Ir o contido principal
STG

Artigo

Resultados

O equipo da USC gaña a League of Rays 2020

Alumnado de terceiro curso de Medicina impúxose nesta competición sobre Radioloxía impulsada dende a Universidade de Málaga. Rebeca Aldaz Martínez, Mariana Cabaleiro Lago, Lucas Calvo Dios e Uriela García Rico foron os vencedores

A USC achega unha visión multidisciplinar da COVID-19

O catedrático de Medicina e Saúde Pública Juan Gestal abre este martes, ás 18.00 horas, un ciclo de videoconferencias promovido polo Campus da Cidadanía da USC e no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas

A ciencia planta cara a COVID-19

Equipos do CIQUS e do CIMUS traballan na definición de diversas liñas de investigación sobre a prevención futura da enfermidade a través de vacinas; o desenvolvemento de novas formas de diagnose; así como de novas terapias e a optimización da súa administración

Ciencias, do laboratorio á casa

A Biblioteca Universitaria continúa elaborando listaxes con fontes de información para que o alumnado dispoña de recursos en liña e de balde cos que complementar as clases en remoto. Novamente o servizo de préstamos de libros electrónicos Prelo debe ser unha das primeiras fontes a consultar polo alumnado.

Investigar en Artes e Humanidades, tamén dende a casa

A Biblioteca Universitaria continúa escolmando recursos en liña para favorecer a docencia en remoto do alumnado. A plataforma de préstamo de libros electrónicos Prelo segue a ser, xunto co repositorio institucional Minerva, unha das principais fontes de información.

Unha app interactiva anticipa a posible evolución do COVID-19

A ferramenta web, desenvolvida por investigadores do grupo MODESTYA da USC, prognostica o avance do virus baseándose nos datos da súa evolución durante a quincena previa, e fai a predición para un horizonte temporal de tres días conforme a tres posibles modelos de comportamento

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.