regulamento dos Estudos de Doutoramento da USC, o que permitirá mellorar a súa eficiencia e xestión.

- Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
- Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
- Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
- Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
- Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
- Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

  • Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
  • Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
  • Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
  • Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar
  • Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada
  • A crítica e defensa intelectual de solucións.

Outras competencias

  • Competencia na comunicación dos resultados das investigacións filosóficas realizadas tanto por escrito como oralmente (presentación de comunicacións a congresos, recensións para revistas, conferencias, etc.)
  • Competencia no manexo de novas tecnoloxías ao servizo da investigación filosófica (power point, excel, páxinas web, portafol electrónico, foros de discusión a través da rede, etc.)
  • Competencia en dinámicas de autoaprendizaxe dos temas filosóficos a través do manexo de ferramentas automatizadas de xestión bibliográfica, por exemplo Refworks
  • Competencia en educación en valores a través de cursos que desenvolvan os principios de respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz
  • Competencias investigadoras adquiridas a través do Programa GRADSchool de Formación Competencial para Investigadores

- Competencia en dinámicas de autoaprendizaxe dos temas filosóficos a través do manexo de ferramentas automatizadas de xestión bibliográfica, como por exemplo Refworks.
- Competencia na comunicación dos resultados das investigacións filosóficas realizadas tanto por escrito como oralmente (presentación de comunicacións a congresos, recensións para revistas, conferencias, etc.).
- Competencia no manexo de novas tecnoloxías ó servicio da investigación filosófica (power point, excel, páxinas web, portafolios electrónico, foros de discusión a través da rede, etc.)
- Competencia en educación en valores a través de cursos que desenvolvan os principios de respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
- Competencias investigadoras adquiridas a través do Programa GRADSchool de Formación Competencial para Investigadores.

O Programa de Doutoramento en Filosofía ofrece formación que permite a titulados cun Máster en Filosofía, ou titulacións equivalentes, adquirir a capacidade para traballar no ámbito da docencia no Ensino Medio e Universitaro, así como a investigación científica relacionada coas áreas de Filosofía, Filosofía Moral e Política e Antropoloxía Social. En calquera destas tres áreas de coñecemento, especialmente nas de Ética e Antropoloxía, cobra cada vez maior importancia a investigación aplicada a temas que teñen que ver con comités de ética, comisións de igualdade de xénero, aspectos do desenvolvemento e da educación en países en vías de desenvolvemento, cuestións de deontoloxía profesional, antropoloxía médica, etc.
O/A egresado/a do programa de doutoramento en Filosofía será un(a) investigador(a) con habilidades para liderar equipos de investigación de alto nivel, capaz de propoñer, realizar e levar a cabo investigacións e innovacións que conduzan á xeración de novos coñecementos nos campos da Filosofía, a Ética, a Antropoloxía Sociocultural e as súas potenciais aplicacións. Tamén conectará o traballo, a investigación e os resultados académicos cos intereses europeos, nacionais e rexionais que, desde unha base científica, satisfagan as necesidades e prioridades das institucións (educativas, sociosanitarias, culturais, etc.).
O/A egresado/a pode xerar desenvolvemento e innovación desde unha perspectiva que mellore a calidade de vida da sociedade. Os/as doutores/as do Programa en Filosofía traballan en centros de ensino públicos e privados, centros de investigación (CSIC, etc.), en universidades e, en institucións sociosanitarias nas que prestan asesoramento a temas aplicados en diversos comités de expertos. Os postos que se van desempeñar son, potencialmente:
•Profesores/as de Ensino Media en centros públicos e privados.
•Profesores /as Universitarios/as.
•Investigadores/as en Centros de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais (CSIC, etc.)
•Membros de comités de expertos (comités de ética hospitalaria, etc.)
•Investigadores/as Senior.
•Directivos/as e técnicos/as en empresas de xestión cultural.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social

Outros recursos:

• Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
• Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
• Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
• Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
Inxustiza estructural: coñecemento e poder 18/02/2026 Xiana Estévez Huete
O concepto de camiño (do) no pensamento xaponés: unha reconsideración do pensamento budista zen de D. T. Suzuki Mención doutoramento internacional 23/02/2026 Frederico Duarte Oliveira Marcelino Agis Villaverde
Yoshitsugu Sawai

Coordinador/a
Luis Modesto Garcia Soto

Secretario/a
Carlos Alberto Pose Varela

Vogais
Maria Nieves Herrero Pérez
Oscar Parcero Oubiña
Marcelino Agis Villaverde
Beatriz Fernandez Herrero

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

34,29

19,44

3,23

18,92

5,56

Duración media

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

3,8936

4,1886

3,7836

4,1408

3,9452

3,4493

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

4,3315

4,01

4,4183

5,1342

5,3377

-

Satisfacción

ID-46
Grao de satisfacción dos/as egresados/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as egresados/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

3,0

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,5

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

3,67

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

7,0

9,0

5,0

7,0

6,0

3,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

60,0

100,0

33,33

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

40,0

0,0

16,67

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

50,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

1,0

2,0

2,0

3,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

5,0

8,0

3,0

5,0

3,0

3,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

2,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

Prórrogas

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

28,57

33,33

40,0

14,29

83,33

100,0

ID-41
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a primeira prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese cu prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

0,0

ID-42
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a segunda prórroga

Relación porcentual entre o número de estudantes que defenden a tese con dúas prórrogas e o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

33,33

Mencións

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

85,71

77,78

100,0

71,43

66,67

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

0,0

0,0

42,86

0,0

0,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

10,0

10,0

10,0

10,0

12,0

12,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

110,0

110,0

160,0

180,0

191,67

200,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

10,0

9,0

10,0

9,0

10,0

11,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

45,0

49,0

43,0

43,0

41,0

47,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

55,56

50,0

44,44

40,0

72,73

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

30,0

11,11

30,0

0,0

10,0

27,27

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,0

11,11

30,0

0,0

10,0

27,27

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

0,0

10,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

17,78

14,29

25,58

25,58

29,27

29,79

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,44

4,08

9,3

9,3

14,63

17,02

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

51,11

51,02

55,81

55,81

48,78

57,45

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

17,78

16,33

13,95

13,95

17,07

19,15

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

31,11

32,65

30,23

25,58

29,27

23,4

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,35

12,0

8,33

8,33

0,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

4,17

8,33

5,0

3,7

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,75

16,67

20,83

20,83

20,0

29,63

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,4286

0,2222

0,0

0,4286

0,5

0,6667

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

31,0

34,0

31,0

32,0

36,0

39,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,3846

2,4286

2,5833

2,4615

2,5714

2,7857

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,31

85,71

91,67

92,31

92,86

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

69,23

50,0

75,0

69,23

71,43

85,71

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,33

11,76

5,26

10,0

11,76

13,64

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

9,52

8,0

23,08

17,05

6,67

22,22

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2025.