Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Dereito

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.dereito [at] usc.es

O Programa de Doutoramento en Dereito é unha proposta sólida, ambiciosa e con vocación de futuro, que aglutina practicamente todas as ramas do Dereito. Esta opción fuxiu, ademais, dunha atomización de liñas de investigación en aras da consolidación de múltiples perspectivas en sete grandes liñas que permiten dotar a esta etapa formativa dun enfoque superador da división en áreas de coñecemento favorecendo sinerxías entre grupos e que tamén permite a suma de masa crítica e a exhibición duns resultados científicos solventes.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600520
Número prazas: 15

Coordinador-a do título:
Luis Miguez Macho
luis.miguez [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
24/05/2021

Códigos ISCED:
(380) Derecho
(0421) Derecho

Este programa de doutoramento implantouse no curso académico 2013/2014, co obxectivo de formular unha oferta de formación doutoral con vocación de permanencia indefinida no tempo que aglutine practicamente todas as ramas do Dereito.
A proposta fuxía, ademais, dunha atomización de liñas de investigación para a consolidación de múltiples perspectivas en sete grandes liñas que permitan dotar esta etapa formativa dun enfoque superador da división en áreas de coñecemento, favorecendo sinerxías entre grupos de investigación. Esta opción integradora permite a suma de masa crítica e a exhibición de resultados científicos altamente solventes. Así, o programa ven avalado non só por un importante apoio financeiro, captado en convocatorias competitivas de distinto ámbito (autonómico, nacional e internacional), senón, quizais o máis importante, por unha traxectoria dos docentes e grupos que o integran que acredita que tal recoñecemento académico, científico e financeiro non é pasaxeiro, pois ten raíces asentadas e unha sólida traxectoria.
Sobre estas bases, conseguíuse consolidar un programa de doutoramento en Dereito que opta por sumar en lugar de dividir; por eliminar a competencia dentro da institución responsable para poder competir con máis forza en relación cos programas doutras institucións que se dirixan a persoas de perfil similar. Ao tratarse do único programa de doutoramento en Dereito que ofrece a Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese académico está fóra de dúbida, pois, de non existir, esta Universidade non ofrecería estudos de doutoramento no ámbito do coñecemento que nos ocupa, co que non se daría continuidade á formación impartida nos niveis de grao e de máster en Dereito. Unha evidencia do interese que presenta é a alta demanda de ingreso no programa, que se mantivo sempre por riba do dobre do número de prazas ofertadas.
A memoria do programa só experimentou unha modificación substancial, que foi aprobada no curso 2018/2019 e empezouse a aplicar no curso académico 2019/2020. Esa modificación foi froito da experiencia na xestión do programa e afecta aos cinco aspectos seguintes:
- Supresión das avales académicas como criterio de selección dos candidatos á admisión no programa.
- Adaptación dos criterios adicionais de calidade que se exixían para autorizar a defensa das teses doutorais.
- Redución do número dos seminarios formativos de carácter obrigatorio, para facilitar a participación dos doutorandos non residentes no ámbito xeográfico máis próximo a Santiago de Compostela.
- Ampliación do número de profesores do programa.
- Supresión da esixencia dun número mínimo de teses con mención internacional, por non resultar necesaria para garantir a internacionalización do programa.
A pesar de que eses cambios teñen producido efectos positivos no funcionamento do programa de doutoramento, son necesarios axustes adicionais da memoria do título que se introducen na presente modificación substancial:
- Incrementar a oferta de prazas de novo ingreso de quince a vinte.
- Establecer criterios específicos de admisión para os candidatos con dedicación a tempo parcial ou mixto.
- Revisar actividades formativas do programa, para adaptalas á capacidade organizativa deste e ás especificidades da investigación xurídica, así como para incorporar como actividade formativa voluntaria as prácticas profesionais externas.
- Revisar a configuración das liñas de investigación do programa.
- Levar a cabo unha revisión do profesorado do programa para actualizalo e ampliarlo, co fin de facer fronte ao incremento da oferta de prazas.

O programa vén avalado non só pola actualidade dun apoio financeiro importante, captado en convocatorias competitivas de distinto ámbito (autonómico, nacional e internacional), senón, quizá o máis importante, por unha traxectoria dos docentes e grupos que o integran que acredita que tal recoñecemento académico, científico e financeiro non é pasaxeiro, senón que ten asentadas raíces e unha sólida traxectoria.

