Familia, Parentalidade e Desenvolvemento Infanto-Xuvenil: Unha Visión Ecolóxica e Transaccional
Autoría
P.A.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria

Data da defensa
11.02.2026 16:00
11.02.2026 16:00
Resumo
A infancia e a adolescencia constitúen períodos de especial vulnerabilidade para o desenvolvemento de problemas de saúde mental, sendo a familia o contexto máis influínte no axuste infanto-xuvenil. Neste senso, as prácticas parentais ocupan un papel central, postulándose como as principais preditoras do desenvolvemento das crianzas, ao tempo que se atopan condicionadas por múltiples variables familiares. Por conseguinte, o obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión bibliográfica da evidencia científica recente sobre a influencia da dinámica familiar no exercicio da parentalidade e no desenvolvemento infanto-xuvenil. Para elo, levouse a cabo unha busca sistemática en PsycInfo e Web of Science, seleccionando 17 estudos publicados nos últimos dez anos. Os resultados indican que as características dos proxenitores e a calidade da relación de parella inflúen de maneira significativa no desenvolvemento emocional e condutual das crianzas, principalmente a través das prácticas parentais. Ademais, a dinámica familiar explícase mediante procesos transaccionais, nos que existe unha influencia bidireccional nas relacións parentofiliais. En base á literatura revisada, deseñouse unha intervención fundamentada no marco ecolóxico, que aborda a parentalidade e as distintas variables que a modulan. En definitiva, sublíñase a necesidade de intervencións sensibles ás interaccións presentes na dinámica familiar, apoiando unha concepción transaccional do desenvolvemento infanto-xuvenil.

Dirección
VILLAR TORRES, PAULA (Titoría)
VILLAR TORRES, PAULA (Titoría)
Tribunal
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
Regulación emocional e consumo de substancias: unha revisión da evidencia empírica
Autoría
M.A.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.A.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
11.02.2026 16:45
11.02.2026 16:45
Resumo
O consumo problemático de substancias constitúe un importante problema de saúde pública, asociado ao trastorno por uso de substancias (TUS) e a elevadas cargas sociais, económicas e sanitarias. A literatura recente identificou unha asociación consistente entre o consumo e maiores dificultades na regulación emocional (RE), observándose que as persoas con TUS presentan máis dificultades na RE en comparación coa poboación sa. Esta revisión analiza estudos recentes sobre a relación entre RE e consumo en poboación adulta sen comorbilidade con outros trastornos mentais. Os resultados confirman unha relación positiva entre desregulación emocional (DE), consumo problemático e maior severidade do TUS, destacando especialmente as dimensións de control dos impulsos, acceso limitado a estratexias e non aceptación emocional. Ao centrarse en mostras xerais e clínicas sen psicopatoloxía engadida, os achados suxiren que a relación entre RE y consumo é robusta e relativamente independente da presenza de comorbilidade. Finalmente, propónse unha intervención preventiva dirixida a adultos novos de contornos desfavorecidos con consumo de risco de alcol e tabaco, pero sen TUS, enfocada en adestrar as dimensións da RE máis vencelladas ao consumo. Esta aproximación pretende fortalecer habilidades regradoras temperás e previr a progresión cara a patróns de uso máis graves.

MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
Protocolo indicado para poboación infanto-xuvenil de risco: intervención sanitaria baseada no autocontrol e a familia
Autoría
R.A.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
R.A.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
11.02.2026 17:30
11.02.2026 17:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo o deseño dunha proposta de intervención psicolóxica de carácter indicado dirixida a poboación infanto-xuvenil de entre 10 e 15 anos con impulsividade, desregulación emocional e condutas disruptivas leves ou moderadas, cun enfoque preventivo orientado a evitar a evolución cara a problemáticas de maior gravidade. A intervención inspírase en programas cognitivo-conductuais baseados na evidencia, principalmente no Coping Power Program, adaptando os seus mecanismos de acción nucleares a un formato viable no contexto da psicoloxía sanitaria privada baixo o principio de flexibilidade dentro da fidelidade. O programa estrutúrase en 12 sesións semanais de 60 minutos alternas co menor e cos pais, precedidas por dúas sesións preparatorias. Inclúe un seguimento aos tres meses e compoñentes de adestramento en autocontrol, regulación emocional e solución de problemas no menor, así como intervención sobre prácticas parentais consistentes e reforzo positivo. A poboación diana inclúe menores en situación de risco evolutivo sen psicopatoloxía grave, cunha participación activa das familias. A avaliación realízase mediante instrumentos estandarizados e escalas de cualificación. En conclusión, a proposta deseñada é teoricamente coherente, baseada na evidencia dispoñible e potencialmente útil para contextos sanitarios, aínda que son necesarias futuras investigacións que avalíen empiricamente a súa eficacia.

GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
Tribunal
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
Desemprego de larga duración e benestar: unha revisión exploratoria da literatura
Autoría
I.B.G.
Máster Universitario en Psicoloxía
I.B.G.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 16:00
19.02.2026 16:00
Resumo
Existen numerosas evidencias sobre o impacto negativo do desemprego no equilibrio psicolóxico e social da poboación. Con todo, esta evidencia conta con resultados mixtos, debido á existencia de factores que poidan modular estes efectos negativos no tempo. Por iso, o presente Traballo Fin de Máster (TFM) tivo como obxetivo realizar unha revisión exploratoria da literatura que permitise sintetizar os achados sobre os efectos do desemprego de longa duración no benestar e as súas diferentes dimensións (física, mental, social e ambiental), considerando os factores psicosociais implicados e os impactos a curto e a longo prazo. Para iso, realizouse unha procura a través das bases de datos de PsycINFO e Web of Science, das que, tras un proceso de extracción sistemática, incluíronse finalmente 105 estudos na revisión. Os resultados apuntaron de maneira consistente que o desemprego prolongado exerce efectos negativos significativos en todas as dimensións, e que se agravan coa duración da inactividade laboral. Os efectos son especialmente pronunciados en mozos recentemente graduados, persoas próximas á xubilación, mulleres en períodos pre e postnatales, inmigrantes, persoas en risco de pobreza e quen presenta problemas previos de saúde física ou mental. Estes efectos poden verse paliados a través de programas de natureza psicosocial e comunitaria, con énfase na atención personalizada, a mellora da inserción laboral e a facilitación de emprego propio a través de estratexias como o emprendemento social.

Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Tribunal
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)

Programa para a mellora do autocoidado en mulleres que están en proceso de abandonar a prostitución
Autoría
C.B.V.
Máster Universitario en Psicoloxía
C.B.V.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 17:00
19.02.2026 17:00
Resumo
A prostitución é un dos negocios que máis diñeiro move no mundo e utiliza como obxecto de produción, principalmente, a mulleres. Estas mulleres, na súa maioría, son migrantes, pobres e con cargas familiares, polo que están en situación de vulnerabilidade. Esta vulnerabilidade é a que impulsa a entrada no contexto prostitucional, pero increméntase unha vez dentro, dificultando a súa saída e manténdoas nesa situación. Para abordar aqueles factores que fomentan a súa permanencia en prostitución, elaboramos un programa de intervención co obxectivo de mellorar o autocoidado en mulleres que están en proceso de abandonar o contexto prostitucional. Buscamos conseguilo a través do traballo nas seguintes esferas: a importancia da saúde, autoestima, emocións, establecimiento de límites e o estigma. Desta forma, xeramos factores de protección en mulleres que xa están preparadas para tomar a decisión de abandonar a prostitución, puidendo servirlles de reforzo para iniciar o cambio. Ao longo deste traballo explícase como se levaría a cabo cada unha das sesións do programa, construídas a partir dunha base teórica que recolle as necesidades detectadas nesta poboación. Despois, falaremos dos resultados que esperamos obter, faremos unha discusión e, finalmente, un apartado de conclusións, limitacións e diretrices futuras. Neste último apartado recóllense os puntos fortes e débiles do programa, así como suxerencias que poderían implementarse nun futuro para a súa mellora.

MIRON REDONDO, MARIA LOURDES (Titoría)
MIRON REDONDO, MARIA LOURDES (Titoría)
Tribunal
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
Programa de rehabilitación cognitiva das funcións executivas para persoas con trastorno por uso de alcohol
Autoría
U.C.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
U.C.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
11.02.2026 16:00
11.02.2026 16:00
Resumo
O Trastorno por Uso de Alcohol (TUA) asóciase a afectación cognitiva. Os déficits das funcións executivas relaciónanse ca falta de adherencia ao tratamento e co mantemento do consumo, que á súa vez provoca consecuencias negativas sobre a calidade de vida. Os programas de rehabilitación cognitiva mostraron ser eficaces na mellora do control executivo e no apoio a a outros programas de tratamento para o mantemento da abstinencia, pero presentan elevadas taxas de abandono, insuficientes medidas funcionais e unha falta de avaliación a longo prazo. Preséntase unha proposta de intervención para persoas con TUA dirixida a mellorar o rendemento en inhibición, planificación e toma de decisións, con fin de reducir o risco de recaídas e mellorar a adherencia ao tratamento. Conta con 11 sesións en formato grupal deseñadas para implementarse nas unidades de tratamento ao alcoholismo do SERGAS. Inclúese un compoñente psicoeducativo para fomentar a adherencia ao programa de rehabilitación. Espérase que a obtención de melloras a nivel executivo potencie a adherencia e eficacia ao tratamento psicolóxico para o TUA. Proponse unha avaliación de seguimento do mantemento da abstinencia, das melloras de calidade de vida e da autoeficacia a longo prazo.

CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
Rodríguez Salgado, Dolores (Vogal)

Lembranzas falsas en contextos bilingües: cando a lingua moldea a memoria
Autoría
M.C.C.P.
Máster Universitario en Psicoloxía
M.C.C.P.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.02.2026 19:00
18.02.2026 19:00
Resumo
A memoria non funciona como un rexistro exacto da experiencia, senón como un sistema dinámico, reconstructivo e susceptible a distorsións. Neste marco, o presente traballo desenvólvese baixo o paradigma da desinformación e ten como obxectivo analizar como a lingua na que se procesa a información pode modular a formación de lembranzas falsas en persoas bilingües. A partir do modelo de procesamento dual do pensamento e do efecto da lingua estranxeira (Foreign Language Effect), propuxéronse que o uso dunha segunda lingua podería favorecer un pensamento máis deliberativo e, polo tanto, reducir a incorporación de información errónea. Para contrastar esta hipótese principal, realizouse un estudo experimental con 65 participantes bilingües español-inglés, empregando materiais visuais, narrativas descritivas dos eventos e probas de recoñecemento. Mediante o modelo lineal xeneralizado mixto (GLMM) analizaronse os datos e as interaccións entre o tipo de ítem, a lingua e a orde de presentación dos estímulos. Os resultados amosaron un efecto significativo da lingua, observándose unha maior taxa de respostas incorrectas en inglés (OR = 1.64, p .001), o cal non apoia a hipótese principal. Ademais, o seguimento da fonte foi menos preciso en inglés (B = -1.34, p .001), mentres que os xuízos de confianza non variaron de forma significativa. En resumo, estes achados suxiren que a lingua actúa como modulador na recuperación da lembranza e que a formación de lembranzas falsas depende da interacción entre variables lingüísticas e contextuais.

FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titoría)
DIAZ LAGO, MARCOS Cotitoría
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titoría)
DIAZ LAGO, MARCOS Cotitoría
Tribunal
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Presidente/a)
Gómez Salgado, Patricia (Secretario/a)
Gómez Roman, Cristina (Vogal)

Proposta de intervención psicolóxica centrada no trauma en persoas con Trastorno Mental Grave: Aplicación ao contexto dun Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral.
Autoría
D.C.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
D.C.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
As persoas con Trastorno Mental Grave (TMG) presentan con frecuencia historia de experiencias potencialmente traumáticas, o que pode interferir na consecución dos obxectivos rehabilitadores e na construción dun proxecto vital orientado á recuperación. No contexto dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) estas dificultades fan necesario o deseño de intervencións psicolóxicas específicas, sensibles ao trauma e centradas na recuperación. O presente traballo ten por obxectivo deseñar unha proposta de intervención dirixida a persoas con TMG, orientada ao traballo da regulación emocional, o afrontamento cognitivo e á reconstrución da identidade persoal. O programa estrutúrase de xeito progresivo, combinando sesións grupais e individuais, e integrando elementos da terapia cognitivo-condutual centrada no trauma con achegas do enfoque narrativo, incluíndo a adaptación selectiva de exercicios do modelo Narrative Enhancement and Cognitive Therapy (NECT). A proposta prioriza a seguridade emocional, o control persoal e a participación voluntaria, evitando a exposición traumática directa, e atópase adaptada ás características e necesidades do contexto comunitario. Finalmente, discútense o potencial do programa, as súas limitacións e as posibilidades de transferencia a outros dispositivos de saúde mental comunitaria, subliñando a importancia de intervencións integradoras orientadas ao significado e á continuidade persoal nos procesos de rehabilitación.

SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
DOALLO PESADO, SONIA (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)

Programa ARREA: Autorregulación Emocional y Autonomía.
Autoría
L.M.C.V.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
L.M.C.V.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo deseñar unha proposta de intervención preventiva dirixida a adolescentes, para previr o desenvolvemento de dificultades emocionais na adultez emerxente. O programa ARREA: Autorregulación Emocional e Autonomía, fundaméntase no modelo de aprendizaxe socioemocional proposto pola CASEL, centrándose na autorregulación emocional e no desenvolvemento da autonomía. A proposta exponse como unha intervención de prevención universal deseñada para implementarse no contexto educativo, dirixida a estudantes de 4º de ESO a 2º de Bacharelato. O programa estrutúrase en catro módulos: autorregulación emocional, establecemento de metas e xestión do tempo, toma de decisións e solución de problemas; desenvoltos ao longo de 14 sesións grupais con frecuencia semanal. A avaliación do programa lévase a cabo mediante instrumentos que avalían o malestar emocional e as competencias adestradas, realizando medidas preintervención, postintervención e de seguimento. Esta proposta pretende dotar aos participantes de habilidades que faciliten unha transición adaptativa cara á adultez emerxente e preveñan a aparición de problemas de saúde mental, salientando a importancia da súa integración no proceso educativo.

CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Secretario/a)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Vogal)

Prevención de recaídas asociadas ao consumo de alcohol desde un enfoque ecolóxico: deseño dun programa de habilidades sociais na Asociación Érguete
Autoría
D.E.B.
Máster Universitario en Psicoloxía
D.E.B.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
19.02.2026 18:00
19.02.2026 18:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo deseñar un programa de intervención psicosocial orientado á prevención de recaídas en persoas que se atopan nun proceso de recuperación por Trastorno por Consumo de Substancias, centrando a atención especificamente no consumo de alcohol como factor de risco presente en diversos contextos sociais. Desde un enfoque biopsicosocial, a recaída concíbese como un proceso complexo e multidimensional, influído por factores individuais, relacionais e comunitarios. A partir dunha revisión teórica baseada no modelo ecolóxico de Bronfenbrenner (1987), analízanse os procesos de recaída, os factores de risco e de protección e o papel das habilidades sociais como recurso clave para afrontar a presión social e a normalización cultural do alcohol no contexto español. En función disto, deseñase un programa grupal dirixido a persoas adultas residentes en vivendas de apoio ao tratamento (VAT), no marco do traballo desenvolvido pola Asociación Érguete. Este programa incorpora o uso do podcast como metodoloxía de traballo e estrutúrase en oito sesións de noventa minutos. Ao longo das sesións trabállase o adestramento en comunicación efectiva, asertividade, regulación emocional, toma de decisións e o fortalecemento e a reconstrución de redes de apoio social, empregando a palabra e a escoita como ferramentas centrais. A proposta desenvólvese mediante unha metodoloxía participativa e conta cun sistema de avaliación orientado a valorar cambios percibidos nas habilidades sociais, na autoeficacia e no manexo de situacións de risco asociadas ao consumo de alcohol.

