Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Economía e Empresa

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.economiaeempresa [at] usc.es

Este programa adecúase a unha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Con esta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600489
Número prazas: 20

Coordinador-a do título:
Maria Del Carmen Sanchez Carreira
carmela.sanchez [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
24/05/2021

Códigos ISCED:
(314) Economía
(345) Administración y gestión de empresas
(0311) Economía

O obxectivo do programa é formar doutores que poidan contribuír a ampliar e difundir o coñecemento científico nos ámbitos da Economía e da Empresa, así como a dar resposta aos retos empresariais, económicos e sociais actuais e futuros.
En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores clave da economía que se pretende desenvolver a medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.
Aproveítase a oportunidade suscitada polo cambio da normativa reguladora dos programas de doutoramento para axustar a súa oferta ás liñas de investigación activas na USC, ao mesmo tempo que se busca a colaboración con outras universidades (tanto do SUG como doutras universidades nacionais) e institucións de investigación na procura dunha optimización dos recursos dispoñibles, así como para reforzar áreas estratéxicas da Universidade. Ao mesmo tempo buscouse unha maior integración entre as actuais titulacións de grao coas novas propostas de programas de doutoramento. A oferta proposta adecúase á actuación prevista consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Con esta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas.
A proposta relaciónase estreita e directamente co I+D+i en todas e cada unha das liñas de investigación que abarca o Programa de Doutoramento en Economía e Empresa. Precisamente, algunhas destas liñas produciron xa resultados de investigación que se transferiron en forma de coñecemento á sociedade, ao sector privado e aos organismos públicos encargados de tomar decisións. En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores clave da economía que se pretende desenvolver no medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.

Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. A proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas e relaciónase estreita e directamente co I+D+i en todas e cada unha das liñas de investigación que abarca o Programa de Doutoramento en Economía e Empresa. Precisamente, algunhas destas liñas produciron xa resultados de investigación que se transferiron en forma de coñecemento á sociedade, ao sector privado e aos organismos públicos encargados de tomar decisións. En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores clave da economía que se pretende desenvolver no medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudante que desexe acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis axeitadas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorandos/as.
De forma xeral, poderá acceder a este Programa de Doutoramento, sen necesidade de realizar complementos de formación, o alumnado que cursase algún máster adscrito á/s rama/s de coñecemento de Economía e Empresa, ou dos eidos de coñecemento Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márketing, comercio, economía financeira, contabilidade e turismo.
Para calquera outro perfil, a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non as candidaturas e establecendo complementos formativos no caso de ser necesario. No caso de que o alumnado careza da formación previa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación que estableza a Comisión Académica (ver epígrafe 3.4 Complemento de formación). Estes complementos non poderán superar os 15 ECTS.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento. Estes son:
1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster Universitario ou equivalente, sempre que se teñan superado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope en algunha das seguintes circunstancias:
a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se teñan superado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior.
b) Estar en posesión dun título obtido de acordo con sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen Cualificacións sempre que dito título habilite para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición do mesmo. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homoloxación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento con outros efectos que non sexan o acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade de súa homoloxación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de Máster universitario e que habilita no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homoloxación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento con outros efectos que non sexan o acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de Doutor ou Doutora.
e) Igualmente poderán acceder os titulados universitarios que, previa obtención dunha praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, teñan superado con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) puidese exercer como persoa directora no caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.

O programa de doutoramento poderase extinguir por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo estudantado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o estudantado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A universidade adoptará as medidas necesarias para garanti-los dereitos académicos do estudantado que estea cursando os ditos estudios nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudio, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Competencias en metodoloxía da investigación, comunicación e divulgación científica

  • E3051A06

Competencias en investigación, innovación e transferencia

  • E3051A07

Competencias en análise de datos e modelización

  • E3051A08

Seminarios de presentación de avances na investigacion desenvolvida

  • E3051A09

Predefensa de tese

  • E3051A10

A elaboración da tese: a fase inicial

  • E3051A11

A elaboración da tese: a fase intermedia

  • E3051A12

A elaboración da tese: a fase final

  • E3051A13

Cursos de formación específica no ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas

  • E3051A14

Contribucións científicas

  • E3051A15

Estanzas de investigación

  • E3051A16

Cursos de formación transversais.