As sete liñas de investigación son idóneas para realizar traballos de investigación de corte puramente académico ou máis próximo á práctica xurídica de cada día. A Comisión Académica do Programa coidará de que se realicen teses en ambas vías e procurará a máxima difusión daquelas que teñan especial conexión coa empresa, a Administración e o mercado. Desde o punto de vista metodolóxico, o propósito deste Programa é atender adecuadamente non só ao produto final obtido polo doutorado (a tese), senón sobre todo ao proceso (ensino/aprendizaxe do que é a investigación xurídica), convencidos de que as competencias e habilidades adquiridas durante o mencionado proceso capacitarán ao futuro doutor para unha gran variedade de saídas profesionais.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudante que desexe acceder a este programa e, como consecuencia, os títulos de acceso ao programa máis axeitados e que determinan a admisión e, no seu caso, a necesidade ou non de realizar complementos formativos por parte do alumnado.
Acceden ao programa de xeito directo, sen necesidade de complementos de formación, os títulos do ámbito de coñecemento #Dereito e especialidades xurídicas# (anexo I do Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro, no que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade) e os seus equivalentes noutros sistemas universitarios distintos ao español.
Tamén darán acceso ao programa as titulacións dos seguintes ámbitos do coñecemento (e os seus equivalentes noutros sistemas universitarios distintos ao español): #Ciencias económicas, administración e xestión de empresas, mercadotecnia, comercio, contabilidade e turismo#; #Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais#; #Xornalismo, comunicación, publicidade e relacións públicas# (anexo I do Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro). Nestes casos, a Comisión académica do programa de doutoramento poderá esixir ao alumnado a realización de complementos de formación de acordo co previsto no apartado 3.4.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento. Estes son:
1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario posuír os títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster Universitario ou equivalente, sempre que se teñan superado, como mínimo, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope en algunha das seguintes situacións:
a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se teñan superado, como mínimo, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do Marco Europeo de Cualificacións sempre que dito título habilite para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición do mesmo. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homoloxación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento con outros efectos que non sexa o acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade de súa homoloxación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de Máster universitario e que capacita no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homoloxación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento con outros efectos que non sexa o acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de Doutora ou Doutor.
e) Igualmente poderán acceder os titulados universitarios que, previo obtemento de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, teñan superado con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutorado a presentación dun informe por parte da persoa candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) se comprometa a exercer como persoa directora da tese en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

Que non supere o proceso de continuidade da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao amparo dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que se produza calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Conlevará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matrícula novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso, todo o estudantado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias en relación co desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do estudantado que estea cursando ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudos, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Xornada sobre a integridade e a ética na investigación

  • E3031A01

Seminario sobre a busca de información destinada á investigación xurídica

  • E3031A02

Seminario de redacción de textos de investigación xurídicos

  • E3031A03

Seminario sobre Integridade e ética na investigación

  • E3031A04

Seminario sobre redacción científica: aspectos estilísticos e editoriais

  • E3031A05

Seminario sobre metodoloxía da investigación xurídica

  • E3031A06

Prácticas profesionais externas

  • E3031A07

Estancias de investigación

  • E3031A08

No caso doutro tipo de perfís diferentes dos indicados, a CAPD avaliará de xeito individualizado cada caso, coa posibilidade de esixirlles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS) en materias ou módulos de grao/máster de contido predominantemente xurídico.

