Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Matemáticas e Aplicacións

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.matematicaseaplicacions [at] usc.es

O título pretende dar unha ampla e sólida formación en Matemáticas, pois contén unha ampla gama de temas de investigación que abarcan moitas áreas relevantes da Matemática, así como das súas aplicacións á Física, Bioloxía, Medicina, Computación, Ecoloxía, Biotecnoloxía, Economía,…

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5601471
Número prazas: 9

Coordinador-a do título:
Manuel Eulogio Ladra Gonzalez
manuel.ladra [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Portugués, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo Universidade de Trás-Os-Montes e  Alto Douro Universidade do Minho Universidade do Porto

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
08/07/2021

Data de publicación no BOE:
22/10/2021

Data da última acreditación:
24/05/2021

Códigos ISCED:
(461) Matemáticas
(460) Matemáticas y estadistica
(0541) Matemáticas
(0549) Matemáticas y estadística (otros estudios)

O Programa está fortemente ligado cos principais desafíos na investigación vixente en Matemáticas e as súas aplicacións a escala internacional e xorde coa aspiración de crear unha oferta de posgraduado con visión global e planificación plurianual de carácter internacional e transfronteirizo, para atraer a estudantes de distintas nacionalidades que consideren a anexión de institucións creada ao redor das Matemáticas e as súas Aplicacións como destino atractivo para a súa formación doutoral.
Co programa de doutoramento en Matemática e Aplicacións, preténdese que o estudante de doutoramento adquira as capacidades de investigación e de transferencia máis relevantes, o que lle permitirá ter mellores oportunidades para establecer contactos para futuras perspectivas de traballo. De feito, un programa conxunto de doutoramento dá aos estudantes un acceso máis amplo e variado aos recursos das diversas institucións, aos profesores e investigadores, e ás oportunidades atribuídas a un programa involucrando unha única institución. Os estudantes deste tipo de doutoramento poden aproveitar os puntos fortes de cada institución para iniciar e desenvolver as súas carreiras científicas.
A proposta deste programa de doutoramento en Matemática e Aplicacións encádrase neste contexto institucional.
Preténdese ademais que os estudantes adquiran a capacidade para concibir, proxectar e desenvolver temas investigación, de forma autónoma ou en colaboración, respectando patróns de calidade e integridade académicas; que realicen traballos de investigación con resultados orixinais que contribúan no ensanche das fronteiras do coñecemento nas respectivas áreas de investigación e que sexan merecedores de publicación en revistas internacionais especializadas con sistema de arbitraxe; finalmente preténdese que sexan capaces de analizar críticamente e sintetizar ideas novas e complexas e de comunicar coa comunidade científica e coa sociedade en xeral.
Nunha perspectiva máis xeral, os doutoramentos deben ser capaces de: interpretar e modelizar problemas científico-tecnolóxicos e de percibir a súa relevancia económica e social, construíndo unha visión crítica do coñecemento e da realidade.
O programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións contén unha ampla gama de temas de investigación que abarcan moitas áreas relevantes da matemática, así como das súas aplicacións á Física, Bioloxía, Medicina, Computación, Ecoloxía, Biotecnoloxía, Economía... e ao desenvolvemento de habilidades experimentais e de modelización nas áreas anteriormente citadas.
Débese resaltar que un programa desta natureza tenta unir potencialidades mediante o reagrupamento temático para evitar unha fragmentación excesiva e conseguir así programas multidisciplinares que resulten máis atractivos e permitan optimizar os recursos de PDI, aumentar o carácter internacional dos programas (mediante a incorporación de redes e socios estratéxicos, a participación de profesores e estudantes internacionais e/o a mobilidade de profesores e alumnos), e finalmente incorporar relacións e alianzas mediante convenios con outras institucións nacionais e estranxeiras, públicas e persoais, nunha contorna de colaboración científica e de innovación.

