Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Medicina Molecular

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.medicinamolecular [at] usc.es

O programa pretende continuar coa formación de calidade de investigadores no ámbito das bases moleculares das enfermidades humanas. A investigación en saúde humana é un eixe prioritario dos distintos programas de xestión do coñecemento e a innovación, tanto no ámbito autonómico, como estatal e europeo.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600507
Número prazas: 40

Coordinador-a do título:
Pablo Aguiar Fernandez
pablo.aguiar [at] usc.gal

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
22/06/2021

Códigos ISCED:
(721) Medicina
(0912) Medicina

Nesta actualización do programa, proponse continuar coa formación de calidade de investigadores no ámbito das bases moleculares das enfermidades humanas e o desenvolvemento das metodoloxías e tecnoloxías asociadas ao seu estudo. A investigación en saúde humana é un eixo prioritario dos distintos programas de xestión do coñecemento e a innovación, tanto no ámbito autonómico, como estatal e europeo. En particular, o estudo das bases celulares, moleculares e xenéticas das enfermidades humanas é un dos campos que experimentaron unha expansión máis forte nos últimos anos.
Estes estudos son unha fonte constante de información relevante para o coñecemento das patoloxías humanas, contribuíndo decisivamente á mellora en diagnóstico, prognóstico e tratamento, aspectos todos que se beneficiaron directamente da irrupción das técnicas moleculares na medicina. Así pois, existe unha elevada necesidade de formar investigadores cualificados nestes ámbitos, que nutran os ámbitos académico, sanitario e biotecnolóxico.
O programa continúa pois co principal obxectivo formar, cunha formación investigadora de calidade baixo estándares internacionais, estudantes para que realicen unha tese doutoral no estudo das bases moleculares das enfermidades humanas, nunha contorna de investigación básica e traslacional de excelencia científica.

O estudo das bases celulares, moleculares e xenéticas das enfermidades humanas é un dos campos que experimentaron unha expansión máis forte nos últimos anos. Estes estudos son unha fonte constante de información relevante para o coñecemento das patoloxías humanas, contribuíndo decisivamente a mellora en diagnóstico, prognóstico e tratamento, aspectos todos que se beneficiaron directamente da irrupción das técnicas moleculares na medicina. Así pois, existe unha elevada necesidade de formar investigadores cualificados nestes ámbitos, que nutran os ámbitos académico, sanitario e biotecnolóxico. O principal obxectivo é formar, cunha formación investigadora de calidade baixo estándares internacionais, estudantes para que realicen unha tese doutoral no estudo das bases moleculares das enfermidades humanas, nunha contorna de investigación básica e translacional de excelencia científica.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudante que desexa acceder ao programa de Medicina Molecular e, como consecuencia, as titulacións de acceso máis idóneas e que determinan a admisión e, no seu caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorando/as.
O perfil de ingreso recomendado é o de alumnado que cursase un título de Grao e Máster dos seguintes ámbitos de coñecemento (segundo a clasificación do RD 822/2021 polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade).

• Bioloxía e Xenética
• Bioquímica e biotecnoloxía
• Ciencias biomédicas
• Farmacia
• Medicina e odontoloxía
• Química

De forma xeral, enumeramos algúns estudos de Máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación, que serán Investigación Biomédica (P2061), Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (P2101), Neurociencia (P2012) e Biotecnoloxía (P1022). Para outras titulacións de acceso, a CAPD avaliará de forma individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixir aos alumnos complementos de formación (como máximo ata 15 créditos) de entre as materias ofertadas polo #Máster de Investigación Biomédica.. Tamén terán no programa acceso sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos Programas da USC (Medicina Molecular, Ciencias Forenses e Patoloxía, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Interuniversitario en Endocrinoloxía e Bioloxía Celular).

No caso doutro tipo de perfís de acceso diferente, a CAPD avaliará de forma individualizada cada caso.

Os alumnos deberán acreditar un coñecemento de lingua inglesa de NIVEL B1 do Marco Común Europeo de Referencia sobre Coñecemento de Linguas, ou equivalente.

Alumnos con titulacións estranxeiras
Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de #máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos.