Profesores Área
Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz
Filosofía do Dereito
Roberto Luis Blanco Valdes
Dereito Constitucional
Maria Lourdes Noya Ferreiro
Dereito Procesual
Carlos Ruiz Miguel
Dereito Constitucional
Jose Julio Fernandez Rodriguez
Dereito Constitucional
Miguel Abel Souto
Dereito Penal
Ana Maria Gude Fernandez
Dereito Constitucional
Pedro Ortego Gil
Historia do Dereito e das Institucións
Maria Teresa Bouzada Gil
Historia do Dereito e das Institucións
Fernando Antonio Vazquez-Portomeñe Seijas
Dereito Penal
Manuel Segura Ortega
Filosofía do Dereito
Milagros María Otero Parga
Filosofía do Dereito
Santiago Bernardo Brage Cendan
Dereito Penal
Sonia Esperanza Rodríguez Boente
Filosofía do Dereito
Vicente Antonio Sanjurjo Rivo
Dereito Constitucional
Gumersindo Guinarte Cabada
Dereito Penal
Ana Rodriguez Alvarez
Dereito Procesual
Maria Begoña Lopez Portas
Dereito Constitucional
Maria De Los Angeles Catalina Benavente
Dereito Procesual
Profesores Área
Antonio Javier Ferreira Fernandez
Dereito Administrativo
María Da Alba Nogueira López
Dereito Administrativo
Maria Teresa Carballeira Rivera
Dereito Administrativo
Marcos Almeida Cerreda
Dereito Administrativo
Luis Miguez Macho
Dereito Administrativo
Andrea Garrido Juncal
Dereito Administrativo
Diana Santiago Iglesias
Dereito Administrativo
Profesores Área
Bernardino Varela Gomez
Dereito Procesual
Maria Lourdes Noya Ferreiro
Dereito Procesual
Maria Lourdes Miron Redondo
Psicoloxía Social
Angel Garcia Vidal
Dereito Mercantil
Lourdes Mella Mendez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Milagros María Otero Parga
Filosofía do Dereito
Isabel Espin Alba
Dereito Civil
Raquel Castillejo Manzanares
Dereito Procesual
Maria De Los Angeles Catalina Benavente
Dereito Procesual
Profesores Área
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Dereito Civil
Ana Diaz Martinez
Dereito Civil
Angel Luis Rebolledo Varela
Dereito Civil
Marta Carballo Fidalgo
Dereito Civil
Santiago Alvarez Gonzalez
Dereito Internacional Privado
Maria Paz Garcia Rubio
Dereito Civil
Marta Requejo Isidro
Dereito Internacional Privado
María Belén Trigo García
Dereito Civil
Javier Maseda Rodríguez
Dereito Internacional Privado
Antonia Nieto Alonso
Dereito Civil
Ana Maria Gonzalez Bustelo
Dereito Romano
Javier Lete Achirica
Dereito Civil
Marta Otero Crespo
Dereito Civil
Margarita Cristina Herrero Oviedo
Dereito Civil
Marta Madriñan Vazquez
Dereito Civil
Profesores Área
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Dereito Civil
Ana Diaz Martinez
Dereito Civil
Angel Luis Rebolledo Varela
Dereito Civil
Marta Carballo Fidalgo
Dereito Civil
Santiago Alvarez Gonzalez
Dereito Internacional Privado
Maria Paz Garcia Rubio
Dereito Civil
Marta Requejo Isidro
Dereito Internacional Privado
María Belén Trigo García
Dereito Civil
Javier Maseda Rodríguez
Dereito Internacional Privado
Antonia Nieto Alonso
Dereito Civil
Raquel Castillejo Manzanares
Dereito Procesual
Marta Otero Crespo
Dereito Civil
Margarita Cristina Herrero Oviedo
Dereito Civil
Marta Madriñan Vazquez
Dereito Civil
Profesores Área
Maria Pilar Bello Martin-Crespo
Dereito Mercantil
Maria Consuelo Ferreiro Regueiro
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Francisco Javier Garate Castro
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Jose Caamaño Alegre
Economía Aplicada
Juan Jose Nieto Montero
Dereito Financeiro e Tributario
María Begoña Villaverde Gómez
Dereito Financeiro e Tributario
Angel Garcia Vidal
Dereito Mercantil
Yolanda Maneiro Vazquez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Lourdes Mella Mendez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Cesar Garcia Novoa
Dereito Financeiro e Tributario
Antonio Lopez Diaz
Dereito Financeiro e Tributario
Isabel Espin Alba
Dereito Civil
Jose Manuel Iglesias Casais
Dereito Financeiro e Tributario
Maria Del Mar Maroño Gargallo
Dereito Mercantil
Francisco Javier Framiñan Santas
Dereito Mercantil
Jose Maria Miranda Boto
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Profesores Área
Maria Isabel Lirola Delgado
Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Maria Irene Rodriguez Manzano
Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Carlos Ruiz Miguel
Dereito Constitucional
Miguel Enrique Arenas Meza
Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Juan Jose Nieto Montero
Dereito Financeiro e Tributario
María Begoña Villaverde Gómez
Dereito Financeiro e Tributario
Julio Jorge Urbina
Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Cesar Garcia Novoa
Dereito Financeiro e Tributario
Luz Maria Ruibal Pereira
Dereito Financeiro e Tributario
Antonio Lopez Diaz
Dereito Financeiro e Tributario
Jose Manuel Iglesias Casais
Dereito Financeiro e Tributario
Jose Maria Miranda Boto
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área

