Ir o contido principal
STG

Artigo

Resultados

A USC denuncia no 8M a feminización da pobreza por mor da pandemia

“Aínda que esta situación está a ser dura para toda a sociedade, a crise, como é o habitual, está a afectar especialmente ás mulleres”, destaca o Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria

Eleccións 2021

Convocadas as eleccións de representantes no Claustro Universitario, nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento, así como no Comité de Dirección da EDIUS

Elas son USC

As profesoras María José Alonso Fernández, Alicia Estévez Toranzo, Mabel Loza García, Peregrina Quintela Estévez, Ofelia Rey Castelao e María Inmaculada Paz Andrade integran a listaxe de mulleres que recibiron o galardón María Josefa Wonenburger co que o goberno autonómico recoñece as traxectorias de científicas que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras

Acuicultura, unha alternativa necesaria, saudable e sustentable

O documental ‘Cultivando na auga: tradición e innovación’, da Rede Inmunogenom da USC, ve na acuicultura a resposta á crecente demanda de peixes e moluscos e as claves para mellorar a rendibilidade dos produtores a través da mellora xenética, así como da identificación de patóxenos emerxentes e a prevención de enfermidades

Eucalipto: desafíos e oportunidades

Investigadores de universidades e centros de I+D europeos, entre os que figura o catedrático da USC Roque Rodríguez Soalleiro, revisan o coñecemento científico e analizan a realidade do eucalipto e o seu futuro en Europa nun artigo que vén de publicar European Journal of Forest Research

Mexillón de río, bioindicador da calidade do ecosistema fluvial

O grupo de Conservación de Peixes e Moluscos (CoPeMol) da Facultade de Veterinaria da USC estuda a relación parasitaria do molusco bivalvo de auga doce ‘Margaritifera margaritifera’ con troitas e salmóns e avalía a súa eficiencia como hospedadores no marco do proxecto MargaSalmo, que conta con financiamento da Fundación Biodiversidade

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.