Ir o contido principal
STG

Artigo

Resultados

A USC conecta en liña co ensino medio

O portal https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais achega información dos títulos de grao da USC ao alumnado preuniversitario, ao que ofrece a posibilidade de participar en obradoiros, videoconferencias, chats, concursos e retos científicos ligados á vida universitaria

Un dos marzos menos chuviosos

Os 143,1 litros/m2 recollidos o pasado mes na estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC sitúanse por baixo da media dos marzos deste século en Santiago de Compostela

Novas estratexias para encarar o confinamento

Os profesores do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC, Fernando Vázquez e Emilio Gutiérrez, propoñen pautas para unha mellor xestión emocional no marco da crise do Covid-19

Iniciativas universitarias con dimensión solidaria

Os alumnos da EPS de Enxeñaría de Lugo Yasmina Vázquez e Lucas Campillo participan como voluntarios no proxecto Coronavirus Makers Galicia, ao que XuvenCiencia achega recursos materiais para a impresión en 3D de 250 viseiras de protección

A seguridade pasa pola hixiene

Os profesores Juan Gestal e Francisco Caamaño analizan as precaucións que deben tomarse nas saídas indispensables que se realicen durante o estado de alarma

Quedar na casa marca a diferenza

Unha persoa pode transmitir o COVID- 19 a unha media de 2,5 persoas, polo que o confinamento é esencial para frear a curva de contaxio

A pegada das epidemias na Historia

Os profesores da USC Fernando Julio Ponte Hernando e Ofelia Rey Castelao analizan o impacto das epidemias na humanidade e de que xeito estas contribuíron a fomentar avances científicos

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.