Este programa de doutoramento implantouse no curso académico 2013/2014, co obxectivo de formular unha oferta de formación doutoral con vocación de permanencia indefinida no tempo que aglutine practicamente todas as ramas do Dereito.
A proposta fuxía, ademais, dunha atomización de liñas de investigación para a consolidación de múltiples perspectivas en sete grandes liñas que permitan dotar esta etapa formativa dun enfoque superador da división en áreas de coñecemento, favorecendo sinerxías entre grupos de investigación. Esta opción integradora permite a suma de masa crítica e a exhibición de resultados científicos altamente solventes. Así, o programa ven avalado non só por un importante apoio financeiro, captado en convocatorias competitivas de distinto ámbito (autonómico, nacional e internacional), senón, quizais o máis importante, por unha traxectoria dos docentes e grupos que o integran que acredita que tal recoñecemento académico, científico e financeiro non é pasaxeiro, pois ten raíces asentadas e unha sólida traxectoria.
Sobre estas bases, conseguíuse consolidar un programa de doutoramento en Dereito que opta por sumar en lugar de dividir; por eliminar a competencia dentro da institución responsable para poder competir con máis forza en relación cos programas doutras institucións que se dirixan a persoas de perfil similar. Ao tratarse do único programa de doutoramento en Dereito que ofrece a Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese académico está fóra de dúbida, pois, de non existir, esta Universidade non ofrecería estudos de doutoramento no ámbito do coñecemento que nos ocupa, co que non se daría continuidade á formación impartida nos niveis de grao e de máster en Dereito. Unha evidencia do interese que presenta é a alta demanda de ingreso no programa, que se mantivo sempre por riba do dobre do número de prazas ofertadas.
A memoria do programa só experimentou unha modificación substancial, que foi aprobada no curso 2018/2019 e empezouse a aplicar no curso académico 2019/2020. Esa modificación foi froito da experiencia na xestión do programa e afecta aos cinco aspectos seguintes:
- Supresión das avales académicas como criterio de selección dos candidatos á admisión no programa.
- Adaptación dos criterios adicionais de calidade que se exixían para autorizar a defensa das teses doutorais.
- Redución do número dos seminarios formativos de carácter obrigatorio, para facilitar a participación dos doutorandos non residentes no ámbito xeográfico máis próximo a Santiago de Compostela.
- Ampliación do número de profesores do programa.
- Supresión da esixencia dun número mínimo de teses con mención internacional, por non resultar necesaria para garantir a internacionalización do programa.
A pesar de que eses cambios teñen producido efectos positivos no funcionamento do programa de doutoramento, son necesarios axustes adicionais da memoria do título que se introducen na presente modificación substancial:
- Incrementar a oferta de prazas de novo ingreso de quince a vinte.
- Establecer criterios específicos de admisión para os candidatos con dedicación a tempo parcial ou mixto.
- Revisar actividades formativas do programa, para adaptalas á capacidade organizativa deste e ás especificidades da investigación xurídica, así como para incorporar como actividade formativa voluntaria as prácticas profesionais externas.
- Revisar a configuración das liñas de investigación do programa.
- Levar a cabo unha revisión do profesorado do programa para actualizalo e ampliarlo, co fin de facer fronte ao incremento da oferta de prazas.

• Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito ámbito. (Substitúese “ámbito” por “ámbito” a partir da aplicación do R.D. 576/2023, de 4 de xullo)
• Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
• Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme ao artigo 12 da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como xeito de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo polo doctorando ou a doctoranda relacionadas con diferentes dimensións da Ciencia Aberta e da Ciencia Cidadá, así como a capacitación adquirida en ambas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

  • CE01. Adquisición da capacidade analítica, metodolóxica e expositiva propia da investigación xurídica.
  • CE02. Comprensión sistemática da investigación en Dereito e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa liña de investigación na que desenvolva o seu labor.
  • CE03. Adquisición da capacidade de concibir, deseñar e desenvolver un proceso de investigación en Dereito con seriedade académica.
  • CE04. Suscitar e resolver desde o punto de vista teórico e metodolóxico problemas aplicados ao dereito.
  • CE05. Realizar unha análise crítica, unha avaliación e unha síntese de teorías novas e complexas a partir das achegas xurdidas da súa experiencia investigadora
  • CE06. Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal en Dereito que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que, polo menos unha parte, mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.
  • CE07. Adquisición da capacidade de comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca da investigación en Dereito e especificamente da súa liña de investigación

• Adquisición da capacidade analítica, metodolóxica e expositiva propia da investigación xurídica.
• Adquisición da capacidade de comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica en xeral e coa sociedade en xeral sobre a investigación xurídica e, especificamente, sobre a súa liña de investigación.
• Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal en Dereito que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do cal, ao menos unha parte, mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.
• Realizar unha análise crítica, unha avaliación e unha síntese de teorías novas e complexas a partir das achegas xurdidas da súa experiencia investigadora.
• Plantexar e resolver desde o punto de vista teórico e metodolóxico problemas aplicados ao dereito.
• Adquisición da capacidade de concebir, deseñar e desenvolver un proceso de investigación xurídica con seriedade académica.
• Comprensión sistemática da investigación xurídica e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa liña de investigación na que desenvolva o seu labor.

