O Observatorio Astronómico Ramón María Aller celebra este verán sesións de divulgación en 22 concellos galegos
As xornadas consistirán nunha charla introdutoria seguida de observacións, “tanto a simple vista, de recoñecemento de constelacións, identificación do triángulo de verán e mesmo da Vía Láctea”, así como “telescópicas con instrumental levado polo propio Observatorio”, explica o seu director e profesor da USC José Ángel Docobo