O Atlas Lingüístico Galego aumenta o seu patrimonio coa publicación dun novo volume sobre ‘O ser humano’
A nova peza deste proxecto que realiza o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) e que editan conxuntamente a USC e a Fundación Barrié, reúne a información correspondente ás preguntas relacionadas coa familia, relacións de parentesco, a vida en sociedade e certos oficios