Deste xeito, os estudantes con título estranxeiro sen homologar requirirán para a plena validez da súa matrícula unha resolución de equivalencia outorgada polo reitor, logo de emitidos os informes que regulamentariamente se establezan, na que se indicará a denominación do título estranxeiro e o seu recoñecemento para os efectos de cursar estes estudos. A equivalencia deberá solicitarse dentro do prazo que se estableza, acompañando o título con base ao cal se desexa acceder aos estudos de terceiro ciclo e un certificado académico dos mencionados estudos, no que consten as materias e períodos académicos cursados e de que o título dá acceso no seu país aos estudos de doutoramento. Todo o anterior presentarase debidamente legalizado (orixinais e fotocopias para a súa cotexo ou fotocopias autenticadas polos servizos consulares ou embaixadas españolas).

No caso de non ser o idioma de orixe o castelán deberase acompañar tamén unha tradución legalizada da documentación anteriormente citada. Na solicitude de admisión do alumnado tamén se incluirá a posibilidade de realizar simultaneamente a solicitude de equivalencia, en caso necesario. A CAPD valorará a adecuación académica dos estudos cursados polo solicitante, tendo que figurar esta circunstancia na proposta de admitidos no programa. As resolucións de equivalencia constarán no expediente do alumno e poderán certificarse como calquera outro extremo do mesmo. Poderase contemplar que os informes emitidos para situacións semellantes sirvan como precedentes. Nestes casos non será necesario a realización de novos informes. O alumnado poderá matricularse sen esperar a resolución de equivalencia, pero a validez da súa matrícula quedará condicionada a esta declaración.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
e) Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que
i) avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que
ii) puidese exercer como persoa directora, en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.
Tamén é requisito obrigatorio acreditar competencias mínimas lingüísticas en galego ou castelán ou en inglés, que permita unha mínima comunicación do doutorando coa súa contorna. Ademais, dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, o candidato ou candidata debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de inglés equivalente ao nivel B1, non soamente por ser a lingua común de comunicación científica a nivel internacional na actualidade no ámbito de coñecemento da tese, senón porque parte dos cursos, tanto de formación específica como transversal así como diversas actividades do programa, poden realizarse neste idioma. O nivel acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo: https://www.usc.gal/gl/centro/centro-linguas-modernas/acreditacion-ling…

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Asistencia a seminarios de investigación

  • E2101A01

Impartición dun seminario de investigación

  • E2101A02

Actividades de investigación

  • E2101A03
Profesores Área
Jose Manuel Martinez Costas
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Juan Bautista Zalvide Torrente
Fisioloxía
Celia Maria Pombo Ramos
Fisioloxía
Rubén Varela Calviño
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Ricardo Lage Fernandez
Bioquímica e Bioloxía Molecular
M. Francisca Lago Paz
Escola de Doutoramento Internacional
Iria Maria Gomez Touriño
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Tomás Sobrino Moreiras
Sen Denominación
Rodolfo Gómez Vaamonde
Escola de Doutoramento Internacional
Sonia Eiras Penas
Escola de Doutoramento Internacional
Jesus Rodriguez Requena
Medicina
Carmen Conde Muro
Escola de Doutoramento Internacional
Antonio González Martínez-Pedrayo
Escola de Doutoramento Internacional
Oreste Gualillo
Escola de Doutoramento Internacional
Miguel Ángel García González
Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)
Diana Guallar Artal
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Marta Maria Varela Rey
Escola de Doutoramento Internacional
Ricardo Villa Bellosta
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Profesores Área
Victor Manuel Arce Vazquez
Fisioloxía
Maximo Francisco Fraga Rodriguez
Anatomía Patolóxica
Tomas M. M. Garcia-Caballero Parada
Histoloxía
Jose Manuel Castro Tubio
Xenética
Jose Antonio Costoya Puente
Fisioloxía
Anxo Vidal Figueroa
Fisioloxía
Miguel González Blanco
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Rafael Lopez Lopez
Escola de Doutoramento Internacional
María Del Carmen Rivas Vázquez
Escola de Doutoramento Internacional
Miguel Abal Posada
Escola de Doutoramento Internacional
Miguel Angel Fidalgo Perez
Fisioloxía
Maria Lourdes Dominguez Gerpe
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Ihab Abdulkader Nallib
Anatomía Patolóxica
Manuel Collado Rodríguez
Escola de Doutoramento Internacional
Sabela Da Silva Alvarez
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Profesores Área
Maria Victoria Lareu Huidobro
Medicina Legal e Forense
Angel Maria Carracedo Alvarez
Medicina Legal e Forense
Antonio Salas Ellacuriaga
Medicina Legal e Forense
Julio Manuel Maside Rodriguez
Medicina Legal e Forense
Javier Costas Costas
Escola de Doutoramento Internacional
Ana Paula Vega Gliemmo
Escola de Doutoramento Internacional
Clara María Ruiz Ponte
Escola de Doutoramento Internacional
M. Jose Brion Martinez
Escola de Doutoramento Internacional
Aurora Gomez Duran
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Francisco Barros Angueira
Escola de Doutoramento Internacional
M. Lourdes Loidi Fernandez De Troconi
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
María Jesús Giráldez Fernández
Óptica
Eva Yebra-Pimentel Vilar
Óptica
Francisco Javier Salgado Castro
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Maria De Los Angeles Castro Perez
Farmacoloxía
Angel Garcia Alonso
Farmacoloxía
Yolanda Prezado Alonso
Escola de Doutoramento Internacional
Hugo Pena Verdeal
Optometría
Pablo Aguiar Fernandez
Radioloxía e Medicina Física

