- Código
- FD0449
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 3.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 95,92€
- Centro
- Oficina de Igualdade de Xénero
- Dirección
-
Sonia Esperanza Rodríguez Boente
Mónica Yáñez Devesa - Contacto
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Oficina de Igualdade de Xénero
VANESSA VIDAL FREIRE
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Oficina de Igualdade de Xénero
Datas
Duración: 02/03/2026 - 10/03/2026
Preinscrición: 02/02/2026 - 11/02/2026
Matrícula: 12/02/2026 - 20/02/2026
Número alumnos/as mínimo: 15
Número alumnos/as máximo: 15
Comentarios: Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds:
O importe do SEGURO OBRIGATORIO será aboado directamente polo curso, sen que supoña ningún custo para o estudantado.
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Mulleres en situación de vulnerabilidade, que se atopan con dificultades para acceder a recursos formativos, laborais e sociais que lles permitan mellorar a súa autonomía e integración. Persoas entre 25 e 64 anos cumpridos na data de comezo do curso. A selección farase por orde de inscrición e terán prioridade as persoas usuarias dos servizos Cáritas Lugo.
Adquirir os coñecementos necesarios para unha axeitada atención ao cliente e xestión do negocio.
Avaliación
Proba (test, escrita, oral,...)
No caso de seleccionar outro indicar:
A avaliación do proxecto estrutúrase en dúas dimensións complementarias: a avaliación continua e a avaliación teórica. O obxectivo é garantir unha valoración integral do proceso de aprendizaxe, tendo en conta tanto o desenvolvemento práctico como a adquisición de coñecementos conceptuais.
Avaliación continua (70%)
A avaliación continua constitúe o eixo principal do proceso, representando o 70% da cualificación final. Para a súa realización empregaranse os seguintes criterios:
• Observación sistemática das tarefas prácticas, valorando a correcta execución das actividades, a autonomía no traballo e a capacidade de resolución de problemas.
• Realización de exercicios, que permitirán comprobar o grao de asimilación dos contidos e a aplicación práctica dos mesmos.
• Participación activa en dinámicas, fomentando a implicación, a colaboración e a contribución ao traballo en grupo. Avaliación teórica (30%)
A parte teórica supón o 30% da cualificación final e céntrase na comprobación dos coñecementos adquiridos:
• Proba escrita tipo test, destinada a verificar a comprensión dos contidos teóricos e a capacidade de análise. Instrumentos de avaliación
Para levar a cabo este proceso utilizaranse os seguintes instrumentos:
• Informe docente, no que se recollerán as observacións derivadas da avaliación continua, así como o seguimento individualizado do alumnado.
• Proba escrita, que servirá como evidencia obxectiva da adquisición dos coñecementos teóricos.
Titorías
A metodoloxía didáctica aplicarase mediante un enfoque activo, participativo, inclusivo e orientado á empregabilidade, favorecendo a aprendizaxe por competencias a través da integración de habilidades dixitais, sociais, de comunicación, transversais e técnicas, así como do desenvolvemento de destrezas prácticas directamente transferibles ao posto de traballo. Promoverase unha aprendizaxe significativa e experiencial mediante simulacións, role-playing, estudo de casos, microproxectos e demostracións guiadas polo persoal docente, garantindo ao mesmo tempo unha metodoloxía inclusiva adaptada a diferentes ritmos e niveis, con especial atención ao apoderamento feminino, á autoconfianza e á toma de decisións, empregando linguaxe accesible e materiais visuais. O traballo colaborativo en pequenos grupos e as actividades cooperativas estimularán o apoio mutuo, mentres que o enfoque integral de empregabilidade potenciará competencias clave como a comunicación, a planificación, a resolución de problemas e o traballo en equipo, preparando as alumnas para tarefas reais e reforzando a súa autonomía persoal. As sesións desenvolveranse prioritariamente de forma presencial, combinando clases teóricas con actividades prácticas e participativas, enriquecidas con recursos audiovisuais, nun marco comunitario e colaborativo que fomente o intercambio e a cooperación, partindo sempre dos coñecementos previos e das características individuais das participantes.
Do 2 ao 6 de marzo: 9:30-13:30h. Do 9 ao 10 de marzo: 9:00-14:00h.
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Marketing e Comercio. | 3.0 |