  • E3051A17

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Profesores Área
Maria Teresa Cancelo Marquez
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Maria Emilia Vazquez Rozas
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Eva Maria Aguayo Lorenzo
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Profesores Área
Rosa Maria Verdugo Mates
Economía Aplicada
Maria Dolores Alvarez Perez
Organización de Empresas
Fidel Martinez Roget
Economía Aplicada
Maria Del Pilar Murias Fernandez
Economía Aplicada
Beatriz Valcárcel Aguiar
Economía Aplicada
Alexandre Vecino Aguirre
Economía Aplicada
Profesores Área
Maria Luisa Chas Amil
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Xoán Ramón Doldán García
Economía Aplicada
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Economía Aplicada
Carlos Sebastian Villasante Larramendi
Economía Aplicada
Profesores Área
Miguel Angel Vazquez Tain
Economía Aplicada
Jose Caamaño Alegre
Economía Aplicada
Juan Jose Nieto Montero
Dereito Financeiro e Tributario
Maria Cadaval Sampedro
Economía Aplicada
Francisco Reyes Santías
Escola de Doutoramento Internacional
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
Economía Aplicada
María Pilar Gago De Santos
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
Economía Aplicada
Xavier Vence Deza
Economía Aplicada
Oscar Rodil Marzabal
Economía Aplicada
Manuel Gonzalez Lopez
Economía Aplicada
Maria Angeles Pereira Sanchez
Economía Aplicada
Maria Del Carmen Sanchez Carreira
Economía Aplicada
Profesores Área
Ana Iglesias Casal
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Luis Alberto Otero Gonzalez
Economía Financeira e Contabilidade
Sara Fernandez Lopez
Economía Financeira e Contabilidade
Noelia Maria Romero Castro
Economía Financeira e Contabilidade
Maria Isabel Neira Gomez
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Maria Celia Lopez Penabad
Economía Financeira e Contabilidade
Jose Manuel Maside Sanfiz
Economía Financeira e Contabilidade
David Rodeiro Pazos
Economía Financeira e Contabilidade
Marta Portela Maseda
Economía Financeira e Contabilidade
Oscar Suarez Fernandez
Economía Financeira e Contabilidade
Maria Milagros Vivel Bua
Economía Financeira e Contabilidade
Pablo Duran Santomil
Economía Financeira e Contabilidade
Ruben Lado Sestayo
Economía Financeira e Contabilidade
Profesores Área
Juan Ramon Piñeiro Chousa
Economía Financeira e Contabilidade
Cristina Aibar Guzman
Economía Financeira e Contabilidade
Maria Del Carmen Castro Casal
Organización de Empresas
Maria Luisa Del Rio Araujo
Comercialización e Investigación de Mercados
Emilio Ruzo Sanmartin
Comercialización e Investigación de Mercados
Vicente Angel Lopez Lopez
Organización de Empresas
María Belén Bande Vilela
Comercialización e Investigación de Mercados
Mª Angeles Lopez Cabarcos
Organización de Empresas
Beatriz Aibar Guzman
Economía Financeira e Contabilidade
Paula Vazquez Rodriguez
Organización de Empresas
Maria Bastida Dominguez
Organización de Empresas
Guadalupe Vila Vazquez
Organización de Empresas
Adolfo Carballo Penela
Organización de Empresas
Maria De La Concepcion Varela Neira
Comercialización e Investigación de Mercados
Sandra Castro Gonzalez
Comercialización e Investigación de Mercados
Paula Alvarez Gonzalez
Organización de Empresas

En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores clave da economía que se pretende desenvolver no medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.

O obxectivo do programa é formar doutores que poidan contribuír a ampliar e difundir o coñecemento científico nos ámbitos da Economía e da Empresa, así como a dar resposta aos retos empresariais, económicos e sociais actuais e futuros.
En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores clave da economía que se pretende desenvolver a medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.
Aproveítase a oportunidade suscitada polo cambio da normativa reguladora dos programas de doutoramento para axustar a súa oferta ás liñas de investigación activas na USC, ao mesmo tempo que se busca a colaboración con outras universidades (tanto do SUG como doutras universidades nacionais) e institucións de investigación na procura dunha optimización dos recursos dispoñibles, así como para reforzar áreas estratéxicas da Universidade. Ao mesmo tempo buscouse unha maior integración entre as actuais titulacións de grao coas novas propostas de programas de doutoramento. A oferta proposta adecúase á actuación prevista consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Con esta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas.
A proposta relaciónase estreita e directamente co I+D+i en todas e cada unha das liñas de investigación que abarca o Programa de Doutoramento en Economía e Empresa. Precisamente, algunhas destas liñas produciron xa resultados de investigación que se transferiron en forma de coñecemento á sociedade, ao sector privado e aos organismos públicos encargados de tomar decisións. En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores clave da economía que se pretende desenvolver no medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.

• Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito ámbito. (Subsístese "ámbito" no lugar de "campo" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, de 4 de xullo)
• Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
• Capacidade de comunicarse coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral sobre os seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
• Capacidade de promover, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
• Capacidade de promover a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme ao artigo 12 da Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, como xeito de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo polo doutorando ou doutoranda relacionadas con diferentes dimensións da Ciencia Aberta e da Ciencia Cidadá, así como a capacitación adquirida en ambas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, de 4 de xullo)

  • OC01. Capacidade de realizar investigacións aplicadas nos campos da economía e a empresa.
  • OC02. Capacidade de realizar investigacións aplicadas nos ámbitos do desenvolvemento económico, o cambio estrutural, a innovación, a diversificación empresarial e sectorial, o papel do sector público e as políticas sectoriais encamiñadas a impulsar estes procesos desde a perspectiva da súa sustentabilidade, a dirección e xestión empresarial.
  • OC03. Coñecemento das diferentes metodoloxías, ferramentas e manexo das técnicas de análise empírica da investigación económica e empresarial.

• Saber realizar investigacións aplicadas nos campos da economía e da empresa.
• Coñecer as diferentes metodoloxías, ferramentas e manexo das técnicas de análise empírica da investigación económica e empresarial.
• Adquirir a capacidade de realizar investigacións aplicadas nos ámbitos específicos do desenvolvemento, o cambio estrutural, a innovación, a economía circular, a diversificación empresarial e sectorial, o papel do sector público e as políticas sectoriais destinadas a impulsar estes procesos desde a perspectiva da súa sustentabilidade, a dirección e a xestión empresarial.

En canto ao perfil dos titulados, contarán cunha formación de posgrao de alto nivel nos ámbitos da Economía e da Empresa, para contribuír a ampliar e difundir o coñecemento científico neses ámbitos, así como a afrontar os retos empresariais, económicos e sociais actuais e futuros. O Programa de Doutoramento en Economía e Empresa permite o desenvolvemento de competencias clave para a investigación avanzada e a aplicación de coñecementos nestes ámbitos. En relación coas competencias básicas e xerais, adquírense unha comprensión profunda dos fundamentos teóricos e prácticos da economía e da empresa, dominando as metodoloxías e técnicas de investigación necesarias para abordar problemas complexos nestes campos. Ademais, foméntase a capacidade para concebir e levar a cabo investigacións innovadoras que contribúan ao avance do coñecemento. Tamén se desenvolven habilidades para realizar análises críticas e avaliacións de ideas novas e complexas, contribuíndo co seu traballo á expansión do coñecemento económico e empresarial. A capacidade de comunicar estes achados de maneira efectiva, tanto á comunidade académica como á sociedade en xeral, considérase esencial para lograr un impacto da investigación na economía a nivel global, nacional, rexional e local. Ademais, promóvese un enfoque cara á Ciencia Aberta e á Ciencia Cidadá, alineado coa normativa vixente, fomentando a participación activa na xeración de coñecemento accesible e útil para a sociedade. No ámbito das capacidades e destrezas persoais, os egresados desenvolven habilidades para afrontar situacións de incertidume e tomar decisións informadas en contextos con pouca información específica. Así mesmo, poderán identificar e formular as preguntas clave que deben resolverse para abordar os desafíos complexos na economía e na xestión empresarial, e teñen a oportunidade de deseñar proxectos innovadores que aporten solucións innovadoras en áreas de grande relevancia, como a innovación empresarial, a diversificación sectorial e a sustentabilidade. O programa tamén promove a capacidade para traballar tanto de forma autónoma como en equipos multidisciplinares e internacionais, o que facilita a integración de diferentes perspectivas na análise económica e empresarial. Ademais, os egresados desenvolven a habilidade de integrar coñecementos en contextos complexos, formulando xuízos acertados baseados en información limitada e defendendo as súas solucións con rigor académico. Finalmente, no ámbito específico da investigación aplicada, adquiren competencias avanzadas para realizar investigacións aplicadas nos ámbitos específicos do desenvolvemento, o cambio estrutural, a innovación, a economía circular, a diversificación empresarial e sectorial, o papel do sector público e as políticas sectoriais destinadas a impulsar estes procesos desde a perspectiva da súa sustentabilidade, a dirección e xestión empresarial. As saídas profesionais do Programa de Doutoramento en Economía e Empresas son diversas, destacando as seguintes: o ámbito educativo, especialmente no nivel superior, tanto como profesorado como investigador, o sector público; e o sector produtivo. A nivel sectorial, destacan o sector financeiro, a consultoría, a economía circular, as enerxías renovables ou as actividades innovadoras e o emprendemento.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

• Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
• Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
• Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
• Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
Estudo do emprendemento galego e do seu proceso de internacionalización (1999 2021): factores determinantes e evolución. 29/01/2026 Javier Bouzas Arufe Marta Portela Maseda

Coordinador/a
Maria Del Carmen Sanchez Carreira

Secretario/a
Sara Fernandez Lopez

Vogais
Eva Maria Aguayo Lorenzo
Fidel Martinez Roget
Xavier Vence Deza
Jose Caamaño Alegre
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Jose Manuel Maside Sanfiz
Ana Iglesias Casal
Sandra Castro Gonzalez
Maria De La Concepcion Varela Neira
Guadalupe Vila Vazquez

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

89,87

19,72

19,7

15,48

10,0

Duración media

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,6849

4,1339

4,9315

4,2726

4,3534

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

4,3332

3,9452

4,1584

5,0785

3,977

4,7361

Satisfacción

ID-46
Grao de satisfacción dos/as egresados/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as egresados/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,67

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,54

ID-48
Grao de satisfacción do Estudantado de 3º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos estudantado de terceiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,0

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,06

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

8,0

6,0

12,0

4,0

11,0

7,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

87,5

83,33

83,33

50,0

54,55

57,14

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

16,67

16,67

50,0

18,18

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

27,27

42,86

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

1,0

1,0

0,0

2,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

2,0

5,0

6,0

2,0

6,0

3,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

6,0

1,0

5,0

1,0

5,0

2,0

Prórrogas

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

16,67

25,0

0,0

81,82

85,71

ID-41
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a primeira prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese cu prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

28,57

ID-42
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a segunda prórroga

Relación porcentual entre o número de estudantes que defenden a tese con dúas prórrogas e o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

71,43

Mencións

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

83,33

100,0

100,0

100,0

85,71

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

37,5

0,0

25,0

25,0

36,36

57,14

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

20,0

25,0

25,0

25,0

20,0

20,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

190,0

336,0

308,0

316,0

270,0

315,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

20,0

25,0

25,0

25,0

19,0

19,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

85,0

90,0

94,0

96,0

97,0

99,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

35,0

40,0

32,0

20,0

52,63

52,63

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,0

12,0

0,0

8,0

15,79

10,53

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

8,0

0,0

4,0

5,26

10,53

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,0

4,0

0,0

4,0

10,53

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

55,29

47,78

43,62

52,08

48,45

50,51

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

15,29

14,44

8,51

10,42

11,34

14,14

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

41,18

48,89

47,87

44,79

48,45

44,44

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,88

22,22

21,28

19,79

19,59

15,15

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

32,94

27,78

30,85

32,29

31,96

38,38

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,71

2,27

20,0

0,0

0,0

2,27

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,57

15,91

17,78

6,98

6,38

13,64

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

17,14

20,45

20,0

13,95

12,77

13,64

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,25

0,3333

0,4167

0,5

0,7273

0,4286

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

57,0

57,0

61,0

82,0

95,0

101,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,2955

1,2128

1,3864

1,5185

1,6667

1,7719

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

72,73

70,21

77,27

81,48

85,96

91,23

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

52,27

53,19

59,09

55,56

80,7

85,96

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,11

8,0

7,84

8,93

14,29

20,34

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

15,0

17,65

14,71

17,08

18,18

26,67

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2025.