O principal obxectivo é formar, cunha formación investigadora de calidade baixo estándares internacionais, estudantes para que realicen unha tese doutoral no estudo das bases moleculares das enfermidades humanas, nunha contorna de investigación básica e traslacional de excelencia científica.

Nesta actualización do programa, proponse continuar coa formación de calidade de investigadores no ámbito das bases moleculares das enfermidades humanas e o desenvolvemento das metodoloxías e tecnoloxías asociadas ao seu estudo. A investigación en saúde humana é un eixo prioritario dos distintos programas de xestión do coñecemento e a innovación, tanto no ámbito autonómico, como estatal e europeo. En particular, o estudo das bases celulares, moleculares e xenéticas das enfermidades humanas é un dos campos que experimentaron unha expansión máis forte nos últimos anos.
Estes estudos son unha fonte constante de información relevante para o coñecemento das patoloxías humanas, contribuíndo decisivamente á mellora en diagnóstico, prognóstico e tratamento, aspectos todos que se beneficiaron directamente da irrupción das técnicas moleculares na medicina. Así pois, existe unha elevada necesidade de formar investigadores cualificados nestes ámbitos, que nutran os ámbitos académico, sanitario e biotecnolóxico.
O programa continúa pois co principal obxectivo formar, cunha formación investigadora de calidade baixo estándares internacionais, estudantes para que realicen unha tese doutoral no estudo das bases moleculares das enfermidades humanas, nunha contorna de investigación básica e traslacional de excelencia científica.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
• Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

Outras competencias

  • CE01. Desenvolver un traballo de investigación de calidade segundo estándares internacionais nalgunha das liñas de investigación do Programa.
  • CG02. Ser capaz de expresarse e comunicarse con eficacia mediante o uso do inglés científico, tanto escrito como falado.
  • CG03. Presentar e defender o traballo de investigación propio ante un público experto, tanto en español como en inglés.
  • CE04. Manexar as técnicas cualitativas e cuantitativas necesarias para o deseño de experimentos no ámbito da Medicina Molecular.
  • CG05. Coñecer en detalle a fronteira do coñecemento no ámbito de realización da Tese Doutoral e ser capaz de identificar os principais retos de investigación dentro do mesmo.
  • CG06. Ser capaz de divulgar a propia investigación en publicacións referenciadas a nivel internacional

CE01- Desenvolver un traballo de investigación de calidade segundo estándares internacionais nalgunha das liñas de investigación do Programa.
CG02- Ser capaz de expresarse e comunicarse con eficacia mediante o uso do inglés científico, tanto escrito como falado.
CG03- Presentar e defender o traballo de investigación propio ante un público experto, tanto en español como en inglés.
CE04- Manexar as técnicas cualitativas e cuantitativas necesarias para o deseño de experimentos no ámbito da Medicina Molecular.
CG05- Coñecer en detalle a fronteira do coñecemento no ámbito de realización da Tese Doutoral e ser capaz de identificar os principais retos de investigación dentro do mesmo.
CG06- Ser capaz de divulgar a propia investigación en publicacións referenciadas a nivel internacional

