Juan Lema, distinguido polo Politécnico de Milán coa 'Laurea ad Honorem'
O profesor emérito da USC recibe este recoñecemento pola súa contribución ao campo da biotecnoloxía ambiental
O profesor emérito da USC recibe este recoñecemento pola súa contribución ao campo da biotecnoloxía ambiental
O convenio asinado entre Universidade e Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría, Consultaría e Servizos Tecnolóxicos contribuirá ao perfeccionamento das ensinanzas deste ámbito adaptándoas ás necesidades do tecido empresarial
Un artigo da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC aborda como acudir a todas as sesións relaciónase con mellores resultados á hora de deixar este hábito, así como a inclusión de compoñentes específicos que acometan o medo aos síntomas físicos da ansiedade
Este certame, cuxo prazo de presentación permanece aberto ata o 31 de maio, está dirixido ao alumnado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega fóra da Comunidade
A sesión desenvolverase o luns 15 de marzo, a partir das 19.00 horas, e servirá de marco de presentación para os dous proxectos que acadaron a máxima puntuación nas súas respectivas categorías e que están centrados no turismo verde e na experimentación científica en liña
USC, CSIC, Universitat Politècnica de València e Universitat de València toman parte nesta iniciativa coa que procurar sinerxías entre o eido académico e a sociedade
Investigadores do grupo Sistemas Silvopastorais da EPS de Enxeñaría da USC distribúen desde hoxe máis dun centenar de castiñeiros á comunidade universitaria nunha acción divulgativa do proxecto LIFE Lugo+ Biodinámico, a través da que se repartirán de balde 500 plantas en envases biodegradables ás persoas interesadas
O programa de micromecenado da USC financia este proxecto liderado pola catedrática María José Alonso e baseado en nanopartículas que conteñen ARN mensaxeiro para que o organismo produza o antíxeno que dá lugar á resposta inmune
Rocío Mellid Carballal, mellor expediente académico do Grao en Farmacia, recolle o seu galardón xunto coas investigadoras da USC Eleni Samaridou e Adriana Martínez Ledo
O convenio asinado este venres céntrase nas obras de conservación e mellora da envolvente deste conxunto arquitectónico
A USC lidera un consorcio internacional no que toman parte doce institucións de Portugal, México e Cuba
Os premios extraordinarios de doutoramento do curso 2018-19, así como os correspondentes a grao e máster do curso 2019-20 foron outras das cuestións abordadas na reunión que se desenvolveu este xoves no Centro de Estudos Avanzados da USC
A revista ‘Science’ acaba de publicar o artigo no que participan Jose C. Tubío e Martín Santamarina e que profunda na secuenciación de 64 xenomas humanos a unha resolución sen precedentes
As probas nas que participaron un total de 160 alumnos e alumnas desenvolvéronse de xeito telemático
As oito sesións programadas no curso desenvolveranse en liña e tamén de xeito presencial no centro universitario lugués do 15 ao 26 de marzo
Científicos da USC e da Universidade de Aveiro afondan nun artigo publicado en 'Physical Review Letters' na que sería a primeira proba da existencia destes obxectos hipotéticos que constitúen un dos principais candidatos para formar a materia escura