Eficacia da estimulación transcraneal por corrente directa (tDCS) na preservación ou mellora da memoria de traballo en persoas maiores con deterioro cognitivo leve.
Autoría
R.B.C.
Grao en Psicoloxía
R.B.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo actualizar e analizar de forma crítica a evidencia científica dispoñible sobre a eficacia da estimulación transcraneal por corrente directa (tDCS) na preservación ou mellora da memoria de traballo en persoas adultas maiores con deterioro cognitivo leve (DCL). Proponse un enfoque biopsicosocial da saúde e do envellecemento, considerando o DCL como unha condición intermedia entre o envellecemento cognitivo normal e as demencias neurodexenerativas, especialmente a enfermidade de Alzheimer. Levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura seguindo as directrices PRISMA, definindo unha pregunta PICO centrada no efecto da tDCS sobre a memoria de traballo. A busca realizouse nas bases de PubMed, Web of Science e ResearchGate, seleccionándose finalmente 14 estudos publicados entre 2015 e 2025 que cumprían os criterios de inclusión establecidos. Os traballos analizados presentan unha elevada heteroxeneidade metodolóxica en canto ao deseño, tamaño da mostra, características clínicas dos participantes e parámetros de estimulación (intensidade, duración, número de sesións e localización dos eléctrodos). Os resultados amosan tamén unha variabilidade de efectos da tDCS sobre a memoria de traballo, atopándose desde melloras significativas ata outros nos que se observan cambios neurofisiolóxicos, pero non clínicos, incluíndose estudos que non atopan diferenzas condutuais entre grupos. Esta heteroxeneidade parece estar influída tanto por factores metodolóxicos como polo perfil patolóxico e as diferenzas interindividuais dos participantes. En conclusión, a tDCS descríbese na actualidade como unha ferramenta prometedora e segura, pero aínda sen evidencia concluínte e homoxénea para a súa aplicación clínica no DCL.

Dirección
Díaz Fernández, Fernando (Titoría)
Díaz Fernández, Fernando (Titoría)
Tribunal
Díaz Fernández, Fernando (Titor do alumno)

A influencia do entorno físico na saúde mental nos centros penitenciarios.
Autoría
J.B.L.
Grao en Psicoloxía
J.B.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 10:30
19.02.2026 10:30
Resumo
Este traballo consiste nunha revisión bibliográfica cuxo obxectivo principal é analizar a influencia do entorno físico na saúde mental dentro dos centros penitenciarios. Con isto, preténdese comprender de que maneira as características arquitectónicas e ambientais destes espazos afectan ao benestar psicolóxico tanto das persoas privadas de liberdade como do persoal que traballa nos centros. A procura de información realizouse nas bases de datos PsycInfo e Web of Science, empregando descritores relacionados coa prisión, a saúde mental e o entorno físico. Tras aplicar os criterios de inclusión, seleccionáronse nove artigos publicados entre os anos 2000 e 2025. Os resultados amosan que variables como o hacinamento, a iluminación natural, a cor do entorno, o nivel de ruído, a ventilación e o acceso á natureza teñen un impacto significativo na saúde mental. Os entornos amplos, luminosos e ben ventilados asócianse con menores niveis de estrés, inseguridade percibida, ansiedade e depresión, mentres que os espazos ruidosos, escuros ou sobrepoboados incrementan o malestar psicolóxico. Así mesmo, obsérvanse diferenzas segundo o sexo, xa que homes e mulleres viven a experiencia de internamento de forma totalmente diferente, así como segundo a idade das persoas internas, sendo as de maior idade as que presentan máis dificultades; mentres que o persoal penitenciario tamén se ve condicionado polas mesmas características físicas do entorno. Para concluír, o deseño dos centros penitenciarios constitúe un factor determinante no benestar psicolóxico e pode funcionar como unha ferramenta de rehabilitación. Non obstante, a evidencia empírica segue a ser limitada, o que salienta a necesidade de novas investigacións.

ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titor do alumno)

Memoria traumática en vítimas de violencia de xénero
Autoría
M.C.L.
Grao en Psicoloxía
M.C.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
O presente estudo analiza a memoria traumática en mulleres vítimas de violencia de xénero, coa intención de comprender como o trauma inflúe na maneira de lembrar, integrar e narrar estas experiencias dolorosas. Seleccionáronse 14 estudos mediante criterios rigorosos, seguindo a guía PRISMA 2020, centrados en aspectos cognitivos, emocionais e narrativos da memoria traumática en mulleres adultas. Os resultados indican que as lembranzas traumáticas se caracterizan por unha fragmentación notable, baixa coherencia narrativa e elevada carga emocional, manifestada en sentimentos de medo, culpa e vergoña. Estas características dificultan a integración dos sucesos na memoria da vítima, xerando intrusións, flashbacks e alteracións na percepción do tempo e do eu. Ademais, a memoria traumática relacionase estreitamente coa sintomatoloxía postraumática e con déficits cognitivos en memoria, atención e funcións executivas. Por outra banda, as investigacións sinalan que a construción de narrativas coherentes e emocionalmente equilibradas, mediante a evocación de lembranzas positivas, contribúe a integrar mellor os recordos e favorece a reconstrucción dunha identidade menos centrada no trauma. En conxunto, estes achados destacan que a memoria traumática debe entenderse como unha resposta adaptativa ante experiencias de violencia prolongadas e complexas. Así mesmo, as implicacións clínicas e forenses subliñan a necesidade de intervencións sensibles e personalizadas, que respecten a forma na que cada supervivente lembra e narra a súa historia.

FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titoría)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titor do alumno)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titor do alumno)
Percepción da simetría: estudos de seguimento ocular.
Autoría
L.C.G.
Grao en Psicoloxía
L.C.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 12:30
19.02.2026 12:30
Resumo
A percepción de escenas visuais ten nesgos espaciais. Un deles é o coñecido como pseudonexligencia. Consiste na preferencia que manifesta gran parte da poboación para atender máis á beira esquerda da escena. O nome débese á similitude deste fenómeno xeral co que se observa en pacientes que sufriron dano cerebral e que manifestan unha neglixencia visual para o hemicampo contrario ao da lesión. A principal evidencia para a existencia do fenómeno de pseudoneglixencia provén de estudos experimentais de seguimento ocular (eye-tracking) de persoas mentres observan escenas ou imaxes naturais. Estes estudos mostran que facemos máis fixacións no lado esquerdo da escena que no lado dereito. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é analizar os patróns de movementos oculares durante a observación libre de imaxes de obxectos simétricos. No noso estudo analizamos datos de pezas cerámicas simétricas, co fin de determinar a presenza da pseudoneglixencia. Analizamos datos e movementos oculares de 250 persoas que participaron en diferentes experimentos de observación libre de imaxes mentres se lles rexistraban os seus movementos oculares coa técnica de eye-tracking. Os resultados confirmaron a presenza de pseudoneglixencia. O efecto era consistente e independente do contido específico das imaxes, confirmando a robustez do fenómeno da pseudoneglixencia en contextos de simetría visual. Estes achados contribúen a abrir novas liñas de investigación futuras, sobre a presenza de pseudoneglixencia en estímulos visuais simétricos e en contextos socioculturais diversos.

BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
A soidade en relación coas distintas manifestacións do TOC e outros trastornos relacionados
Autoría
H.D.R.
Grao en Psicoloxía
H.D.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 12:30
19.02.2026 12:30
Resumo
Este traballo de revisión bibliográfica explora aa relación entre a soidade e o trastorno obsesivo compulsivo e relacionados (OCRD), centrándose no Trastorno Obsesivo-Compulsivo (TOC), o Trastorno de Acumulación (HD) e o Trastorno Dismórfico Muscular (TDM). Aínda que estes trastornos presenten diferentes características clínicas, comparten un estigma negativo e unha ausencia de apoio social. Nas últimas décadas, a soiedade he obxectivo de crecinte atención polo seu impacto na saúde mental e, neste contexto, entender a súa interacción cos OCRD pode aportar as chaves para lograr unha atención máis integral e eficaz. Con este estudo búscase comprender a natureza da relación entre a soidade e os OCRD e que factores a modulan, analizar as diferencias e similitudes entre as asociacións individuais con cada trastorno e atopar unha maneira de optimizar o tratamento psicoterapéutico para estes pacientes. Para iso, revisáronse artigos científicos recentes que abordan a temática desde distintos enfoques. Os resultados indican que a soidade, en especial na dimensión de aislamento social, asóciase de forma significativa cos tres trastornos, sendo moderada esta relación polo sentimento de vergoña, a ocultación do trastorno, estratexias de afrontamiento disfuncionais e un procesamento disfuncional de recompensas, entre outros factores. O traballo conclúe que abordar a soidade e os procesos interpersonais no tratamento dos OCRD podría mellorar os resultados clínicos e a adherencia terapéutica. Ademais, subráyase a necesidade de ampliar o foco máis alá do TOC, prestando atención ao resto dos trastornos do grupo.

CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
Espazos verdes, benestar, estrés e atención no estudantado
Autoría
B.G.C.
Grao en Psicoloxía
B.G.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 11:30
19.02.2026 11:30
Resumo
O estrés e o deterioro das capacidades atencionais constitúen unha problemática frecuente na poboación universitaria, afectando negativamente o seu benestar e calidade de vida. Entre os factores implicados destacan as esixencias académicas e o escaso contacto coa natureza, cuestión que se presenta habitualmente en contornas universitarias urbanas. O obxectivo deste traballo foi establecer, a partir da bibliografía dispoñible, o papel da exposición a espazos verdes no benestar do estudantado universitario, facendo fincapé na redución do estrés e na mellora da atención. Para iso realizouse unha revisión sistemática seguindo o protocolo PRISMA, analizando estudos publicados entre 2015 e 2025. Os principais resultados amosan que, no seu conxunto, os estudos coinciden en que a exposición a espazos verdes, naturais, urbanos ou simulados, mellora o benestar, reduce o estrés e favorece a restauración atencional, sendo os contornos forestais os máis eficaces. Con todo o anterior, pódese entender que a integración da natureza é unha estratexia efectiva para promover o benestar da poboación estudantil universitaria.

VILA TOJO, SERGIO (Titoría)
VILA TOJO, SERGIO (Titoría)
Tribunal
VILA TOJO, SERGIO (Titor do alumno)
VILA TOJO, SERGIO (Titor do alumno)
Apego ao lugar e comportamentos proambientales en contextos urbanos: unha revisión bibliográfica
Autoría
R.L.C.
Grao en Psicoloxía
R.L.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
O crecente protagonismo das cidades nos desafíos ambientais contemporáneos incrementou o interese por comprender os factores psicolóxicos que favorecen condutas orientadas á sustentabilidade. Entre eles, o apego ao lugar foi sinalado como un vínculo relevante entre as persoas e a súa contorna. O obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión sistemática da literatura científica para analizar a relación entre o apego ao lugar e as condutas proambientales en contextos urbanos. Seguindo as directrices PRISMA 2020, levou a cabo unha procura sistemática nas bases de datos PsycINFO, Scopus e Web of Science, incluíndo estudos revisados por pares publicados entre 2000 e 2025. Tras o proceso de selección, incluíronse 18 estudos na síntese cualitativa final. A información organizouse ao redor da relación xeral entre apego e conduta, as dimensións do apego ao lugar, a presenza de mediadores e moderadores, e as variacións segundo o tipo de contexto urbano. Os resultados indican que o apego ao lugar asóciase de forma consistente cunha maior implicación en condutas proambientales, aínda que esta relación varía segundo a dimensión considerada e as características da contorna. A identidade de lugar e o apego afectivo emerxen como compoñentes especialmente relevantes, mentres que factores como a participación comunitaria e a responsabilidade ambiental contribúen a explicar o vínculo observado. En conxunto, a revisión destaca o apego ao lugar como un recurso psicosocial clave para comprender a conduta proambiental nas cidades, con implicacións para a investigación futura e o deseño de estratexias urbanas orientadas á sustentabilidade.