O perfil dos doutores formados neste programa alíñase con capacidades no ámbito da investigación biomédica, e altas competencias no manexo de tecnoloxía avanzada en bioloxía molecular e tecnoloxía de apoio á investigación biomédica. As saídas profesionais dos egresados céntranse nos seguintes puntos:
· Perfil de excelencia en investigación, o egresado terá un perfil adecuado para acceder a un contrato posdoctoral con altas probabilidades de éxito, que lle vai a permitir completar a súa formación para poder chegar a liderar a súa propia liña de investigación.
· Competencias adecuadas en biomedicina, o egresado terá un perfil adecuado para o manexo de metodoloxías en bioloxía molecular e tecnoloxías de apoio en investigación biomédica, de gran interese para o sector biotecnolóxico, crecente nos últimos anos na nosa contorna.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

• Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
• Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
• Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
• Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Pablo Aguiar Fernandez

Secretario/a
Tomás Sobrino Moreiras

Vogais
Jose Antonio Costoya Puente
Jose Manuel Martinez Costas
Eva Yebra-Pimentel Vilar
Miguel Ángel García González
Victor Manuel Arce Vazquez
Aurora Gomez Duran
Ricardo Villa Bellosta
Julio Manuel Maside Rodriguez
Miguel Ángel García González

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

23,01

22,14

4,62

5,88

6,2

4,32

Duración media

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

4,7039

4,8986

4,4672

4,8295

4,4861

4,7811

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

4,705

5,037

4,4022

4,3367

4,5105

Satisfacción

ID-46
Grao de satisfacción dos/as egresados/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as egresados/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

3,33

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

3,0

ID-48
Grao de satisfacción do Estudantado de 3º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos estudantado de terceiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

3,71

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,06

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

13,0

10,0

26,0

17,0

32,0

22,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

90,0

96,15

88,24

75,0

86,36

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

10,0

3,85

11,76

3,13

4,55

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

21,88

9,09

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

1,0

0,0

0,0

2,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

7,0

4,0

14,0

8,0

15,0

11,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

6,0

5,0

12,0

9,0

15,0

11,0

Prórrogas

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

5,88

81,25

100,0

ID-41
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a primeira prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese cu prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

13,64

ID-42
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a segunda prórroga

Relación porcentual entre o número de estudantes que defenden a tese con dúas prórrogas e o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

86,36

Mencións

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,31

90,0

96,15

100,0

90,63

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

53,85

60,0

57,69

58,82

46,88

54,55

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

40,0

40,0

40,0

40,0

40,0

40,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

77,5

85,0

132,5

130,0

132,5

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

33,0

27,0

27,0

37,0

41,0

40,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

141,0

147,0

154,0

156,0

170,0

179,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

69,7

62,96

92,59

70,27

82,93

85,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

9,09

22,22

29,63

45,95

24,39

50,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,06

14,81

25,93

37,84

14,63

40,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,03

7,41

3,7

8,11

9,76

10,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,51

8,84

8,44

10,26

11,18

11,73

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,55

4,08

3,9

5,77

5,29

5,59

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,06

3,7

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

72,34

74,83

74,68

73,72

77,65

75,98

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,89

12,93

12,34

12,18

11,76

12,29

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,77

12,24

12,34

14,1

10,59

11,73

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,84

9,09

21,74

0,0

0,76

5,88

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,92

0,91

4,35

2,61

2,27

2,21

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

27,45

32,73

26,09

40,87

36,36

40,44

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,8462

0,8

0,6154

0,7059

0,75

0,7727

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

91,0

83,0

88,0

94,0

104,0

99,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

4,3333

3,7727

3,6667

3,76

3,8519

3,96

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

90,91

87,5

92,0

92,59

92,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

90,48

81,82

83,33

88,0

85,19

80,0

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,22

3,3

3,19

3,88

4,55

4,31

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,56

20,69

12,68

16,93

10,61

14,04

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.