Este programa de doutoramento enmárcase no proxecto Universidade sen Fronteiras (UNISF) financiado polo Programa Transfronteirizo INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP). É un programa de doutoramento no que participan as Universidades de Galicia e do Norte de Portugal (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña, Universidade do Porto, Universidade do Minho, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro). O título pretende dar unha ampla e sólida formación en Matemáticas, pois contén unha ampla gama de temas de investigación que abarcan moitas áreas relevantes da Matemática, así como das súas aplicacións á Física, Bioloxía, Medicina, Computación, Ecoloxía, Biotecnoloxía, Economía,… Preténdese que o estudante de doutoramento adquira as capacidades de investigación, de transferencia e de modelización nas áreas anteriormente citadas.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudante que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorando/as.
Os destinatarios do doutoramento en Matemáticas e Aplicacións deben ser titulares do grao de máster nos dominios da Matemáticas, Estatística, Física, ou Ciencias da Computación; ou, alternativamente, titulares do grao de máster en áreas afíns cun currículo que demostre unha adecuada preparación, suxeito á aprobación da comisión académica do programa.
O Programa de Doutoramento Matemáticas e Aplicacións está orientado a estudantes que desexen afondar en coñecementos, técnicas e metodoloxías propias da investigación en Matemáticas e as súas aplicacións. O perfil de ingreso recomendado é o dun alumnado con capacidade para entender e solucionar problemas no ámbito das matemáticas e as súas aplicacións en diversos campos científicos, cunha mentalidade racional, capaz de abordar problemas complexos, con capacidade de síntese e de comunicación, entre outros aspectos. O currículo debe demostrar unha forte compoñente vocacional xunto cunha gran motivación e compromiso persoal do estudante por levar a termo o seu proxecto de tese.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e/ou no Regulamento de estudios de doutoramento das universidades participantes, dispoñibles nas páxinas web:
USC: https://minerva.usc.es/rest/api/core/bitstreams/ca1ab3dd-a03f-4f18-b232…
UPorto: https://sigarra.up.pt/fcup/pt/conteudos_geral.ver?pct_pag_id=1011511&pc…
UMinho: https://www.ecum.uminho.pt/pt/Ensino/Paginas/Doutoramentos.aspx
UTADE: https://www.utad.pt/sa/
UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/625
UDC: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2024/007630/document?…
Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
e) Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que
i) avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que
ii) puidese exercer como persoa directora, en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Seminario de Álxebra

  • E1131A01

Seminario de Análise

  • E1131A02

Seminario de Xeometría

  • E1131A03

Seminario de Topoloxía, Sistemas Dinámicos, Análise Global, Análise sobre Variedades

  • E1131A04

Seminario Estatística e Optimización

  • E1131A05

Workshop en Matemática 1

  • E1131A06

Seminarios de Investigación

  • E1131A07

Asistencia a congresos e/ou estancias de investigación

  • E1131A08

Workshop en Matemática 2

  • E1131A09

Workshop en Matemática 3

  • E1131A10

Workshop en Matemática 4

  • E1131A11

Workshop en Matemática 5

  • E1131A12

Workshop en Matemática 6

  • E1131A13

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Os complementos de formación que a  CAPD pode recomendar (ata 15  ECTS) para os distintos perfís de ingreso poden ser:    

  • Materias dos másteres universitarios impartidos polas Universidades participantes.
  • Materias doutros másteres oficiais que a xuízo da CAPD complementen a formación do alumnado.
Profesores Área
Leovigildo Alonso Tarrio
Álxebra
Manuel Eulogio Ladra Gonzalez
Álxebra
José Javier Majadas Soto
Álxebra
Ana Jeremías López
Álxebra
Jose Manuel Casas Mirás
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Juan José Nieto Roig
Análise Matemática
Rodrigo Lopez Pouso
Análise Matemática
Maria Victoria Otero Espinar
Análise Matemática
Alberto Cabada Fernandez
Análise Matemática
Francisco Javier Fernandez Fernandez
Análise Matemática
Iván Carlos Area Carracedo
Escola de Doutoramento Internacional
Fernando Adrian Fernandez Tojo
Análise Matemática
Jorge Losada Rodriguez
Análise Matemática
Lucia Lopez Somoza
Análise Matemática
Jorge Rodríguez López
Análise Matemática
Profesores Área
Eduardo Garcia Rio
Xeometría e Topoloxía
Modesto Ramon Salgado Seco
Xeometría e Topoloxía
Jose Carlos Diaz Ramos
Xeometría e Topoloxía
Miguel Brozos Vázquez
Escola de Doutoramento Internacional
Miguel Dominguez Vazquez
Xeometría e Topoloxía
Profesores Área
Jesús Antonio Álvarez López
Xeometría e Topoloxía
Enrique Macías Virgós
Xeometría e Topoloxía
Antonio M. Gómez Tato
Xeometría e Topoloxía
Profesores Área
Raquel Menezes Mota Leite
Escola de Doutoramento Internacional
Alberto Adrego Pinto
Escola de Doutoramento Internacional

O programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións pretende que o estudante de doutoramento adquira as capacidades de investigación e de transferencia máis relevantes, o que lle permitirá ter mellores oportunidades para establecer contactos con futuras perspectivas de traballo. De feito, un programa conxunto de doutoramento dá ao estudantado un acceso máis amplo e variado aos recursos das diversas institucións, aos profesores e investigadores, e proporciona maiores oportunidades que as atribuídas a un programa involucrando unha única institución. O estudantado deste tipo de doutoramento pode aproveitar os puntos fortes da cada institución para iniciar e desenvolver as súas carreiras científicas.

Preténdese ademais que o alumnado adquira a capacidade para concibir, proxectar e desenvolver temas de investigación, de forma autónoma ou en colaboración, respectando patróns de calidade e integridade académicas; que realicen traballos de investigación con resultados orixinais que contribúan ao ensanchamento das fronteiras do coñecemento nas respectivas áreas de investigación e que sexan merecedores de publicación en revistas internacionais especializadas con sistema de arbitraxe; finalmente, preténdese que sexa quen de analizar criticamente e sintetizar ideas novas e complexas, así como de comunicar coa comunidade científica e coa sociedade en xeral.

Nunha perspectiva máis xeral, os doutoramentos deben ser capaces de: interpretar e modelizar problemas científico-tecnolóxicos e de percibir a súa relevancia económica e social, construíndo a unha visión crítica do coñecemento e da realidade.
O programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións pretende fomentar a aplicación de aspectos relevantes das Matemáticas á Física, Bioloxía, Medicina, Computación, Ecoloxía, Biotecnoloxía, Economía,… e o desenvolvemento de habilidades experimentais e de modelización nas áreas anteriormente citadas.

Débese resaltar que un programa desta natureza tenta unir potencialidades mediante o reagrupamento temático para evitar unha fragmentación excesiva e conseguir así programas multidisciplinares que resulten máis atractivos e permitan optimizar os recursos de PDI, aumentar o carácter internacional dos programas (mediante a incorporación de redes e socios estratéxicos, a participación de profesorado e estudantado internacionais e/ou a mobilidade do persoal), e finalmente incorporar relacións e alianzas mediante convenios con outras institucións nacionais e estranxeiras, públicas e persoais, nunha contorna de colaboración científica e de innovación.