As persoas que se doctoren neste programa terán adquirido a capacidade analítica, metodolóxica e expositiva propia da investigación xurídica, así como a comprensión sistemática da investigación xurídica e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa liña de investigación na que realizaron a súa tese. Por tanto, serán capaces de concebir, deseñar e desenvolver un proceso de investigación xurídica con seriedade académica, plantexar e resolver desde o punto de vista teórico e metodolóxico problemas aplicados ao Dereito, e realizar unha análise crítica, unha avaliación e unha síntese de teorías novas e complexas a partir das achegas xurdidas da súa experiencia investigadora. Así mesmo, espérase que realicen unha contribución a través dunha investigación orixinal en Dereito que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que, polo menos unha parte, mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional, e que adquirisen a capacidade de comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral sobre a investigación xurídica e especificamente sobre a súa liña de investigación.
O doutoramento en Dereito en España na actualidade só se esixe como requisito para o acceso aos corpos docentes universitarios e se valora como mérito noutros procesos selectivos e de provisión de postos de traballo no ámbito do emprego público.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

•Bases de datos reunidas

•Revistas electrónicas

•Sumarios electrónicos

•Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

•Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
•Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
•Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
•Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Luis Miguez Macho

Secretario/a
Marta Madriñan Vazquez

Vogais
Maria Lourdes Noya Ferreiro
Maria Consuelo Ferreiro Regueiro
Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz
María Belén Trigo García
Julio Jorge Urbina

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

51,9

49,32

12,7

16,36

21,88

25,0

Duración media

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

4,2731

4,7542

4,1815

4,9315

3,8463

3,8979

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

3,5466

3,6178

4,8822

4,9786

4,8247

3,9247

Satisfacción

ID-46
Grao de satisfacción dos/as egresados/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as egresados/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,0

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,71

ID-48
Grao de satisfacción do Estudantado de 3º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos estudantado de terceiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

3,5

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,25

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

5,0

11,0

9,0

6,0

10,0

8,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,0

81,82

77,78

66,67

90,0

50,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

18,18

22,22

33,33

0,0

12,5

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

10,0

37,5

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

2,0

0,0

1,0

1,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

3,0

4,0

2,0

5,0

5,0

5,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

1,0

7,0

5,0

1,0

4,0

2,0

Prórrogas

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

9,09

11,11

0,0

90,0

87,5

ID-41
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a primeira prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese cu prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

25,0

ID-42
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a segunda prórroga

Relación porcentual entre o número de estudantes que defenden a tese con dúas prórrogas e o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

37,5

Mencións

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,0

90,91

100,0

100,0

90,0

87,5

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

9,09

11,11

16,67

50,0

25,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

17,0

18,0

15,0

15,0

15,0

15,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

241,18

216,67

286,67

326,67

326,67

280,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

17,0

18,0

15,0

15,0

15,0

13,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

84,0

79,0

78,0

75,0

67,0

67,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

35,29

50,0

20,0

46,67

53,33

38,46

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,88

11,11

13,33

26,67

13,33

23,08

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,88

0,0

13,33

20,0

13,33

7,69

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

11,11

0,0

6,67

0,0

15,38

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

48,81

48,10

46,15

45,33

50,75

49,25

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

29,76

29,11

20,51

18,67

20,9

22,39

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

6,67

6,67

6,67

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

41,67

43,04

44,87

49,33

52,24

47,76

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

17,86

22,78

23,08

20,0

20,9

14,93

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

40,48

34,18

32,05

30,67

26,87

37,31

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,57

11,76

31,43

0,0

0,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,71

0,0

5,71

0,0

11,43

37,5

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

17,65

17,14

10,81

11,43

9,38

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,2

0,1818

0,1111

0,0

0,5

0,375

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

201,0

187,0

188,0

197,0

205,0

214,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,9559

2,8333

2,9375

3,0308

3,1538

3,2923

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

98,53

98,48

100,0

96,92

98,46

98,46

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

76,47

71,21

70,31

69,23

72,31

73,85

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,96

12,77

14,58

16,33

10,87

12,24

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,14

9,38

11,54

16,9

23,81

6,67

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2025.