López Durán, Ana (Titoría)
López Durán, Ana (Titoría)
Tribunal
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
A (des)ilusión do control: anomia, neoliberalismo e uso acrítico da Intelixencia Artificial
Autoría
L.F.P.
Máster Universitario en Psicoloxía
L.F.P.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.02.2026 16:00
18.02.2026 16:00
Resumo
A intelixencia artificial é unha ferramenta cun gran potencial que xa está exercendo un poderoso impacto na sociedade, transformando dende contornas educativas e laborais ata a vida diaria. Non obstante, as características da intelixencia artificial reforzan a necesidade de estudar como as persoas utilizan esta feramenta, en concreto, que mecanismos poden explicar que os individuos fagan un uso acrítico da mesma. O obxectivo do presente estudo é determinar se o uso acrítico da intelixencia artificial pode ser epxlicado por variables como a autoeficacia, o pensamento crítico, a necesidade de peche cognitivo, a anomia e o neoliberalismo. Para isto, desenvolveuse un cuestionario no que 146 participantes respondían a preguntas relacionadas con estas variables. Os resultados revelan que tanto a anomia como o neoliberalismo se relacionan co uso acrítico da intelixencia artificial, o que pode deberse a unha búsqueda da restauración do control, por unha banda, e a necesidade de obter unha vantaxe competitiva, pola outra. Estos achados teñen relevancia xa que parecen evidenciar a influencia de variables macrosociais no uso da intelixencia artificial sen o debido cuestionamento crítico, o que podería ter implicacións a longo prazo relacionadas coa perda das conexións sociais a dependenza da ferramenta.

Dono Martín, Marcos (Titoría)
Dono Martín, Marcos (Titoría)
Tribunal
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Presidente/a)
Gómez Salgado, Patricia (Secretario/a)
Gómez Roman, Cristina (Vogal)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Presidente/a)
Gómez Salgado, Patricia (Secretario/a)
Gómez Roman, Cristina (Vogal)
Programa de prevención indicada do consumo de cánnabis en mozos institucionalizados
Autoría
S.G.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
S.G.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 10:45
13.02.2026 10:45
Resumo
O consumo de cánnabis na adolescencia constitúe un problema relevante de saúde pública, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade psicosocial como o da xustiza xuvenil. O obxectivo do presente traballo é deseñar un programa de prevención indicada do consumo de cánnabis en adolescentes institucionalizados baixo medida xudicial. O programa diríxese a mozos de entre 14-18 anos que cumpren unha medida xudicial en calquera dos réximes contemplados no sistema de Xustiza Xuvenil e que presentan un consumo previo de cánnabis, sen cumprir os criterios diagnósticos de trastorno por consumo de cánnabis. A intervención exponse en formato grupal, con posibilidade de apoio individual, e integra módulos de psicoeducación, estratexias motivacionais e adestramento en habilidades sociais, desde un enfoque cognitivo-conductual. Dado que durante o cumprimento da medida xudicial o consumo non adoita ser posible, a avaliación céntrase en variables cognitivas e motivacionais, como as crenzas e actitudes cara ao consumo de cánnabis e a motivación para o cambio. A pesar do seu carácter teórico, a proposta constitúe unha base sólida para futuras implementacións e avaliacións empíricas, con potencial para contribuír á prevención do consumo de cánnabis e á mellora dos procesos de reinserción psicosocial.

BARROSO HURTADO, MARIA (Titoría)
BARROSO HURTADO, MARIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Secretario/a)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Vogal)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Secretario/a)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Vogal)
Trastorno de pánico e asma en adultos: comorbilidade clínica e o seu impacto
Autoría
I.G.A.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
I.G.A.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
11.02.2026 18:15
11.02.2026 18:15
Resumo
A comorbilidade entre o trastorno de pánico e a asma adquiriu unha relevancia clínica crecente nos últimos anos, dada a súa frecuente coexistencia e o impacto mutuo no control respiratorio e na calidade de vida. Porén, a literatura científica sobre a prevalencia, a bidireccionalidade e o impacto clínico desta asociación é limitada e heteroxénea. O obxectivo desta revisión sistemática é analizar a prevalencia do trastorno de pánico en adultos con asma, a direccionalidade da relación, os factores asociados e o seu impacto na morbilidade, o control da asma e a calidade de vida. Realizouse unha revisión sistemática en PsycINFO, Web of Science, SCOPUS e MEDLINE ata novembro de 2025, seleccionando 26 estudos empíricos (N=400.606 participantes). Os resultados indican unha prevalencia de trastorno de pánico en asmáticos entre o 6,5 % e o 19,6 %, maior que na poboación xeral, o que confirma un risco bidireccional, maior en mulleres, en persoas con asma grave e en persoas con inicio precoz. Esta comorbilidade asóciase sistematicamente cun peor control percibido da asma, un maior uso de visitas a urxencias e medicación de rescate, limitacións funcionais e un declive na calidade de vida, sen diferenzas claras na función pulmonar obxectiva. Estes resultados salientan a necesidade dunha detección sistemática do trastorno de pánico en asmáticos e de enfoques integrados para avaliar e tratar conxuntamente os síntomas de pánico durante o tratamento rutineiro da asma. Finalmente, proponse un programa de grupo cognitivo conductual adaptado para reducir os síntomas de pánico, optimizar o control da asma e mellorar o benestar.

VAZQUEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
BARROSO HURTADO, MARIA (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
Aproximación clínica ao TLP: descrición e análise dunha traxectoria terapéutica individual
Autoría
A.I.D.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
A.I.D.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 11:30
13.02.2026 11:30
Resumo
O presente traballo tivo como principal obxectivo describir a traxectoria terapéutica de Helena, unha paciente de 25 anos diagnosticada de TLP que cumpría con 7 dos 9 criterios propostos para o trastorno e que presentaba un TCA e un trastorno por consumo de cánnabis comórbidos. A avaliación realizada a través da entrevista clínica e os cuestionarios aplicados permitiu observar algúns dos problemas cos que se atopaba a paciente inicialmente: dificultades cos límites (marcadas polo temor ao abandono), condutas desadaptativas de regulación emocional (p. ex., autolesiones e consumo de substancias), inestabilidade emocional, explosións de ira, sentimentos de baleiro e síntomas disociativos. A exploración dos factores contextuais que rodeaban a súa historia de vida favoreceu o establecemento dunha adecuada formulación clínica do caso, que serviu para deseñar unha intervención adaptada ás súas particularidades. Dita intervención, de base psicoeducativa, incorporou elementos tanto da TCC clásica como da DBT, permitindo unha abordaxe integral. Os resultados cuantitativos relativos á avaliación postintervención foron desfavorables. A súa análise puxo en relevo a importancia de considerar a baixa dose e frecuencia do tratamento, a complexidade clínica do caso e a influencia doutros factores clínicos, situacionais e evaluativos.

OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Secretario/a)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Vogal)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Secretario/a)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Vogal)
Programa Ultreia: Unha proposta de intervención orientada á promoción do benestar e á redución do malestar psicolóxico en estudantes de doutoramento.
Autoría
S.B.K.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
S.B.K.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 10:45
13.02.2026 10:45
Resumo
Os estudos de doutoramento constitúen unha etapa formativa diferenciada e con elevados niveis de esixencia. Neste contexto, a literatura identificou nos estudantes de doutoramento unha maior prevalencia de problemas de saúde mental. Con todo, actualmente existe unha carencia de intervencións psicolóxicas deseñadas especificamente para este colectivo. Por iso, o presente Traballo de Fin de Máster ten por obxectivo deseñar unha proposta de intervención psicolóxica dirixida aos estudantes de doutoramento, orientándose tanto á redución do malestar como á promoción do benestar psicolóxico. Así, o programa “Ultreia” parte dos factores de risco e de protección identificados nesta poboación e fundaméntase no enfoque cognitivo-conductual e no modelo transdiagnóstico. A intervención organízase en nove módulos que combinan sesións grupais dunha hora por videochamada, realizadas bisemanalmente, con contidos aplicados a través dunha aplicación móbil, nos cales se incorpora o uso da gamificación como estratexia para favorecer a motivación e a adherencia. Ademais, contémplase un seguimento aos 1, 3, 6 e 12 meses. En suma, mediante esta proposta preténdese expor unha intervención psicolóxica específica, accesible e adaptada ás necesidades e demandas dos estudantes de doutoramento.
Os estudos de doutoramento constitúen unha etapa formativa diferenciada e con elevados niveis de esixencia. Neste contexto, a literatura identificou nos estudantes de doutoramento unha maior prevalencia de problemas de saúde mental. Con todo, actualmente existe unha carencia de intervencións psicolóxicas deseñadas especificamente para este colectivo. Por iso, o presente Traballo de Fin de Máster ten por obxectivo deseñar unha proposta de intervención psicolóxica dirixida aos estudantes de doutoramento, orientándose tanto á redución do malestar como á promoción do benestar psicolóxico. Así, o programa “Ultreia” parte dos factores de risco e de protección identificados nesta poboación e fundaméntase no enfoque cognitivo-conductual e no modelo transdiagnóstico. A intervención organízase en nove módulos que combinan sesións grupais dunha hora por videochamada, realizadas bisemanalmente, con contidos aplicados a través dunha aplicación móbil, nos cales se incorpora o uso da gamificación como estratexia para favorecer a motivación e a adherencia. Ademais, contémplase un seguimento aos 1, 3, 6 e 12 meses. En suma, mediante esta proposta preténdese expor unha intervención psicolóxica específica, accesible e adaptada ás necesidades e demandas dos estudantes de doutoramento.
Dirección
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
DOALLO PESADO, SONIA (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
DOALLO PESADO, SONIA (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
Inmigración e participación
Autoría
C.M.G.
Máster Universitario en Psicoloxía
C.M.G.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.02.2026 17:00
18.02.2026 17:00
Resumo
Este traballo describe o deseño dun proxecto de intervención social dirixido a promover a participación política e cívica de persoas migrantes en España. O proxecto baséase en evidencias empíricas que contextualizan a situación da poboación migrante e sinalan a existencia de múltiples barreiras que limitan a implicación cívica e política deste colectivo nas sociedades de acollida. Proponse unha intervención grupal de carácter formativo e participativo, estruturada en cinco módulos, que combina contidos teóricos e dinámicas prácticas co obxectivo de reforzar o coñecemento cívico, desenvolver habilidades para a acción colectiva e crear redes entre migrantes. O programa inclúe sesións centradas nos dereitos e nas formas de participación política formal e informal, no coñecemento do sistema político e asociativo local, na participación cívica, nas habilidades de liderado e de defensa política, e na acción comunitaria real a través do desenvolvemento dunha proposta colectiva.