Bases neurais da memoria musical en pacientes coa Enfermidade de Alzheimer
Autoría
L.L.F.
Grao en Psicoloxía
L.L.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 11:30
19.02.2026 11:30
Resumo
A enfermidade de Alzheimer é a demencia máis común a nivel mundial, caracterízase por un deterioro progresivo da memoria e doutras funcións cognitivas e produce un impacto significativo na persoa afectada tanto a individual como socialmente. Non obstante, diferentes observacións clínicas e experimentais indican que parecen conservarse certas habilidades relacionadas coa música, entre elas a memoria musical. Esta relativa preservación é apreciada con frecuencia por coidadores e familiares, quen observan que a música facilita a resposta emocional, a evocación de recordos e a interacción coas persoas afectadas. O obxectivo principal desta revisión bibliográfica é analizar as bases neurais da memoria musical na enfermidade de Alzheimer, prestando especial atención ás redes cerebrais implicadas segundo os tipos de memoria musical estudados. Para iso, realizouse unha revisión da literatura científica centrada en estudos de neuroimaxe e neuropsicoloxía. Os resultados obtidos mostran as principais bases neurais implicadas na memoria musical nesta enfermidade, que áreas vense comprometidas en maior ou menor medida en función das fases da patoloxía e a diferenciación e independencia de sistemas e tipos de memoria relacionados coa música. Así mesmo, faise fincapé no poder estimulante da música e no seu interese clínico para o estudo dos trastornos neurodexenerativos.

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titor do alumno)

Eficacia das terapias psicolóxicas para o tratamento da ansiedade e a depresión no Parkinson
Autoría
D.P.D.
Grao en Psicoloxía
D.P.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Introdución: O Parkinson é o segundo trastorno dexenerativo máis frecuente despois de a enfermidade de Alzheimer. Cerca do 70% dos pacientes de Parkinson desenvolve problemas psicolóxicos, sendo os máis frecuentes ansiedade e depresión. Obxectivo: realizar unha revisión bibliográfica que analice a eficacia da TCC e a MBCT no tratamento da depresión e a ansiedade en enfermos de Parkinson. Método: realízase unha procura nas bases de datos PsycInfo e Scopus, a partir dos seguintes termos: Terapia cognitivo conductual (TCC), Terapia cognitiva baseada en Mindfulness (MBCT), ansiedade, depresión, Parkinson. Resultados: Identifícanse un total de 309 artigos. Tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión, eliminar todos aqueles artigos duplicados e descartar os artigos non relevantes, selecciónanse 9. Todos os estudos informan de resultados positivos en polo menos unha das dúas variables (depresión e ansiedade) Conclusións: Ao analizar os resultados pode concluírse que tanto a TCC como a MBCT foron eficaces para diminuír a sintomatoloxía depresiva e ansiosa en pacientes con enfermidade de Parkinson. Palabras chave: Terapia cognitivo conductual (TCC), Terapia cognitiva baseada en Mindfulness (MBCT), ansiedade, depresión, Parkinson.

PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
PICON PRADO, EDUARDO (Titor do alumno)
PICON PRADO, EDUARDO (Titor do alumno)
Imaxinería motora en atletas e a súa relación co rendemento deportivo: unha revisión bibliográfica
Autoría
M.F.P.P.
Grao en Psicoloxía
M.F.P.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 12:30
19.02.2026 12:30
Resumo
A imaxinación motora (IM) é unha estratexia de adestramento mental empregada nos deportes que permite aos atletas simular internamente a execución dun movemento sen producir acción física. O obxectivo desta revisión bibliográfica foi analizar as evidencias científicas recentes sobre a eficacia da IM, soa ou combinada con técnicas de retroalimentación fisiolóxica (neurofeedback ou biofeedback), en atletas, considerando o rendemento deportivo e as variables neurofisiolóxicas asociadas ao control motor. A busca realizouse nas bases de datos PubMed, Scopus, Web of Science e PsycINFO, seguindo o modelo PICOS e as pautas PRISMA. Incluíronse nove estudos publicados entre 2015 e 2025 que avaliaron a debilidade muscular en atletas mediante medidas fisiolóxicas obxectivas, principalmente electroencefalografía (EEG), e un estudo baseado en biorretroalimentación. Os resultados amosan que a estimulación muscular (EM) está asociada a modulacións específicas da actividade cerebral, especialmente os ritmos sensoriomotores e as bandas alfa, beta e theta, que están implicadas na planificación e simulación do movemento. Identificouse variabilidade interindividual nos patróns neurofisiolóxicos, así como a influencia da experiencia deportiva e o contexto de adestramento na actividade cerebral. Só un estudo incorporou biofeedback como complemento á EM, e non se atopou ningunha investigación que aplicase o neurofeedback baseado en EEG combinado coa EM como intervención principal en atletas. En conclusión, a IM permite a modulación da actividade neurofisiolóxica asociada ao control motor e mellora o rendemento deportivo. Non obstante, a heteroxeneidade metodolóxica e a escaseza de estudos en contextos deportivos do mundo real salientan a necesidade de máis investigación.

AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titoría)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titoría)
Tribunal
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titor do alumno)

Urbanismo e perspectiva de xénero: Cara a cidades máis inclusivas.
Autoría
N.R.C.
Grao en Psicoloxía
N.R.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 13:30
19.02.2026 13:30
Resumo
A cidade non se presenta coma un espazo neutro. Dende as súas orixes, foi deseñada principalmente, por e para homes, ignorando as necesidades de gran parte da poboación. O urbanismo, no seu xeito tradicional, axústase a un modelo que prioriza as traxectorias laborais masculinas, o cal implica que cuestións fundamentais como a mobilidade accesible, a proximidade de servizos ou a seguridade no espazo público quedaran desatendidas en poboacións como mulleres, cativos e persoas coidadoras, entre moitas outras. O obxectivo deste traballo é polo tanto abordar, adoitando unha perspectiva crítica e feminista, cómo a organización da cidade contribuíu a perpetuar desigualdades de xénero no deseño e a organización desta. A través dunha revisión sistemática de diversos estudos examínase de qué xeito as cidades reproducen estructuras de exclusión, así como a inseguridade daqueles que non encaixan no que denominaremos modelo masculino tradicional. Por outra banda, abórdanse os efectos que teñen estas configuracións na infancia e no desarrollo da autonomía, a cidadanía e os roles de xénero dende idades temperás. En síntese, o presente traballo subliña a urxencia de reestructurar as cidades incorporando unha perspectiva feminista e inclusiva, dando visibilidade ás experiencias de colectivos históricamente ignorados co fin de constituir o espazo urbano coma un territorio democrático, accesible e seguro para toda a cidadanía.

Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Tribunal
Sampedro Vizcaya, María José (Titor do alumno)

Cómo afecta el trastorno del aspectro austista a os movemientos oculares
Autoría
A.Y.T.Á.
Grao en Psicoloxía
A.Y.T.Á.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a relación entre o trastorno do espectro autista (TEA) e os movementos oculares, co obxectivo de afondar nas diferenzas no procesamento social e cognitivo en adolescentes e adultos. Ante o incremento dos diagnósticos, o estudo céntrase en comprender como os patróns de mirada poden achegar información relevante sobre as dificultades características do trastorno. Para iso, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura científica, comparando persoas con TEA e individuos con desenvolvemento típico en diversas tarefas sociais e cognitivas. Os resultados indican que as persoas con TEA presentan estratexias de exploración visual diferentes, como unha menor atención sostida ás rexións máis informativas do rostro e unha maior dispersión da mirada, especialmente ante estímulos sociais complexos ou emocionalmente negativos. Non obstante, estas diferenzas non son uniformes en todo o espectro, xa que, en contextos estruturados, o rendemento pode ser semellante ao dos controis. As dificultades parecen relacionarse principalmente coa integración e o uso eficiente da información visual, máis que cunha evitación sistemática da mirada. Ademais, estas particularidades tamén se observan en procesos cognitivos non sociais, como a memoria. En conxunto, os movementos oculares preséntanse como un indicador relevante para comprender mellor o TEA, complementando a avaliación clínica tradicional.

Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Tribunal
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titor do alumno)

Educando no consentimento Un programa psicoeducativo para adolescentes orientado á prevención da violencia sexual e á sensibilización sobre o consumo de pornografía e prostitución.
Autoría
S.T.Q.
Grao en Psicoloxía
S.T.Q.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 12:30
19.02.2026 12:30
Resumo
A violencia sexual no ámbito da parella, así como o consumo de pornografía e prostitución, constitúen problemáticas que a sociedade vén arrastrando desde hai décadas. Ademais, estas realidades non poden entenderse como un conxunto de decisións individuais, senón que se sustentan en modelos sociais, educativos e relacionais que normalizan a desigualdade e a cosificación do corpo feminino. É por iso que o presente Traballo de Fin de Grao propón, desde unha perspectiva feminista abolicionista, o deseño dun programa de intervención psicoeducativa dirixido a adolescentes da Educación Secundaria Obrigatoria, orientado á promoción de relacións afectivo-sexuais saudables e á prevención da violencia sexual. A intervención enmárcase nun enfoque preventivo e pretende dotar o alumnado de ferramentas emocionais, comunicativas e críticas que favorezan relacións baseadas no respecto, na igualdade e no consentimento.

VELANDIA MORALES, ANDREA (Titoría)
VELANDIA MORALES, ANDREA (Titoría)
Tribunal
VELANDIA MORALES, ANDREA (Titor do alumno)

Estratexias de afrontamento en mulleres víctimas de violencia de xénero: una revisión estructurada da literatura
Autoría
X.V.G.D.B.
Grao en Psicoloxía
X.V.G.D.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 10:30
19.02.2026 10:30
Resumo
A violencia de xénero representa un problema social cun impacto significativo nas mulleres e está presente con frecuencia nas relacións de parella. O obxectivo deste estudo é analizar as estratexias de afrontamento empregadas polas mulleres vítimas de violencia de xénero mediante unha revisión narrativa da literatura científica mediante unha busca estruturada. A elección deste tema baséase na relevancia social do fenómeno e no interese da propia autora por comprender os procesos psicolóxicos implicados na superación de situacións de maltrato. Para o desenvolvemento deste estudo, realizouse unha revisión da investigación empírica centrada nas estratexias de afrontamento das mulleres vítimas de violencia. En resumo, os estudos analizados mostran que as estratexias de afrontamento empregadas polas mulleres vítimas de violencia de xénero son diversas e están influenciadas por factores persoais e contextuais. Entre estes, o apoio social destaca como unha das estratexias máis frecuentes e relevantes nos procesos de afrontamento e recuperación. Estes achados son útiles para deseñar programas de intervención e apoio adaptados ás necesidades específicas das mulleres vítimas de violencia de xénero.

REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Titoría)
REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Titoría)
Tribunal
REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Titor do alumno)