Na Primavera Cultural, a USC leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples actividades que estenden a acción cultural da institución fóra das aulas para fomentar o espírito crítico do estudantado a través de eventos de acceso libre.
As actividades de Primavera Cultural están especialmente dirixidas ao estudantado da USC pero abertas ao conxunto da cidadanía. Cada unha delas ten diferentes condicións de acceso que dependen tanto da natureza do evento como do espazo no que se desenvolve.
Non perdas ollo ao noso Instagram, é a nosa rede social máis activa e onde atoparás a información cultural da USC máis completa: @cultura_usc
Tamén estamos en Bluesky (@culturaUSC) e en Facebook (@AreadeculturaUSC)
Novas relacionadas
As pandeireteiras Lina e Lola e o dúo Unto Vello actuarán o mércores 25 no ciclo Lubicán da Primavera Cultural
O mesmo día da actuación, ás 12.30 horas, desenvolverase un encontro con Unto Vello na Casa do Saber
Ler máisO trío Alana actuará na Primavera Cultural da USC o vindeiro 19 de febreiro
O concerto terá lugar na Igrexa da Universidade a partir das 21.00 horas. O acceso é de balde, previa recollida de entrada (só unha por persoa) desde as 20.40 horas
Ler máisO Festival Internacional de Teatro Universitario da USC chega á súa trixésima edición
Desenvolverase do 2 ao 7 de febreiro no Salón Teatro. Todas as funcións comezarán ás 20.30 horas e a entrada é de balde previo paso pola billeteira, que abrirá ás 19.00 horas
Ler máisA Primavera Cultural 2026 agroma na USC
Música, audiovisuais, exposicións, fotografía, teatro, danza, Faíscas Culturais, foros, formación, ou certames e convocatorias para dar pulo á dinamización e á creación integran a oferta en materia de cultura para os vindeiros meses nos campus de Lugo e Santiago
Ler máis