SABUCEDO CAMESELLE, JOSE MANUEL (Titoría)
SABUCEDO CAMESELLE, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Presidente/a)
Gómez Salgado, Patricia (Secretario/a)
Gómez Roman, Cristina (Vogal)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Presidente/a)
Gómez Salgado, Patricia (Secretario/a)
Gómez Roman, Cristina (Vogal)
Mecánicos do TDAH. Programa de prevención de problemas de conduta en menores con TDAH.
Autoría
M.D.L.M.M.V.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.D.L.M.M.V.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 12:15
13.02.2026 12:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo deseñar unha proposta de intervención orientada á prevención dos problemas de conduta en menores con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), mediante o fomento do control inhibitorio e a regulación emocional. Para isto, elabórase un programa dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 11 anos e aos seus proxenitores, estruturado en dez sesións de noventa minutos, desenvolto nun contexto sanitario. A proposta baséase no modelo explicativo de Barkley sobre o TDAH (1997) e toma como referencia programas de eficacia probada con obxectivos similares. A intervención cos menores céntrase na psicoeducación e no entrenamento do control inhibitorio e da regulación emocional, mentres que cos pais trabállase a psicoeducación, a modificación das dinámicas familiares e a aprendizaje de estratexias baseadas na evidencia. A evaluación da intervención plantéxase mediante un deseño pre-post, utilizando probas estandarizadas e autorrexistros para analizar a evolución e cambio dos participantes ao longo do programa. De este xeito, considérase que a intervención é viable e responde ás demandas das familias.
O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo deseñar unha proposta de intervención orientada á prevención dos problemas de conduta en menores con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), mediante o fomento do control inhibitorio e a regulación emocional. Para isto, elabórase un programa dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 11 anos e aos seus proxenitores, estruturado en dez sesións de noventa minutos, desenvolto nun contexto sanitario. A proposta baséase no modelo explicativo de Barkley sobre o TDAH (1997) e toma como referencia programas de eficacia probada con obxectivos similares. A intervención cos menores céntrase na psicoeducación e no entrenamento do control inhibitorio e da regulación emocional, mentres que cos pais trabállase a psicoeducación, a modificación das dinámicas familiares e a aprendizaje de estratexias baseadas na evidencia. A evaluación da intervención plantéxase mediante un deseño pre-post, utilizando probas estandarizadas e autorrexistros para analizar a evolución e cambio dos participantes ao longo do programa. De este xeito, considérase que a intervención é viable e responde ás demandas das familias.
Dirección
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Secretario/a)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Vogal)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Secretario/a)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Vogal)
Grupo de axuda mutua para promover a inclusión social e o arraiga de bolseiros BEME en Galicia.
Autoría
M.N.M.
Máster Universitario en Psicoloxía
M.N.M.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.02.2026 18:00
18.02.2026 18:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster aborda a experiencia de mozas que retornan a Galicia a través da bolsa BEME. Este proceso non se limita ao desprazamento físico nin á realización de estudos de posgraduado, senón que implica atravesar emocións, reconstrucións identitarias e desafíos de adaptación propios do retorno migratorio. Para moitas destas persoas, regresar supón atoparse cun territorio que forma parte da súa historia familiar, pero que non sempre fora habitado directamente, xerando sensacións de proximidade e extrañamiento á vez. Neste marco, deséñase un Grupo de Axuda Mutua orientado a ofrecer un espazo grupal seguro, que ten por obxectivo, acompañar o proceso migratorio desde unha perspectiva comunitaria, favorecendo a creación de redes, o sentido de pertenza e a toma de decisións informada. A través deste espazo colectivo, preténdese que o retorno poida ser vivido de maneira menos solitaria, fortalecendo recursos persoais e comunitarios que contribúan ao arraigamento e ao benestar emocional nesta nova etapa en Galicia.

FERNANDEZ FERNANDEZ, CONCEPCION (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Presidente/a)
Gómez Salgado, Patricia (Secretario/a)
Gómez Roman, Cristina (Vogal)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Presidente/a)
Gómez Salgado, Patricia (Secretario/a)
Gómez Roman, Cristina (Vogal)
Abuso infantil e saúde mental en poboación penitenciaria: unha revisión sistemática con proposta de intervención.
Autoría
M.N.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.N.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 11:30
13.02.2026 11:30
Resumo
O presente traballo identifícase como unha revisión sistemática co obxectivo de analizar a prevalencia de abuso infantil na poboación penitenciaria, a súa relación coa presenza de trastornos mentais e o posible efecto moderador da propia contorna penal. Para iso incluíronse artigos dispoñibles nas bases de datos de Web of Science e PsycInfo publicados en inglés ou español entre 2015 e 2025 en poboación adulta privada de liberdade. Excluíronse aqueles non relacionados coa temática, artigos sen acceso ao texto completo e revisións sistemáticas ou metaanálisis quedándonos finalmente cun total de 22 artigos e 9.405 participantes. Os achados mostran unha elevada prevalencia de abuso infantil especialmente de tipo emocional e unha relación consistente con depresión, ansiedade, trastorno por estrés postraumático e consumo de substancias entre outros trastornos. Ademais, a acumulación de experiencias adversas na infancia e o carácter potencialmente retraumatizante de prisión subxacen como variables relevantes. Entre as limitacións do presente traballo destacan o predominio maioritario de deseños transversais e o uso de autoinformes. Por último, baseándose no programa PAIEM e tendo en conta os achados relevantes, realizouse unha proposta de intervención baseada en ter en conta o trauma infantil en poboación privada de liberdade á hora de mellorar o benestar psicolóxico e a reinserción.

