Ir o contido principal
STG

Artigo

Resultados

A Universidade, ao servizo da sociedade

A USC inicia a produción de xel desinfectante, achega ao Sergas equipos de protección individual e outro material dispoñible nos laboratorios e centros de investigación e ofrece para uso sanitario residencias universitarias de Santiago e Lugo

Unha organización eficiente

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC recomenda manter unha xornada cun horario preciso e con recesos curtos e frecuentes

A primavera 2020, unha das máis madrugadoras do século

A nova estación, que durará ata o 20 de xuño, trae consigo dúas choivas de estrelas, unha eclipse prenumbral de Sol e dúas superlúas, segundo adianta o director do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo

A BUSC, en liña

A Biblioteca Universitaria da USC mantén actividade en liña coa achega de recursos dixitais, servizos e cursos ás persoas usuarias

Así se crea unha aula virtual

O Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe da USC elabora videotitoriais para que o profesorado poda desenvolver as súas clases de modo telemático

USC en liña

A Resolución de Protocolos de Actuación na USC durante o Estado de Alarma regula unha serie de medidas para protexer o seu persoal e o desenvolvemento da actividade non presencial

Suspensión de actividades na USC

Por resolución reitoral, a institución adopta unha serie de medidas preventivas e organizativas orientadas a conter a expansión do COVID-19 en base ás indicacións das autoridades sanitarias

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.