O Programa está fortemente ligado cos principais desafíos na investigación vixente en Matemáticas e as súas aplicacións a escala internacional e xorde coa aspiración de crear unha oferta de posgraduado con visión global e planificación plurianual de carácter internacional e transfronteirizo, para atraer a estudantes de distintas nacionalidades que consideren a anexión de institucións creada ao redor das Matemáticas e as súas Aplicacións como destino atractivo para a súa formación doutoral.
Co programa de doutoramento en Matemática e Aplicacións, preténdese que o estudante de doutoramento adquira as capacidades de investigación e de transferencia máis relevantes, o que lle permitirá ter mellores oportunidades para establecer contactos para futuras perspectivas de traballo. De feito, un programa conxunto de doutoramento dá aos estudantes un acceso máis amplo e variado aos recursos das diversas institucións, aos profesores e investigadores, e ás oportunidades atribuídas a un programa involucrando unha única institución. Os estudantes deste tipo de doutoramento poden aproveitar os puntos fortes de cada institución para iniciar e desenvolver as súas carreiras científicas.
A proposta deste programa de doutoramento en Matemática e Aplicacións encádrase neste contexto institucional.
Preténdese ademais que os estudantes adquiran a capacidade para concibir, proxectar e desenvolver temas investigación, de forma autónoma ou en colaboración, respectando patróns de calidade e integridade académicas; que realicen traballos de investigación con resultados orixinais que contribúan no ensanche das fronteiras do coñecemento nas respectivas áreas de investigación e que sexan merecedores de publicación en revistas internacionais especializadas con sistema de arbitraxe; finalmente preténdese que sexan capaces de analizar críticamente e sintetizar ideas novas e complexas e de comunicar coa comunidade científica e coa sociedade en xeral.
Nunha perspectiva máis xeral, os doutoramentos deben ser capaces de: interpretar e modelizar problemas científico-tecnolóxicos e de percibir a súa relevancia económica e social, construíndo unha visión crítica do coñecemento e da realidade.
O programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións contén unha ampla gama de temas de investigación que abarcan moitas áreas relevantes da matemática, así como das súas aplicacións á Física, Bioloxía, Medicina, Computación, Ecoloxía, Biotecnoloxía, Economía... e ao desenvolvemento de habilidades experimentais e de modelización nas áreas anteriormente citadas.
Débese resaltar que un programa desta natureza tenta unir potencialidades mediante o reagrupamento temático para evitar unha fragmentación excesiva e conseguir así programas multidisciplinares que resulten máis atractivos e permitan optimizar os recursos de PDI, aumentar o carácter internacional dos programas (mediante a incorporación de redes e socios estratéxicos, a participación de profesores e estudantes internacionais e/o a mobilidade de profesores e alumnos), e finalmente incorporar relacións e alianzas mediante convenios con outras institucións nacionais e estranxeiras, públicas e persoais, nunha contorna de colaboración científica e de innovación.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento
• Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

  • Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
  • Atopar as preguntas chave que hai que responder para resolver un problema complexo.
  • Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
  • Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar. Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
  • A crítica e defensa intelectual de solucións.

01 Capacidade de desenvolver técnicas, linguaxes e ferramentas teóricas e/ou computacionais adecuadas para resolver problemas matemáticos.
02 Capacidade de afondar en técnicas xerais e de abordar autónomamente problemas de investigación en matemática.
03 Capacidade de modelar e resolver fenómenos científicos no ámbito das aplicacións da matemática.
04 Capacidade de integración en grupos de traballo multidisciplinares desenvolvendo modelos innovadores na matemática.
05 Capacidade para detectar novos ámbitos de aplicación da matemática.

O perfil de egreso é o dun investigador en Matemáticas. As capacidades, coñecementos e habilidades adquiridas polo doutorando permítenlle ser xa un investigador activo nalgunha das liñas de investigación do programa, iniciando unha carreira investigadora na que irá alcanzando cada vez máis independencia. As saídas profesionais acordes con este nivel formativo son: profesor/a universitario/a, investigador/a en algún centro de investigación matemática ou con necesidade de coñecementos matemáticos avanzados, contratado/a por algunha empresa cunha necesidade importante de coñecementos matemáticos avanzados, tanto para uso propio como para transferilos.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

• Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
• Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
• Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
• Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
Aplicacións da Matemática Computacional á Simulación e Análise de Datos: dinámica bidimensional de vórtices e reconstrución de datos meteorolóxicos 20/02/2026 Carlos Jorge Da Rocha Balsa Maria Victoria Otero Espinar
Sílvio Marques De Almeida Gama

Coordinador/a
Manuel Eulogio Ladra Gonzalez

Secretario/a
Maria Victoria Otero Espinar

Vogais
Jesús Antonio Álvarez López
Ana Jeremías López
Jorge Rodríguez López

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

25,0

0,0

Satisfacción

ID-48
Grao de satisfacción do Estudantado de 3º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos estudantado de terceiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

5,0

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

5,0

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

9,0

9,0

9,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

55,56

122,22

122,22

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

4,0

0,0

1,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

4,0

3,0

4,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

-

0,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

-

0,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

-

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,00

100,00

75,00

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

66,67

50,0

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

-

100,0

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

75,0

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

25,0

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

33,33

33,33

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

69,0

70,0

67,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

4,0588

4,1176

3,9412

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

94,12

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

88,24

88,24

88,24

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

40,0

40,0

33,33

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

17,71

-

-

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2023.