Melloras Funcionais da Intervención Neuropsicolóxica na Cognición Social tras Dano Cerebral Adquirido: Unha Revisión Sistemática
Autoría
R.N.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
R.N.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
11.02.2026 16:45
11.02.2026 16:45
Resumo
O dano cerebral adquirido (DCA) está asociada a secuelas cognitivas, emocionais e comportamentais que afectan de forma significativa ao funcionamento global dunha persoa. Entre estas secuelas, os déficits na cognición social son un factor clave, xa que dificultan a comprensión das señáis sociais, a regulación do comportamento e a calidade das interacións interpersoais. O obxectivo deste estudo é determinar se as intervencións neuropsicolóxicas na cognición social en persoas con DCA producen melloras funcionais. Realizouse unha revisión sistemática que inclúe estudos experimentais na poboación adulta con DCA que avaliaron resultados funcionais tras unha intervención na cognición social. Incluíronse 11 estudos (N = 587), principalmente con mostras de traumatismo craneoencefálico (TCE) en fases subagudas ou crónicas. As intervencións foron heteroxéneas, con predominio de programas multicompoñentes e en formato grupal. Os resultados amosaron melloras funcionais principalmente na comunicación e no comportamento social, especialmente nas medidas proximais e na consecución de obxectivos individualizados, mentres que os efectos na participación social, no benestar emocional e na calidade de vida foron máis inconsistentes. En conxunto, as probas suxiren que as intervencións ecolóxicas, centradas nas habilidades funcionais e contextualizadas, poden promover melloras relevantes no funcionamento cotián.

Apego, crianza e regulación emocional no comportamento alimentario e na obesidade infantil e adolescente: unha revisión da evidencia
Autoría
V.P.E.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
V.P.E.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
11.02.2026 17:30
11.02.2026 17:30
Resumo
A obesidade na infancia e adolescencia é un problema de saúde pública con múltiples causas, no que os factores psicolóxicos e relacionais desenvolvidos cedo no contexto familiar xogan un papel significativo. O obxectivo desta revisión sistemática foi analizar as probas empíricas sobre a influencia de variables familiares, como a calidade do vínculo pai/nai-fillo temperán e as prácticas de crianza e alimentación, no risco de sobrepeso e obesidade en nenos/as e adolescentes. Revisáronse artigos científicos publicados desde 2015 mediante buscas sistemáticas nas bases de datos PsycInfo e Web of Science, aplicando criterios de inclusión e exclusión que resultaron na selección final de 17 estudos. Os resultados indican a existencia de asociacións significativas entre a inseguridade de apego, o uso de prácticas parentais controladoras e un maior risco de sobrepeso e obesidade en nenos/as, relacións que se median en gran medida pola desregulación emocional e os patróns de alimentación emocional na infancia. Do mesmo xeito, obsérvase evidencia de relacións bidirecionais entre as variables parentais e infantís. Baseándose nestes achados, propónse un programa preventivo orientado á familia, co obxectivo de reforzar a calidade do vínculo emocional, promover a parentalidade responsiva e fomentar o desenvolvemento dunha regulación emocional e alimentaria adaptativa durante a infancia e a adolescencia.

Da adversidade temperá á conduta autolesiva non suicida (NSSI): Unha revisión da evidencia empírica
Autoría
L.P.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
L.P.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 12:15
13.02.2026 12:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster constitúe unha revisión bibliográfica, co principal obxectivo de analizar a relación entre as Experiencias Adversas na Infancia (ACE) e a Conduta Autolesiva Non Suicida (NSSI) en poboación adolescente, identificando os tipos de ACE máis relevantes, os mecanismos mediadores implicados, as variables moderadoras e o papel do xénero. Para iso, realizouse unha búsqueda bibliográfica nas bases de batos PsycInfo e Medline, da que se incluíron 21 artigos. A revisión da literatura permite concluir a existencia dunha asociación consistente entre a exposición a ACE e a NSSI durante a adolescencia, mediada principalmente pola desregulación emocional e moderada por múltiples factores personais, interpersonais e contextuais, que amplifican e/ou atenúan os seus efectos. A súa vez, identifícase o xénero como unha variable relevante debido ao seu papel diferencial no impacto das ACE sobre a NSSI. Por último, de acordo cos resultados, proponse unha intervención grupal dirixida a adolescentes con ACE, basada no desenvolvemento de estratexias de regulación emocional alternativas á NSSI.

ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Titoría)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Titoría)
Tribunal
DOALLO PESADO, SONIA (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
DOALLO PESADO, SONIA (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
Alteracións na conectividade funcional en etapas temperás da enfermidade de Alzheimer en relación con pTau217 plasmático
Autoría
Á.A.S.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Á.A.S.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
11.02.2026 18:15
11.02.2026 18:15
Resumo
Empregouse a Resonancia Magnética funcional (RMf) para avaliar a conectividade funcional (CF) como biomarcador útil para detectar a presenza de procesos neuropatolóxicos da enfermidade de Alzheimer (EA). Nunha mostra de 240 persoas con EA temperá, relacionáronse os seus patróns de CF co nivel plasmático de pTau217, un biomarcador non invasivo que reflicte a presenza de depósitos amiloides e de taupatía. Mediante análises de patróns multivóxel (MVPA), identificáronse agrupacións de vóxeles cuxos patróns de conectividade variaron segundo pTau217. Posteriormente, realizáronse análises seed-to-voxel, empregando estas agrupacións como sementes para determinar a dirección da CF. En xeral, observouse que niveis máis altos de pTau217 se relacionaron con desconexión entre varias redes funcionais, como a rede por defecto (DMN), a rede de saliencia (SAL), a rede de control frontoparietal (FPCN), a rede somatomotora (SMN) e a rede atencional dorsal (DAN). Ademais, unha medida agregada da CF evidenciou que estas alteracións estaban afectando á cognición. Estes achados son coherentes coa conceptualización da EA como un síndrome de desconexión e da existencia de mecanismos de deterioro das redes funcionais. Apóiase a capacidade da CF como biomarcador capaz de detectar procesos neuropatolóxicos na EA e hai implicacións clínicas para comprobar a efectividade de intervencións neuropsicolóxicas.

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
Rodríguez Salgado, Dolores (Vogal)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
Rodríguez Salgado, Dolores (Vogal)
Deseño de un programa de intervención afectivo-sexual para persoas con esquizofrenia.
Autoría
L.V.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
L.V.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 11:00
13.02.2026 11:00
Resumo
As persoas con esquizofrenia experimentan numerosas dificultades relacionadas coa sexualidade, con varios factores asociados a elas. O obxectivo deste Traballo Fin de Máster é deseñar un programa de intervención afectivo-sexual dirixido a persoas novas (de 18 a 30 anos) con esquizofrenia, que aborde os principais factores relacionados con esta área, co fin de promover o establecemento e o mantemento de relacións íntimas adecuadas e satisfactorias. O programa, de natureza cognitivo-conductual, conta cun protocolo de avaliación pre- e post-intervención e tres seguimentos posteriores, que permitirán analizar os resultados obtidos e o seu mantemento ao longo do tempo. Ademais, consta de 27 sesións de intervención, nun formato grupal de entre 6 e 8 persoas, agrupadas en 6 módulos de contido: 1) sexualidade e relacións íntimas, 2) relacións sexuais seguras, 3) dificultades no funcionamento sexual, 4) comportamentos de risco nas relacións sexuais, 5) autoconcepto, autoestima, cognicións e emocións relacionadas coa esfera afectivo-sexual, e 6) entrenamento en habilidades sociais e de comunicación, estratexias de afrontamento e resolución de problemas. Este programa supón un enfoque integral da sexualidade e das necesidades íntimas das persoas con esquizofrenia, contribuíndo ao seu benestar emocional e a unha recuperación máis completa.

MIGUEZ VARELA, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Vogal)

Conflito familiar e regulación emocional en nenos e adolescentes
Autoría
I.V.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
I.V.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 11:45
13.02.2026 11:45
Resumo
O conflito interparental foi identificado como un factor de risco significativo para o desenvolvemento emocional durante a infancia e a adolescencia. Non obstante, a evidencia dispoñible presenta resultados heteroxéneos, especialmente en canto á regulación emocional. Neste contexto, este estudo analiza a relación entre o conflito interparental, incluída a violencia de parella, e a regulación emocional en nenos e adolescentes a través dunha revisión sistemática da literatura. Con este fin, realizouse unha busca en bases de datos especializadas, seleccionando estudos empíricos que cumprían os criterios de inclusión establecidos. Os resultados da revisión indican que o conflito familiar xeralmente se asocia a maiores dificultades na regulación emocional durante a infancia e a adolescencia, tanto en contextos de conflito interparental xeral como en situacións de violencia de parella. Non obstante, os achados non son totalmente consistentes entre os estudos revisados. Do mesmo xeito, as evidencias suxiren que esta relación está modulada por varias variables familiares e relacionais, como a cooperación parental, a calidade das interaccións entre pais e fillos e outras características do contexto familiar. A heteroxeneidade metodolóxica observada na avaliación do conflito interparental e a regulación emocional limita a comparación directa dos resultados e a identificación de patróns consistentes. En conxunto, os resultados subliñan a relevancia do conflito interparental como factor de risco para o desenvolvemento da regulación emocional e a necesidade de continuar investigando esta relación mediante deseños lonxitudinais e metodoloxías máis homoxéneas.

LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Titoría)
LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ VARELA, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Vogal)
MIGUEZ VARELA, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Vogal)
Programa de Prevención de Problemas Emocionais e Promoción dunha Identidade Positiva en Adolescentes do Colectivo LGBTIQ+
Autoría
A.V.D.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
A.V.D.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
13.02.2026 12:30
13.02.2026 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo o deseño dun programa de intervención preventiva dirixido a adolescentes do colectivo LGBTIQ+, orientado á prevención de problemas emocionais e á promoción dunha identidade positiva. Partindo da evidencia que sinala unha maior vulnerabilidade psicolóxica nesta poboación durante a adolescencia, proponse unha intervención grupal, psicoeducativa e integradora, adaptada ao contexto español. O programa está dirixido a adolescentes de entre 12 e 18 anos e estrutúrase en catro bloques interrelacionados: conciencia e regulación emocional, autoestima e identidade positiva, resiliencia e estratexias de afrontamento, e apoio social e sentido de pertenza. A intervención consta de 14 sesións cun formato de aplicación semanal e unha duración de 60 minutos, nas que se empregan metodoloxías activas e experienciais desde un enfoque cognitivo-conductual, de intelixencia emocional e afirmativo LGBTIQ+. Así mesmo, preséntase unha proposta de avaliación que combina medidas cuantitativas e cualitativas, inclúe a avaliación da fidelidade da implementación e un seguimento a medio e longo prazo. En conxunto, o traballo ofrece unha proposta de intervención estruturada, viable e con potencial para promover o benestar psicolóxico e fortalecer os recursos persoais e sociais en adolescentes LGBTIQ+.